Lun, 10 Xuñ 2019, 15:40
Asunto: Re: V MEIA MARATONA SUNSET DE CAMINHA (09/06)
Imos facer a crónica, como era de esperar ó facer a media o Domingo pola tarde, resinteuse moito a participación, só 223 chegados a meta, cando o ano pasado remataron 382, e outros anos pasaron dos 400.
Despois de quentar brevemente, situeime na saida atrás de todo, cando vin a DrSlump, e colleunos o comenzo falando, asi que seguimos falando mentre iamos trotando moi suave.
O meu obxetivo era rodar un pouco por debaixo de 1h45', e como a liebre xa me levaba un bo anaco despedinme de Dani, ese 1ºkm. saiu a 5' clavado e a liebre xa me levaba un bo anaco, os 10 primeiros Kms. son moi chans, un par de pequenas subidiñas, e tamén moi fermosos, xa que imos todo a carón do río Miño (descripción do percorrido moi ben feita por Karris).
Ainda que empezo a marcar todos os Kms. por debaixo de 5' a distancia ca liebre non decrece, no paso de regreso por Caminha, Km7, eu iba a unha media de 4'53" e a liebre uns 20" por diante miña, e o numeroso grupo que ia con ela empezou a perder unidades.
Eu a partir do 10 empecei a aumentar o ritmo e no 12 por fin collín a liebre, que se frenou a agardar pola xente que se deixara atrás, polo que eu seguín ó ritmo que levaba, marcando xa casi todos por debaixo de 4'50", excepto o 15 que ten bastante subida e foi a 4'56", y eso que agora o terreo xa é un sube e baixa, ainda que con pouco desnivel.
Eu sigo encontrándome fenomenal e ao paso polo 17, decido aumentar o ritmo, facendo os 4 que quedan en progresión (4'46, 4'40, 4'37 e 4'26" e os casi 200 mts. a 4'22"), para un total de 1h41'31" oficial e 113 da xeral.
Despois de rematar, duchiña rápida, mercamos unhas empanadiñas para comer no coche, e xa tiramos para casa sin quedar a cear, xa que me acompañou a muller e ela si que traballou hoxe. Chegando a casa as 12:15 da noite.