Foros ›
IV MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO - 08/06 Santiago
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 04 Xuñ 2019, 8:46
Asunto: IV MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO - 08/06 Santiago

Con motivo da celebración do V Día do Deporte Solidario, o Centro Comercial Area Central de Santiago de Compostela organizará, dentro da súa programación do día, a IV edición da Milla Popular Solidaria o sábado 8 de xuño de 2019, proba aberta a atletas federados e non federados.
Toda a recadación irá destinada a CRUZ VERMELLA, organización que traballa en Galicia desde 1870, adaptándose ás necesidades das persoas máis vulnerables da comunidade e implicando á cidadanía nas urxencias nacionais e internacionais e nas necesidades da poboación en todos os lugares do mundo.
As probas levaranse desde a Praza de Europa en Área Central a partir das 18:00 horas e estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación Gallega de Atletismo.

INSCRICIÓNS: ata o xoves 6 de xuño ás 23.59 horas.
* DONACIÓN SOLIDARIA NA RECOLLIDA DO DORSAL DE TODAS AS CATEGORÍAS como mínimo de 2 €

PREMIOS E AGASALLOS
* Os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada milla (agás na proba de biberóns país - nais) recibirán na entrega final de premios do día do Deporte Solidario unha medalla e un diploma “SOLIDARIO”, acto que se fará conxuntamente con outros regalos do Día do Deporte Solidario.
* Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría (excepto biberóns) recibirán un vale de desconto en material deportivo do seguinte xeito:
1º Clasificada/o – Vale dun 50% de descontó en material deportivo;
2º Clasificada/o – Vale dun 40% de descontó en material deportivo;
3º Clasificada/o – Vale dun 30% de descontó en material deportivo;
* TODOS OS ATLETAS QUE LOGREN REMATAR A SÚA PROBA RECIBIRÁN UN VALE DE DESCONTO DUN 20% EN MATERIAL DEPORTIVO EN CALQUERA TENDA DE CENTRO DEPORTIVO SANTIAGO.
Asi mesmo, e unha vez rematada a proba, todo aquel que o requira, realizaraselle un diploma solidario co tempo empregado na súa proba. Terá que solicitalo no em@il marketing @ areacentral.es

Nesa tarde, haberá actividades no Centro Comercial para os cativos e adultos.

Información aquí -> www.carreirasgalegas.c...ecffe2a559

A animarse!.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos