Foros ›
IX Carreira Popular Concello de Cambados (10000homologado)
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
oliveira

Super Veterano
Super Veterano
24/10/08
75 Carreiras
2266 Posts
cambados
Reply with quote Post Thu, 04 Jul 2019, 17:52
Post subject: Re: IX Carreira Popular Concello de Cambados (10000homologado)

ÚLTIMAS HORAS DE INSCRICIÓN!!!!!
Si aínda nos estás inscrit@ na Carreira Popular Concello de Cambados, non agardes máis, porque hoxe ás 23:00 horas remata o prazo para facelo.
Non esperes máis inscríbete xa en championchipnorte.com/...k53_PuLjtc
Gabycao

Novo foreiro
Novo foreiro
6/11/18
3 Carreiras
32 Posts

Reply with quote Post Sat, 06 Jul 2019, 7:03
Post subject: Re: IX Carreira Popular Concello de Cambados (10000homologado)

Parece que no va a hacer calor así podremos hacer buenas marcas
Ya que parece que el perfil es una maravilla
Yo vengo de ordes el domingo que sufrí las cuestas un montón
gertiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
15/08/11
0 Carreiras
522 Posts

Reply with quote Post Sun, 07 Jul 2019, 13:02
Post subject: Re: IX Carreira Popular Concello de Cambados (10000homologado)

Unha carreira que mola moito especialmente pola zoa onde se fai a saida/marca e demais. Boa temperatura pero ambiente nulo polas rúas. Unha magoa porque creo que a organización pon todo da súa parte. Un puntazo a animación infantil antes, durante e despois da carreira. O perfil planito e, como dixen, rematar en Fefiñáns é moi chulo.
Dieggokasas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/01/19
15 Carreiras
94 Posts

Reply with quote Post Sun, 07 Jul 2019, 18:11
Post subject: Re: IX Carreira Popular Concello de Cambados (10000homologado)

Xa de volta logo de debutar nesta carreira. Moi contento co resultado obtido. Circuito rápido, bo día climatolóxicamente falando, bo grupo e bo estado de forma deron como resultado a consecución da miña MMP na distacia.
Como ben comenta Gertiz,unha mágoa que a xente non se implique mais,porque o percorrido da para elo,e o día prestábase moito (había mais xente en Cee fai unhas semáns e eso que chovía a reo).
Saida puntual e bo avitu ó chegar pero,a modo de crítica constructiva,hai algunhas cousas que non remato de entender:
A primeira de todas e o xiro de 180° que se fai a poucos de sair(á altura do polideportivo) e que xusto coincide co troco de asfalto a terra,como se non fora abondo con ter que case parar para facelo,ainda por riba estar pendente de non esvarar ou meter o pe onde non se debe.
A segunda,e comentado na chegada con algunha xente: ¿¿¿como pode ser que un 10k homologado coma este,non teña marcados os puntos kilomètricos??? Que a quen vai correr polo posto ou non lle importe a marca vale, pero no meu caso particular(e supoño que non sería o único) que ía a por ela,pois è compricado regular. Menos mal que no paso por meta ia mirando e collín bo grupo que senón.....
E o terceiro: unhas cestas ou similar para botares a auga logo do avitu non estarían nada mal, para así non ter que tiralas ó chan.
Comento esto coa idea de poder mellorar esta carreira,porque me parecen "erros" dunha proba con pouca rodaxe, e en 9 edicións debería estar solucionados.
E quería facer mención especial e dar as gracias ó corredor que nos levou case toda a carreira tirando do grupo(Victor Riobo, seino polo video de chegada) e con moitos azos na última volta. Sen el a miña marca seguramente non sería a desexada.Moitas gracias por todo Victor; non sei se les este foro pero quería, a parte de darchas ó final da proba unha vez recuperado o alento, deixae constancia por escrito. Un pracer poder compartir km contigo Aplauso Aplauso Aplauso
Abur meus Cool





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum