Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3286 Posts

Reply with quote Post Mon, 01 Jul 2019, 17:31
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muy bien esa carrera, y ahora a disfrutar esas vacaciones.

Un apunte, ahora aquí el sol sale a las 4 y pico y se pone a las 10 de la noche, pero sale y se pone poco a poco, de manera que a las 2,30 ya empieza a haber claridad y a las 11 de la noche parece que es de día. Por supuesto, en invierno es al revés, y el sol se pone a las 3 de la tarde en diciembre.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 07 Jul 2019, 16:07
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

XoseM escribió:
as vacacións son para facer o que o corpo pida! ...e se non pide pois non se lle da! Very Happy


que pilles moita enerxía para o resto ano Wink

Grazas polos ánimos e consellos, especialmente vindo de alguén con tanto percorrido Very Happy
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 07 Jul 2019, 16:09
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

corredor101 escribió:
Muy bien esa carrera, y ahora a disfrutar esas vacaciones.

Un apunte, ahora aquí el sol sale a las 4 y pico y se pone a las 10 de la noche, pero sale y se pone poco a poco, de manera que a las 2,30 ya empieza a haber claridad y a las 11 de la noche parece que es de día. Por supuesto, en invierno es al revés, y el sol se pone a las 3 de la tarde en diciembre.

Tes razón 101, non me decataba de que estades máis preto que nos do "Sol de media noite" nestas datas. Máis horas de luz que tedes para todo. Aproveita ti tamén
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 07 Jul 2019, 16:35
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Primeira semana de vacacións na favela:
Luns: físio, descarga a tope nos xemelgos ata case ver as estrelas
Martes: ximnasio con Gonzalo. Exercicios asequibles pero cos electrodos máis a tope do habitual, e as conseguintes maniotas nos glúteos despois
Mércores, xoves e venres : traballo intensivo do tren superior, coa podadora Sthil e as tesoiras manuais. Demasiados minifundios e moita herba pendente desde o inverno. Aínda me queda outro tanto para a vindeira semana.
Sábado: 15 minutos de bici estática, 3 rutinas de abdominais e reforzo de glúteos, por aquelo de tranquilizar a conciencia, e porque despois de tanta xardinería e horticultura o corpo non daba moito máis
Domingo: para compensar a escaseza de kilómetros desta semana, tocaba facer algo significativo. Non por necesidade atlética, senón anímica. Hoxe facía falta correr para honrar á mañá de sol, agradecer o feito de estar viva e ter folgos para calzar as zapatillas. Correr por quen xa non pode correr. Correr para gañar forzas e poder compartilas cos que andan sen elas. Correr polas costas duras de Teis, para encaixar o esforzo físico co esforzo anímico que supoñen as costas vitais das ausencias inevitables... E así foron indo un por un todos os kilómetros da 10k de Teis, os que xurara en febreiro que noi ía volver a facer de golpe ata dentro dun ano. Pero que volvín a correr hoxe porque a ocasión o esixía. Coma unha especie de Memorial Isabel Varela, que rematou onte, esforzada e valente, a súa particular carreira pola vida.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1223 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Mon, 08 Jul 2019, 19:05
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Disfruta das merecidas vacacións Meiga pero a ver se agora te vas a lesionar por entrenar demasiado. Ollino con pasarnos.....Un saudo e non deixes de cumprir
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 14 Jul 2019, 17:44
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segunda semana de vacacións na favela:
Todavía quedaban anacos de minifundio por desbrozar, e niso estiven luns, mércores e xoves.
O martes sesión de ximnasio ben aproveitada con Gonzalo.
Venres e sábado trotes de 9 km, lentos e pouco lucidos, ben polo bochorno pegamento, ou ben pola chuvia e a tronada.
Hoxe domingo quería facer a terceira saída da semana, pero quixo o destino que o entreno de resistencia fose doutra natureza e condición. Cruzo os dedos para non ter que cambiar os plans atléticos e vacacionais da seman que ven
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2926 Posts

Reply with quote Post Sun, 14 Jul 2019, 18:21
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
quixo o destino que o entreno de resistencia fose doutra natureza e condición

Sabe dios Meiga. Se me ocurren muchos entrenos alternativos o combinados de resistencia.

Siga Ud. bien.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
12 Carreiras
455 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 15 Jul 2019, 10:34
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga, debe ser un latifundio lo que tienes, de tanto desbrozar. Apuntarse a las brigadas anti incendios es otra buena manera de obligarse a ese trabajo de tren superior y refuerzo general. Buenas vacaciones.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 15 Jul 2019, 19:04
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
Meigalicix escribió:
quixo o destino que o entreno de resistencia fose doutra natureza e condición

Sabe dios Meiga. Se me ocurren muchos entrenos alternativos o combinados de resistencia.

Siga Ud. bien.

Neste caso o entreno de resistencia non foi ocuparse de ningún latiminifundio (que tamén podería ser) senón que consistiu en estar de hospital desde as 12 am do domingo ata as 5 am de hoxe luns, pendente das probas e operación de urxencia de un dos ancestros. Afortunadamente, reto superado, ata que se nos bote enriba a seguinte etapa do ultra trail
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 16 Jul 2019, 15:57
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Terceira semana de vacacións atléticas na favela, e fora dela:
Hoxe por fin houbo un momento ás 8:30 da mañá para facer un trote frouxo e sen pretensións durante 50 minutos
(case 55 en realidade porque sigo igual de lenta).
Logo dos estiramientos e o almorzo, tocou rematar de facer as maletas. Quedan por diante uns dias lonxe das miñas peceiras habituais. A intención é poder facer 4 ou 5 saídas. Pero o único que teño seguro é que levo as zapatillas. Polo demais non sei se neste sitio iso de correr está ben visto ou se é seguro, nin se terei tempo fora do horario do grupo vacacional. Iremos vendo.
Iso si, metín un par dos meus calcetíns soviéticos. Pareceume o propio, indo onde vou.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum