Foros ›
Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1318 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 26 May 2019, 23:32
Post subject: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): PECHADO

XIII Subida Rocas - O Eirado (Esgos)
Domingo 9 de xuño de 2019


Que se sortea?
3 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Esgos, domingo 9 de xuño de 2019.
Web da carreira: subidarocasoeirado.com/gal/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 27/05/2019 ao 30/05/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 30/05/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 27/05/2019 ao 30/05/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by sonsuso on Sun, 09 Jun 2019, 22:21; edited 1 time in total
River

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/03/09
0 Carreiras
90 Posts

Reply with quote Post Mon, 27 May 2019, 21:24
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Me gustaría participar en el sorteo de los dorsales para la XIII Subida Rocas-O Eirado en Esgos
Participé el año pasado y éste volveré. Carrera de montaña muy dura, tiene un total de 13 km., el primero más o menos llano, pero a partir de ahí todo es cuesta arriba hasta llegar a meta en O Eirado, con 1 último km por un cortafuegos temible.
Pero vale la pena ir, aunque solo sea por su paso espectacular por el Mosteiro de San Pedro de Rocas, con un recorrido de los participantes bajo un tramo de rocas.
Nashdark

Novo foreiro
Novo foreiro
20/05/19
5 Carreiras
7 Posts

Reply with quote Post Tue, 28 May 2019, 6:34
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Me apunto al sorteo y a ver si hay suerte y me toca para poder disfrutar de esos parajes montañiles de la Ribeira Sacra. Suerte y salud
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Posts

Reply with quote Post Wed, 29 May 2019, 17:13
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Quero participar no sorteo dos dorsais para la XIII Subida Rocas-O Eirado en Esgos. Unha fixa no calendario na q solo sufrir moito dado q soe ser a segunda ou terceira do fin de seman. Circuíto lineal con dous tramos duros, o primeiro a subida a capela, km 9 aprox, e o segundo o cortalumes no km 12. Moi recomendable con pinchos e sorteo de regalos o final da mesma.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1046 Posts

Reply with quote Post Thu, 30 May 2019, 21:59
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Sorteo cerrado. Gracias por participar y suerte a todos. Publicaremos los nicks ganadores durante el viernes 31 de mayo. Saludos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1046 Posts

Reply with quote Post Fri, 31 May 2019, 13:44
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Resultado: River,Xaviarnoia

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado

Queda fuera del sorteo Nashdark por no estar inscrito en el Circuito
River

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/03/09
0 Carreiras
90 Posts

Reply with quote Post Fri, 31 May 2019, 18:32
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Muchas gracias

Enviados los datos
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Posts

Reply with quote Post Fri, 31 May 2019, 21:10
Post subject: Re: Sorteo 3 dorsais Subida Rocas-Eirado (09/06): ata 30/05

Moitas grazas, datos enviados.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum