Foros ›
Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 28 Xul 2019, 23:22
Asunto: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): PECHADO

II TRAIL NOCTURNO A COVA DO LOBO
Sábado 10 de agosto de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Zas, sábado 10 de agosto de 2019.
Web da carreira: inscripciones.galitimi...hp?id=9021
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 29/07/2019 ao 01/08/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 01/08/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo. Por favor, incluide a frase: quero participar no sorteo
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 29/07/2019 ao 01/08/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 05 Ago 2019, 12:36; editado 1 vez
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 6:23
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 0

Quero participar no sorteo.
Fai tempo que non fago un trail nocturno (tampouco hai moitos) e iste ten moi boa pinta, así que gañas hai moitas de participar neste.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 6:28
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Boas, estaría interesado en participar no sorteo dun dorsal.
A verdade e que quedeí encantado co trail de Zas e me apetece repetir zona pero de noite.
Correr pola noite é algo totalmente diferente. Agardo que o tempo nos acompañe e poidamos disfrutar da paisaxe.
Un saudo.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 6:38
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Quero participar no sorteo.
Por unha cousa ou por outra, non puiden participar en ningunha proba desta organización a pesar de estar ó lado da casa e gustaríame participar nesta proba. Faláronme moi ben da organización tanto do trail da filloa como esta proba nocturna e xa con seguir as súas redes sociais vese que coidan moi ben as súas probas.
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 10:28
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Gustariame participar no sorteo do dorsal para este trail nocturno. Participei xa o ano pasado e estivo xenial, foi o meu primeiro trail nocturno e gustoume a experiencia de correr polo monte de noite, moi ben organizado e recorrido divertido.
Suka

Maratoniano
Maratoniano
4/05/14
300 Carreiras
238 Mensaxes
Sada - A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 11:44
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Quero participar no sorteo!!!
Este trail nocturno non o coñezo pero se está tan ben organizado como o diurno no cal participei en dúas ocasións de seguro que vai a estar de dez.
Sorte a tod@s

Suka
De todos los riesgos que he corrido, el único que no hubiera corrido nunca; es el de no haberlos corrido todos.
INDA

Novo foreiro
Novo foreiro
9/10/16
157 Carreiras
22 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 11:46
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Quero participar no sorteo, nunca fixen un trail nocturno e os de Zas saben organizar moi ben os trails, seguro que non nos defraudan!!!
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Xul 2019, 12:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Quiero participar en el sorteo de dorsales de este II Trail Cova do Lobo.
El 18 de agosto del año pasado quedó marcado en grande en el calendario. ¡Menuda primera edición! Balizaje perfecto (que para mí es lo más importante en un nocturno), avituallamientos que casi te obligaban a parar de la fiesta que tenían allí montada, recorrido durillo en alguna subida y rápido en otras zonas, frenético zig-zag a través de zona arbolada, duchas y pincho final de categoría, todo en el pabellón a cubierto. Una amiga que hizo la andaina quedó igual de encantada. Y sí, por supuesto, hubo lobo... www.facebook.com/trail...=3&theater
Con esos precedentes hay que repetir sí o sí.
Casualmente coincidí entonces con María Ferreiro, ganadora femenina, que a día de hoy es compañera de club en GMTA&Chuvoners. Espero que se anime y volver a verla este año.
Suerte a tod@s!!!
marcerp

Maratoniano
Maratoniano
27/10/14
145 Carreiras
9 Mensaxes
Santa Comba
Respostar citando Envío Mér, 31 Xul 2019, 8:26
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Quero participar no sorteo dos dorsais para o trail nocturno.
Ti en a sorte de poder disfrútalo o ano pasado e gustariame repetir experiencia
cote13

Maratoniano
Maratoniano
4/11/17
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 31 Xul 2019, 14:41
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 0

Quero participar no sorteo.
Non participei nunca neste trail, pero ten moi boa pinta. Si o fixen no da filloa, o que me deixou moitas ganas de repetir, xa que a organización está moi coidada.
A ver se hai sorte....
Moitas gracias!
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 31 Xul 2019, 19:42
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Quiero participar en el sorteo de los dorsales para el Trail Nocturno da Cova do Lobo.

No lo he hecho nunca, pero me han hablado muy bien de esta carrera (Alfonso es mi asesor trailero de cabecera). Sí que es cierto que he participado ya varias veces en el Trail de Zas, el diurno, y la verdad es que lo de que hagan una alternativa nocturna me parece interesante. Tendré que andar con mucho más ojo, porque si ya de día tiendo a tropezar y caer, de noche y con menos visibilidad soy un peligro. Pero todo sea por disfrutar de esta carrera, donde además sé de buena tinta que los organizadores lo dan todo por los corredores.

Suerte a todos!
antonio_corral

Novo foreiro
Novo foreiro
2/01/19
0 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Ago 2019, 10:17
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Quero participar no sorteo.
O ano pasado estiven e foi xenial. Espectacular a organización, recorrido...e lobo incluidos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Ago 2019, 22:06
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Sorteo cerrado. Muchas gracias por participar. Publicaremos los nicks ganadores a lo largo del viernes 2 de agosto. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Ago 2019, 10:46
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Resultado: cerqueiro9, cote13

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

NOMBRE:
APELLIDOS:
NIF/NIE/PASAPORTE:
SEXO:
F. NACIMIENTO:
PAÍS DONDE RESIDE:
LOCALIZACIÓN:
EMAIL:
TELÉFONO MÓVIL:
CLUB:
CENSADO NO CONCELLO DE ZAS? (indicar No/Sí):
PAELLA E BEBIDA PARA ACOMPAÑANTE? (indicar No/Sí)*:
En caso de indicar sí, sería un coste extra de 5€ a pagar por el inscrito

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_239733



Queda fuera del sorteo antonio_corral por no estar inscrito en el circuito
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Ago 2019, 11:44
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Noct. Cova do Lobo (10/08): ata 01/08

Moitas gracias polo dorsal. Datos enviados. Agora a desfrutar dos montes de Zas. Un saudiño!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos