Foros ›
Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Tue, 14 May 2019, 15:38
Post subject: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): PECHADO

VI Carreira Popular Vía Nova "Concello de Bande"
Sábado 1 de xuño de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Bande, sábado 1 de xuño de 2019.
Web da carreira: championchipnorte.com/...o-de-bande
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 14/05/2019 ao 23/05/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 23/05/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 14/05/2019 ao 23/05/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by O_Circuito on Sun, 26 May 2019, 23:42; edited 1 time in total
MJ.Touron

Novo foreiro
Novo foreiro
25/02/13
5 Carreiras
47 Posts

Reply with quote Post Fri, 17 May 2019, 19:44
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Participo en el sorteo!!!
Me encanta Bande, su carrera, la organización. Es un evento de 10, recomendable para todos los públicos.
Bande no decepciona!!!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Sun, 19 May 2019, 19:49
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Recordade que o prazo para anotarse neste sorteo continúa aberto! Wink
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
39 Posts

Reply with quote Post Sun, 19 May 2019, 20:10
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Quero participar no sorteo.
Carreira durilla, con moi boa organización, creo que levaba participado en todas as ediciones, pero o ano pasado non puiden. Este ano volvemos.
roberto

Maratoniano
Maratoniano
12/12/07
200 Carreiras
289 Posts
xinzo de limia
Reply with quote Post Mon, 20 May 2019, 17:23
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Quero participar no sorteo.
Carreira rompepernas pero con unha excelente organizacion.
Saudos .
Papa-Léguas

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/10/11
0 Carreiras
1992 Posts
Sparkland
Reply with quote Post Thu, 23 May 2019, 16:27
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Muy buenas,

Quiero participar en el sorteo de dorsales para la carrera Vía Nova de Bande.

La última vez que participé fue hace un porrón de años, y recuerdo que era bastante dura, con muchos repechos que te exigen, como mínimo, un respeto. Además ese día nevó (entonces era en invierno) y fue una experiencia única. Evidentemente en esta ocasión va a ser un poco más difícil que se den esas condiciones, aunque con esto del cambio climático nunca se sabe...

Iré igual aunque no me toque.
Un saludo y suerte a todos.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Thu, 23 May 2019, 22:00
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Sorteo cerrado. Gracias por participar. Publicaremos los nicks ganadores a lo largo del viernes 24 de mayo. Suerte a todos
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
992 Posts

Reply with quote Post Fri, 24 May 2019, 12:55
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Resultado: roberto, xaviarnoia

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado
- Nº de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no, indicar que no lo tenéis)
- ¿Estás empadronado en el concello de Bande) (indicar Sí/no):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_236508


xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
39 Posts

Reply with quote Post Fri, 24 May 2019, 22:29
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Vía Nova - Bande (01/06): ata 23/05

Moitas grazas polos sorteos e moitas grazas a Organización pola cesión dos dorsais, vemonos en Bande. Datos enviados.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum