Foros ›
QM VERTICAIS CUMES DO COUREL 31/08/2019 E 01/09/19
Forum Index / Carreiras de Montaña
Reply to topic

Author
Message
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Posts

Reply with quote Post Thu, 11 Jul 2019, 10:09
Post subject: QM VERTICAIS CUMES DO COUREL 31/08/2019 E 01/09/19

REGULAMENTO

Quilometros verticais Cumios do Courel:

Os dias 31 de Agosto e 1 de septembro do 2019 celebraranse no Concello de Folgoso do Courel os quilometros verticais do Penaboa, Coto e Formigueiros

 dia 31 de agosto as 17 horas celebrarase o quilometro vertical do Penaboa cunha lonxitude de 4,6 qulometros e un desnivel positivo de 960 metros

 dia 31 de agosto as 22 horas celebrarase o quilometro vertical nocturno do Coto cunha lonxitude de 2 qulometros e un desnivel positivo de 500 metros

 dia 1 de septembro as 10:00 horas celebrarase o quilometro vertical do Formigueiros cunha lonxitude de 3,9 qulometros e un desnivel positivo de 950 metros

Organizada polo Concello de Folgoso e Tourgalia.

Os quilometros podense facer de maneira combinada , realizando os tres quilometros verticais , ou competir tan soio en un ou dous quilometros verticais.

A inscripcion que se fara a traves da plataforma de Galitiming :

• Inscripción aos tres quilometros verticais ( combinada Cumios do Courel) :

o Dende o 1 de xulio a 18 de agosto: 35 €

o Dende o 19 de Agosto ao 27 de Agosto: 45€

• Inscripcion a dous quilometros verticais:

o Dende o 1 de xulio a 18 de agosto: 30€

o Dende o 19 de Agosto ao 27 de Agosto:40€

• Inscripcion a un quilometro vertical:

o Dende o 1 de xulio a 18 de agosto: 18€

o Dende o 19 de Agosto ao 27 de Agosto:28€

• Poderase anular a inscripción cun custo de 10 € por gastos de xestion ata o dia 18 de Agosto, asi mesmo podese ceder o dorsal a outro corredor ata o dia 22 de Agosto sin costo algún comunicando con anterioridade a organización a correo electrónico blaspuravida @ gmail.com

A saída da carreira terá lugar desde

• Ferreiros de Abaixo no quilometro vertical do Penaboa e Coto, sendo a chegada no mirado do Pico dos Bois ou Penaboa e no coto respectivamente.

• Dende a Aula da Natureza de Moreda no quilometro vertical do Formigueiros sendo a chegada no pico do Formigueiros.

As carreiras seran en modalidade cronometrada en grupos de corredores que se determinaran en relacion ao numero de inscritos

O maximo de corredores en cada carreira sera de 200 por riguroso orde de inscipcion, sendo a idade minima para participar os 16 anos cumpridos na data da carreira.

A recollida de dorsais e toda a loxistia das duas carreiras situarase na localidade de Folgoso do Courel .

A recollida de dorsais farase co seguinte horario:

• dia 31 Agosto dende as 14 horas ata as 16 horas en Folgoso do Courel( determinarase lugar), asi mesmo entregaranse no lugar da sida ata 10 minutos antes da saida dende as 16:15 no caso do Penaboa e dende as 21:15 no caso do coto
• dia 1 Septembro dende as 8 as 9 horas en Folgoso do Courel( determinarase lugar)

o Os corredores da combinada usaran o mesmo dorsal nas tres probas , esto mesmo aplicarase no caso de a inscripcion a dous km verticais.


• Se podra acceder en vehiculos particulares aos puntos de saida pero os vehículos deberán na medida do posible ir cheos polo reducido que e a zona de aparcamento e para evitar asi colapsos.

• Poderán participar nesta proba os/as corredores/ as maiores de 16 anos de idade, inscritos na mesma e que posúan a condición física apropiada para competir en carreiras por montaña.

• percorrido estará marcado pola organización e será desbalizado cando remate a proba.

• PERCORRIDO DE BAIXADA (NON CRONOMETRADO) se realizara polo mesmo sitio que o de subida.

• tempo máximo para completar o percorrido cronometrado será de 2,00 horas, a partir do cal se pechará o control de meta e a clasificación.

• Establécense os seguintes puntos de avituallamiento:
o Penaboa:
 Avituallamento Pico penaboa( km 4,5) : Auga e froita

o Formigueiros:
 Avituallamiento en carreira km 2,8 – Pista Alto do Couto: Auga
 Avituallamento meta: Pico Formigueiros : Auga e Froita

• CATEGORÍAS E TROFEOS.

A organización entregará medallas con trofeos para a categoría absoluta e medallas o resto de categorías en cada un dos quilometros verticais:

• Absoluta feminina
• Absoluta masculina
• Veteranas Feminino mayores de 45 anos.
• Veteranos Masculino mayores de 45 anos.
• OS premios non seran acumulativos

Ademáis habera premios da Combinada con trofeos para a categoría absoluta e medallas o resto de categorías.

• Absoluta feminina
• Absoluta masculina
• Veteranas Feminino mayores de 45 anos.
• Veteranos Masculino mayores de 45 anos.

As clasificacions da combinada realizaranse mediante a suma dos tempos das duas carreiras

Habera un premio especial ao millor equipo na combinada das tres carreiras , para a clasificacion teranse en cota os tempos de 3 corredores nos que de maneira obrigatoria debera haber unha muller.

Os corredores menores de 18 anos deberán presentar indispensablemente unha autorización paterna asinada e unha copia do DNI do proxenitor.

Cada participante levará sobre a súa indumentaria nun lugar ben visible, o dorsal que se lle entregará antes de comezar a proba. Non será válido levar o dorsal nas costas ou parte posterior do corpo. O dorsal é persoal e intransferible. O incumprimento deste punto leva a descualificación.

Os participantes deberán seguir o percorrido marcado pola organización, os corredores que se afasten do percorrido serán descualificados.. O percorrido poderá ser modificado ou a proba podería suspenderse en caso de producirse condicións meteorolóxicas adversas ou calquera outra circunstancia que implicase risco para os participantes.

No percorrido existen carreiros estreitos polos que só se pode avanzar en fila dun. Nestes tramos é obrigatorio ceder o paso e permitir adiantar a aqueles corredores que o soliciten por poder avanzar máis rápido.

MATERIAL OBRIGATORIO: . En función das condicións meteorolóxicas podería ser obrigatorio o uso de roupa de abrigo.

No quilometro vertical do Pico do Coto e obrigatorio o uso de frontal.

MATERIAL MOI RECOMENDABLE Bidón, sistema de hidratación. Manta térmica e móvil.

No caso de que algún participante decida retirarse, tanto no percorrido de subida como no de baixada, deberá comunicalo ao persoal de carreira devolvendo o dorsal e a cartón-chip, e seguir as instrucións para a súa volta ou transporte á zona de saída.

Todo participante está obrigado a: Seguir as instrucións ditadas pola organización, controladores, voluntarios e demais persoal da carreira.

Respectar o medio, especialmente non arroxar lixo, restos de comida, envoltorios,etc…

Velar pola seguridade dos demais participantes ecorrer e prestar axuda a calquera outro participante ac a súa propia.


Equiparse correctamente co material, bebida, comida e indumentaria necesarios, para participar na proba en función do tipo de terreo, percorrido e condicións meteorolóxicas.

Cada participante será responsable do seu material, da súa propia seguridade e da doutros participantes. ou perdas de material.

SEGURO DE ACCIDENTES. organización contratará un seguro de accidentes para os corredores

Todos os participantes presentarán o seu DNI no momento de recoller o seu dorsal.

Non se admitirán a cesión de dorsal dunha persoa a outra, por tanto, non se permitirá participar na proba co dorsal doutra persoa.

A inscrición na proba supón a aceptación de todas as condicións establecidas neste regulamento. Quedará descualificado todo participante que o incumpra ou non complete a totalidade do percorrido. A organización poderá modificar o presente regulamento por causas xustificadas, comunicándoo debidamente aos participantes.


ROTEIROS DE SENDERISMO:

Os mesmos días realizaranse tres roteiros de senderismo guiados de dificultade media alta :

O máximo de participantes será de 50 persoas en cada roteiro.

SABADO 31:

• ROTEIRO A PENABOA, ruta de 15 km con saida en ferreiros de abaixo que subirá o km vertical ata o penabaoa descendendo polo mirador de polin ata ferreiros de arriba e de ali repetindo o camiñoa Ferreiros de Abaixo.
o SAIDA: As 15:00 horas de Ferreiros de Abaixo.
o CHEGADA: 20:30 horas a Ferreiros de abaixo
o RECOLLIDA DE CAMISETAS: dende as 14:15 ta as 14:45 en Folgoso do Courel

• ROTEIRO A COTO, ruta de 8 km con saida en ferreiros de abaixo que subirá o km vertical ata o coto descendendo pola pista ata ferreiros de arriba e de ali repetindo o camiñoa Ferreiros de Abaixo.
o SAIDA: As 21:15 horas de Ferreiros de Abaixo.
o CHEGADA: 00:00 horas a Ferreiros de abaixo
o RECOLLIDA DE CAMISETAS: dende as 21 ta as 21:15 no Ponton


DOMINGO 1 :

• ROTEIRO AO FORMIGUEIROS, ruta de 12 km con saida de Moreda que subirá por Moreda Maior ata Alto do Couto e de ali Pola Arista do formigueiros ata o seu cume descendendo despois de novo a Moreda
o SAIDA: As 9:00 horas de Moreda
o CHEGADA: 14:30 horas a Moreda
o RECOLLIDA DE CAMISETAS: as 9:00 na saida en Moreda

• Inscripción aos tres roteiros :

o Dende o 1 de xulio a 18 de agosto: 30€

o Dende o 19 de Agosto ao 27 de Agosto:40€

• Inscripción aos dous roteiros :

o Dende o 1 de xulio a 18 de agosto: 25€

o Dende o 19 de Agosto ao 27 de Agosto:35€

• Inscripción aos un roteiros :

o Dende o 1 de xulio a 18 de agosto: 15€

o Dende o 19 de Agosto ao 27 de Agosto:25€

As inscripcions incluien avituallamento e camiseta comemorativa,
blas62

Montañés
Montañés
6/10/10
0 Carreiras
716 Posts

Reply with quote Post Thu, 11 Jul 2019, 10:15
Post subject: Re: QM VERTICAIS CUMES DO COUREL 31/08/2019 E 01/09/19

INSCRIPCIONS :

inscripciones.galitimi...hp?id=9674





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum