Foros ›
Author
Message
Albergg

Maratoniano
Maratoniano
3/08/11
36 Carreiras
177 Posts
Burela/Celeiro
Reply with quote Post Mon, 15 Apr 2019, 9:45
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Moitas gracias tamén polos ánimos, foron de moita axuda. Dinme conta que eras ti no terceiro paso por Oza cando xa ía moi cascado.
Gracias de verdade.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
176 Carreiras
5167 Posts

Reply with quote Post Mon, 15 Apr 2019, 11:13
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Muchas gracias por esos ánimos Suso Aplauso Aplauso

Me vinieron genial pues las estaba pasando putas Mr. Green

Todo un detalle acercarte hasta Coruña para animarnos. Crack!! Very Happy
galaxian

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/11/15
51 Carreiras
251 Posts

Reply with quote Post Tue, 16 Apr 2019, 15:11
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
MARATÓN VIG-BAY

Novo sub3h, pero un maratón moi complicado. Moi contento polo resultado, pois sabía que non ía ser fácil conseguilo, pero sobre todo por como xestionei a segunda parte da carreira. Tiven que parar dúas veces para estirar o xemelgo (km 21 e km 27), e case se me sube varias veces máis. Aínda que ao final puiden ir coidándoo un pouco e facer 2h59'07". Polo que moito máis que contento. Disfrutei, si, pero con certo punto de preocupación por se non a podía rematar. Por sorte houbo final feliz!
....
Bestial Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sat, 27 Apr 2019, 12:38
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Gracias por pasarte Doctor! Smile

Boas Albergg! Debo dicir que non me din conta de que eras ti Silbar Nada que agradecer, un luxo poder estar alí animando! Aplauso

A ti si que che puña cara Victor jejeje Para o ano a ver se son da partida tamén Wink

Gracias Galaxian! O próximo espero que sexa máis tranquilo xD

------------------

Pouco que actualizar. Dúas semanas pasaron da última mensaxe e nin un só metro de carreira. Tampouco fixen nada de deporte. Tiña pensado descansar polo aquiles, pero de forma máis activa (bici, natación, ximnasio). A ver se podo comezar o luns.

O aquiles parece case recuperado, pero non o noto como o outro. Nótoo máis sensible ou fráxil.

A idea é estar dúas semanas facendo deporte pero non correr, para ver se así recupera ben, e logo volver pouco a pouco. Só quero curalo ben, dame igual esperar unha semana máis ou unha menos.
fema

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/08/05
0 Carreiras
1464 Posts
Santiago do Burgo, Culleredo
Reply with quote Post Wed, 15 May 2019, 19:41
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Espero Sonsuso, que vayas mejor. La verdad es que las molestias del Aquiles son las más puñeteras, porque el descanso tampoco es la solución, por lo menos en mi experiencia. A recuperar, Veñaaaaa. Por cierto, voy aprovechar tu descripción de la Carrera de las Letras que siempre quise correr, y espero poder hacerlo este Viernes. Está muy detallada
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Mon, 17 Jun 2019, 18:58
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

fema escribió:
Espero Sonsuso, que vayas mejor. La verdad es que las molestias del Aquiles son las más puñeteras, porque el descanso tampoco es la solución, por lo menos en mi experiencia. A recuperar, Veñaaaaa. Por cierto, voy aprovechar tu descripción de la Carrera de las Letras que siempre quise correr, y espero poder hacerlo este Viernes. Está muy detallada

Grazas pola mensaxe Lema! Logo conto un pouquiño como vai o do aquiles que levo moito sen actualizar. Pero vai un pouco na liña que ti dis, o descanso non está sendo o mellor tampouco.

Sobre o da Carreira das Letras, alégrome de que a empregues! Xa vin nese fío que comentaches algunha cousa. Espero que fose ben a carreira! Creo que lin algo no fío os días despois, pero xa non me lembro Muro
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Mon, 17 Jun 2019, 19:11
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Dez semanas despois da maratón VigBay decidín poñer as zapatillas, e non foi para outra cousa que para correr unha media maratón Mr. Green

Acéptase todo tipo de críticas, blasfemias ou ataques á miña persoa. Non só serán benvidos, senón que evidentemente, teredes toda a razón.

Durante estes máis de dous meses, o único exercicio que fixen foi:
(a) 30 minutos de bicicleta estática acompañados duns pequenos estiramentos.
(b) Trepar polos ríos e cascadas que hai na parte portuguesa do Xurés.
(c) Xogar cuns nenos na praia durante tres minutos.

O apartado (a) tivo lugar a comezos de maio. Feito pouco destacable. Ata fun ao ximnasio con ilusión.

O apartado (b) sucedeu a finais de maio. Algún chapuzón non desexado a causa da miña torpeza ao saltar de pedra en pedra.

O apartado (c) foi o que tivo máis complicacións: síndrome do piramidal. Foi hai dúas semanas. Parece que o corpo non levaba ben iso de estar dous meses completamente sedentario, que cando me quixen agachar... zas! Así, as últimas dúas semanas paseinas evitando estar sentado e dándolle á zona calor e estiramentos.

Polo tanto, dous meses que viñeron de marabilla para desconectar e volver a correr con ganas, dous meses que non serviron para curar ao 100% o aquiles (precisamente, por estar totalmente parado e non fortalezelo), e dous meses que remataron coa mellor non maratón do ano: Os 21 do Camiño.

Sei que é unha cafrada, pero apetecíame ir para pasar o día coa xente e disfrutar da festa. Así que grupiño cómodo co único obxectivo de non lesionarse. Foron 1h56'. O aquiles non se queixou en ningún momento, agás nas subidas. Alí non se queixaba, pero si se deixaba querer. Quen si se queixaron foron os isquios e os cuádriceps desde o km 16-17, ían moi moi xustiños e cargados.

O aquiles ningunha molestia nin o día seguinte nin hoxe luns, así que grandes novas.

Polo resto pouquiño máis. Copio o que puxen no fío da carreira, que se pode resumir nunha palabra: grazas!

sonsuso escribió:
Grazas grazas e grazas!

Un día espectacular! Grazas a todas e cada unha das persoas que nos regalades unha festa como a do sábado. Grazas ao AD Cerne, a todas as persoas que dende a organización ou fóra dela aportan o seu graniño ese día, e sobre todo, a esas persoas que traballan durante un ano enteiro para que poidamos vivir algo así. De verdade, o que tedes non ten prezo!

Se alguén quere saber o que é, que non lea ningunha crónica. Que vaia, que a viva, que a disfrute. É a única forma de saber o que é.

Noraboa polo que conseguíchedes! Aplauso






You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum