Foros ›
Autor
Mensaxe
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 05 Xuñ 2019, 17:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

En km suman 81 en dos semanas y media. Bastantito. Así escrito suena a credo y a declaración unilateral de intenciones.

Ánimo. Es un buen método.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 06 Xuñ 2019, 14:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación xouba. Días 1 e 2:
Onte sesión de ximnasio con Jota. Caña para os cuádriceps e a miña psicomotricidade en evidencia, pero os estiramentos perfectos.
Hoxe, a pesar do trebón /cicloxénese, saída ata Chapela ida e volta. Chuvia de abondo e vento en contra, pero aínda así conseguín un crono de menos de 50 minutos. Menos mal
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 07 Xuñ 2019, 8:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación xouba. Día 3:

Saín ás 7:20. Despois de estar de pe hora e media na cociña lidando con potas varias, e con 5 horas e media de sono no corpo, que ven sendo case a miña cifra recurrente.
Hoxe caeron catro pingas e case non había vento. Pero os glúteos andaban resentidos do esforzo de onte, así que me saiu un crono de 52 minutos, case 3 máis ca onte.
As dúas horas de coche que me agardan esta tarde non é o mellor para recuperar, pero é o que hai.
Polo menos vou cumplindo mínimos
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 09 Xuñ 2019, 22:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación xouba. Días 4 e 5:

Non ten moito mérito o de lograr facer abdominais e reforzo de glúteos esta fin de semana.
Máis vai costar mañá atopar oco para facer a saída programada.
Feita por fín xa a inscripción para a nocturna de San Xoan.
Vistos os resultados na categoría F3 esta fin de semana na Nocturna da Florida, vai estar moi complicado volver a apañar 70 puntos o día 23, pero mentras hai vida hai esperanza
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 10 Xuñ 2019, 22:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación xouba. Día 6:

Tocaba hoxe sair ás 7 da mañá, pero rematei saíndo ás 7 da tarde. Tamén tocaba que fosen 9 km, e a cousa quedou en 8500m: 2400 de trote ata a ETEA , 5000m de microseries e1100 de trote de volta .Así a ollo en maps, pois fun sin Garmin (batería viciada e correa con fracturas múltiples, como para non pasar) . En calquera caso case 53 minutos de facer traballar ás pernas e todo o demáis. Non con moito brío, pero sen deixar de cumplir
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Mar, 11 Xuñ 2019, 8:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Coincido contigo Meiga...Sen deixar de cumplir Aplauso Aplauso Aplauso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 13 Xuñ 2019, 11:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación xouba. Días 7, 8 e 9

cK13 escribió:
Coincido contigo Meiga...Sen deixar de cumplir Aplauso Aplauso Aplauso
... se antes o dis, antes me ven o baixón.

O caso é que o día 7, con saída de 9 km prevista para a mañá do martes, quedou anulado. Pasei o día con dor de cabeza, medio sinusítica e a ibuprofenos. Por un momento pensei en facer doblete o mércores, metendo carreira pola mañá e ximnasio pola tarde, pero o meu corpo seguía sen responder. Os 81 km previstos xa se van quedando en 71,5. Esperemos non ter que rebaixar máis o volume.
A piques estiven onte de non ir ó ximnasio e rematar anulando o día 8, pero ó final pesou máis o sentido do deber... Pagou a pena, porque me tocou con Jota. Certo que acabei pedindo papas en moitos exercicios, pero despois dos estiramentos acabei coma nova.
E agora toca ir facer a saída de hoxe. Haberá que ir por sensacións e imaxinar a ollo os ritmos e tempos, porque definitivamente, despois de 5 anos e medio, o Garmin pasou a mellor vida. Creo que podo vivir sen el ata que o meu clan familiar teña a ben regalarme outro. A ver se polo menos podo rescatar o vello cronómetro-podómetro. Pero tampouco é imprescindible.
Antes de escribir estas liñas estiven a repasar as inscripcións na Carreira de San Xoan. Creo que hai posibilidades de facer outros 80 puntos e quedar de 7, pero se logro quedar máis arriba mellor. Por poder, podería, pois das persoas que teño diante na clasificación 4 son das que só correron unha ou dúas carreias e non lles interesa o circuíto, e outras 3 están díante de min só por ter corrido máis carreiras, pero por ritmos poden ser adiantables. O único inconveniente é se aparece inscrita unha persoa nova no circuíto que sexa máis rápida... A diferenza doutros circuítos, aquí no Run Run Vigo con que corras 1 soa carreira xa te inscriben no circuito aínda que non vaias ir a outra proba, e iso desbarata bastante as contas. A clasificación da F3 impórtame ben pouco. Pero si que me preocupa a clasificación por equipos. O Carma segue de terceiro, pero con moi pouca diferenza co que vai de 4. Cada punto que poidamos achegar sabe a gloria.
Sigo nun estado de forma moi frouxo aínda, pero teño que intentar facer algo grande e digno de min o día 23.

Imos alá.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 16 Xuñ 2019, 21:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación xouba. Días 10, 11 e 12.

Os deberes todos feitos, aínda que con horarios aleatorios e rendemento discutible. O venres exercicios de reforzo ás 23:45 antes de ir para cama. O sábado saída de 9k ás 14:10 despois de estar toda a maña de pe pola cociña e traballando na casa (normal que o arrancar por Buenos Aires para arriba case non fose capaz de abrir zancada). Hoxe procurei por iso sair ás 9 da mañá, pero co cansancio do día anterior as sensación no foron moito mellores (quitando que había máis sombra, máis fresco e menos tráfico).
A perna esquerda resentida en xeral, especialmente o xemelo. O axuste entre pe dereito, plantilla nova e apretado de cordóns aínda non está no seu punto. Menos mal que mañá pola tarde toca pasar pola fisio e aínda estamos a tempo de correxir o amañable.
Xa queda nada máis que unha semana...
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 19 Xuñ 2019, 8:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación xouba . Días 13 e 14.

Despois de pasar o luns pola camilla da fisio, o dignóstico foi sobrecarga importante na perna esquerda, ben desde o pé polo efecto da nova plantilla, ou ben desde arriba, polos nervios da zona lumbar debido ás labores domésticas varias. O caso é que me mazou ben, púxome correntes e desaconselloume facer entrenamento esixente o martes.
Total que onde a idea era saír simplemente a trotar lento 50 minutos, pero xa se encargou o devenir doméstico e laboral de conseguir que ó final non saise a correr, nin tivese tempo de facr algo de bici estática en casa.
Se cadra foi o mellor, porque o xemelo esquerdo parace estar xa recuperado.
Así que o reaxuste semanal queda deste xeito, por escrito para obrigarme a cumplilo:
Mércores 19: Ximnasio
Xoves 20: saída de 9k , media hora intermedia con microseries
Venres 21: saaída de 9 km
Sábado 22: descanso e estiramentos
Domingo 23: Carreira de San Xoán
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Xov, 20 Xuñ 2019, 12:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Se tes unha estática na casa, sempre se pode arranxar un oco de mellor maneira que indo a correr. Menos e nada e coma ben dis, igual che fai mellor a bici que ir correr. Acórdate....sen deixar de cumprir
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 21 Xuñ 2019, 8:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Se tes unha estática na casa, sempre se pode arranxar un oco de mellor maneira que indo a correr. Menos e nada e coma ben dis, igual che fai mellor a bici que ir correr. Acórdate....sen deixar de cumprir

Tomeiche a palabra, Nando, e despois de todos os cambios de plans que se foron sucedendo ó longo do día, rematei por facer unhas rutinas de pesas, abdominais, reforzo de glúteo e media hora de bici estática , rematando cos debidos estiramentos. Hoxe tocaba facer a última saída de mañá cedo, pero vi ter que ser a última hora da tarde.
E a ver se é verdade que a chuvia do domingo escampa a tempo. Ter que facer quecemento dunha carreira pasada por auga non me senta nada ben
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 21 Xuñ 2019, 14:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Sí Meiga, buen negocio la estática para el refuerzo de rodillas y glúteos. Aprovéchala.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 23 Xuñ 2019, 23:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: XXXVI Carreira Nocturna de San Xoán

O de nocturna serviría en Copenhague, pero aquí, na beira atlántica e con horario de verán, entre as 21 e 22 horas gozamos sempre dunha luz estupenda nestas datas. Certo que estaba algo nublado, pero nada da chuvia que agoiraban os medios oficiais hai un par de dúas. Polo tanto, temperatura ideal para correr, e aínda así sudamos.
Non tiña nada claro o que ía a saír esta xornada: Finalmente o venres non fixen nada de nada, e o volume total da Operación Xouba quedou en 65 km, non os 81 planificados, e todo un pouco a salto de mata, como ven sendo a miña vida en xeral. Para compensar, tiña a intención de ter feito esta tarde exercicios de reforzo de glúteos como preparación e quencemento. Pero ó final marchei de casa sen ter feito nada de descansos e estiramentos previos.
Din que isto de correr non é un deporte de equipo , como o fútbol ou o baloncesto... que enganados están! Detrás de toda persoa que correr en carreiras populares hai un impagable equipo humano que fai que iso sexa posible: Porque marchar a correr unha carreira supón que alguén ten que quedar na casa dando de cear e deitando na cama a cachorros e/ou ancestros, alguén que ten que levarte en coche e aínda logo facer se cadra unha segunda viaxe para levarte o chip amarelo porque non che dan un específico para a carreira como pasaba en edicións anteriores. Incluso alguén que che preste o móbil antes de quentar e tomar a saída para avisar algo urxente a casa. Alguén do equipo que te da azos mentras te adianta "Veña veña que vas moi ben" Alguén que te espere cunha camiseta na man preto da liña de meta para que non te colla o frío ... Sirvan esta liñas para expresar toda a miña gratitude a esas persoas que, de xeito habitual ou esporádico, fan posible que eu poida ser da partida nunha carreira.

Volvendo ós detallesdesta tarde, dicir que todo se foi desenvolvendo coma sempre. Carmafoto e quecemento na praza do Concello. Saída máis ou menos en punto, conservadora e prudente desde moi atrás. Intentando non derrapar en Romil co pavimento en obras. Facendo disciplina mental de non deixarme levar polo ritmo de outros e decicarme ó meu.
O tempo e os kilómetros pasan case sen que me decate. A altura da Calle Coruña, coa euforia da costa abaixo logro chegar ata altura de Montxo, que vou deixando un chisco atrás. En Tomás Alonso son Montse e Doutor os que me rebasan alegremente, co seu ritmo habitual.
Camiño de Bouzas fago algún adiantamento, pero no interminable tramo de Orillamar algunhas das persoas adiantadas volven tomar dianteira. Pero non importaba, había que ir dosificando e plantear eses kilómetros coma unha doce e cómoda volta a casa, no ritmo que fose posible.... Moito me costou a curva do tramo final, estando como estamos afeitos a entrar pola beira dereita do parque no Berbés. Que lonxe o arco de meta, arredemo, pero por fin tocou chegar e pillar algo de beber. E aínda houbo tempo de volver a estar un anaquiño co Doutor e Montse, desexar bo verán e boa sorte para as vindeiras carreiras.
Xa de volta en casa me sentei a consultar os resultados: Non foi posible quedar de séptima na categoría porque houbo xente do fondo da táboa da F3 que lle deu por queimar gas a tope. Quedei de décima, e iso asegura 60 puntos para saca do club, así que creo que lle podo dar o o aprobado e visto bó á Operación Xouba. E xa postos, estando como estamos na semana na que van dar os boletíns de notas nos colexios, creo que merezo un aprobado en todo. Lonxe do Notable ou o Sobresaliente, pero sí un Suficiente:
- Porque logrei correr case 8 km (8600 m segundo a organización) a un ritmo de 5:11, sen pasalo mal, sen ninguén tirando de min (cousa que no mes de marzo, nos 5km da Contrarreloj por Equipos, me coustou moitísimo máis)
-Porque quedei no posto 10 de 20 da miña categoría, e de 70 de 159 mulleres
-Porque é un resultado moi parecido ó que fixen en 2016. Non é o ritmo espectacular de 5:06 que fixen no 2017, pero polo menos estou correndo e sen molestias especiais (cando o ano pasado destas datas estaba en plena lesión e o máis que puiden facer foi animar desde a beirarrúa)

Pouco a pouco imos recuperando. A forma e a confianza
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 30 Xuñ 2019, 20:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: Desconexión

Despois de ter dado todo ( pouco que había) na Operación Xouba,estamos en modo "vacacións".
Esta semana foi moi frouxa, quitando a sesión de ximnasio do mércores, que ó ser con Jota é garantizado que nalgún dos exercicios acabo pedindo papas.
Polo demais só sain o xoves a facer un trote suave de ida e volta ata Arealonga, indo por Ríos e a Rotea, e volvendo pola Chumba e Avenida de Galicia.
A idea era ter saído tamén sábado e domingo, pero ó final só fixen hoxe pola mañá 20 minutos de estática e un par de rutinas de pesas e abdominais.
Certo que non teño nada á vista ata mediados de agosto en Carnota, pero tampouco e cuestión de facer ir de larchana en exceso.
A ver se mañá teño o oco preciso no horario mais o punto de inspiración e saio pola mañá
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 01 Xul 2019, 14:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

as vacacións son para facer o que o corpo pida! ...e se non pide pois non se lle da! Moi feliz


que pilles moita enerxía para o resto ano Guiño

-- Chámame "ghose"





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos