Imprescindible indicar se se opta ao dorsal de home ou de muller (en caso contrario,...">
Foros ›
Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
994 Posts

Reply with quote Post Sun, 09 Jun 2019, 22:19
Post subject: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): PECHADO

I Trail nocturno Lousame "Fervenzas de Toxosoutos"
Sábado 29 de xuño de 2019


Que se sortea?
1 dorsal de home e 1 dorsal de muller
-> Imprescindible indicar se se opta ao dorsal de home ou de muller (en caso contrario, a mensaxe non será válida)


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Lousame, sábado 29 de xuño de 2019.
Web da carreira: eventos.emesports.es/i...mp;lang=es
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao foro: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 10/06/2019 ao 13/06/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 13/06/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 10/06/2019 ao 13/06/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by O_Circuito on Fri, 14 Jun 2019, 16:13; edited 1 time in total
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
65 Posts

Reply with quote Post Mon, 10 Jun 2019, 7:19
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Ola bo día, gustariame participar no sorteo do dorsal de home para este trail nocturno. Nunca tiven a oportunidade de correr en Lousame e non estaría de mais poder ter a oportunidade de participar nesta primeira edición deste trail e ademáis co plus de ser nocturno.
Nashdark

Novo foreiro
Novo foreiro
20/05/19
5 Carreiras
6 Posts

Reply with quote Post Mon, 10 Jun 2019, 8:44
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/

Participo no sorteo para un dorsal de home e a ver si con sorte podo disfrutar do monasterio e da fervenza de toxosoutos!..todo un espectáculo!. Grazas e sorte!
Weder

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/10/11
1 Carreiras
96 Posts

Reply with quote Post Tue, 11 Jun 2019, 5:14
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Participo no sorteo para un dorsal de home, un trail que hay preto da casa e ademais nocturno sempre presta ben
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
496 Posts

Reply with quote Post Tue, 11 Jun 2019, 12:42
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Quiero participar en el sorteo para el dorsal masculino.
Todos los años ando loco perdido porque llegue la temporada de trails nocturnos.
Estos últimos sólo contaba con 2/3 pruebas pero ahora parece que se va incrementando la oferta.
Conozco Lousame por el trail minas de San Finx de finales de año. Correr por esa preciosa zona de noche tiene que ser top.
Voy a ir cargando el frontal por si aca Wink
Suerte a tod@s!!
cote13

Novo foreiro
Novo foreiro
4/11/17
0 Carreiras
10 Posts

Reply with quote Post Wed, 12 Jun 2019, 12:11
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Bo día.
Quero participar no sorteo para o dorsal do trail nocturno de Lousame.
Será o meu primeiro trail nocturno. Ten moi boa pinta e estamos a montar un grupiño de xente para ir. A ver se polo menos non me perdo polo monte...

Grazas.

Saúdos!
Agromean

Novo foreiro
Novo foreiro
6/08/18
26 Carreiras
19 Posts

Reply with quote Post Wed, 12 Jun 2019, 13:01
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Hola, quero participar no sorteo de un dorsal masculino para o Trail nocturno de Lousame. Coma outros moitos será o meu primeiro Trail de noite, veremos k tal se da. A zona coñezoa un pouco, xa que pasa por zonas do Trail Portus Apostoli celebrado este ano. Sorte para tod@s.
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
684 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Jun 2019, 9:51
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

quero participar no sorteo do dorsal masculino para o trail nocturno de Lousame, gústoume o trail q fixeron en Decembro para despedir o ano e seguro que van facer unha probaza agora con nocturnidade e alevosía, fai moito tempo q non acudo a nada similar e gustaríame q tocase este dorsal!

un saudo


Last edited by Lecop on Thu, 13 Jun 2019, 15:22; edited 1 time in total
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
556 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Jun 2019, 13:35
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Quero entrar no sorteo do dorsal masculino para o trail nocturno.
Xa levo tempo sin facer un trail nocturno e teño ganas de probar, eu fixen o trail de San Fins e paseino moi Ben.


Last edited by sito on Thu, 13 Jun 2019, 15:49; edited 1 time in total
teixo

Novo foreiro
Novo foreiro
2/08/17
6 Carreiras
1 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Jun 2019, 14:48
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/

Desexo participar no sorteo dorsal trail lousame nocturno de home, xa que quero probar un trail nocturno.
sugom

Novo foreiro
Novo foreiro
22/06/14
4 Carreiras
27 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Jun 2019, 16:28
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Hola ,

Quiero participar en el sorteo del dorsal FEMENINO del trail nocturno de Lousame . He estado en el trail que han organizado en fin de año y tengo un recuerdo fantástico tanto de la organización como del recorrido. Donde mejor me puedo estrenar en mi primer trail nocturno.....
ferreirós

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/12
0 Carreiras
45 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Jun 2019, 16:37
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Boas
Quero participar no sorteo do dorsal masculino do trail de Lousame.
Quero probar a experiencia de correr ese trail nocturno e creo que e unha proba ideal antes de facer punto e aparte polo verán.
zasca

Novo foreiro
Novo foreiro
7/12/16
20 Carreiras
26 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Jun 2019, 20:21
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Boas
Quero participar no sorteo para dorsal masculino do Trail nocturno de lousame.
Participei no trail San finx de decembro e disfruteino moito, polo k hai k ir probar esa zona durante a noite.
Ademáis o correr de noite polo monte e unha experiencia do máis recomendable. Contade conmigo!!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
994 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Jun 2019, 22:01
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Sorteo cerrado. Gracias por participar y suerte a todos. Publicaremos los nicks ganadores durante el viernes 14 de junio. Saludos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
994 Posts

Reply with quote Post Fri, 14 Jun 2019, 11:42
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata 13/06

Sorteo 2 dorsais Trail Nocturno Lousame (29/06): ata o 13/06

Resultado masculino: AJACAST

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

NOMBRE:
APELLIDOS:
NIF/NIE/PASAPORTE:
SEXO:
F. NACIMIENTO:
LOCALIZACIÓN:
EMAIL:
TELÉFONO MÓVIL:
CLUB:
QUEDARÁS A CEA? (indicar sí/no):
Confirma por favor si te vas a quedar a la cena ofrecida por la empresa Kairos, gestora del albergue Toxosoutos
LICENCIA FEDERATIVA de la Federación Galega de Montaña (indicar sí/no):
LICENCIA FEDERATIVA de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (indicar sí/no):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...a-o_237478



Quedan fuera del sorteo Nashdark por no estar inscrito en el circuito, Cote13 por no especificar si opta a dorsal femenino o masculino y Sugom por incumplir el punto 10 en anteriores sorteos


Last edited by O_Circuito on Fri, 14 Jun 2019, 13:55; edited 2 times in total





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum