Foros ›
Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1019 Posts

Reply with quote Post Sun, 19 May 2019, 22:50
Post subject: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): PECHADO

XVI Carreira Nocturna de Celanova
Sábado 8 de xuño de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Celanova, sábado 8 de xuño de 2019.
Web da carreira: championchipnorte.com/...e-celanova
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 20/05/2019 ao 23/05/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 23/05/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 20/05/2019 ao 23/05/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by O_Circuito on Sat, 25 May 2019, 22:40; edited 1 time in total
roberto

Maratoniano
Maratoniano
12/12/07
200 Carreiras
289 Posts
xinzo de limia
Reply with quote Post Mon, 20 May 2019, 17:27
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Quero participar no sorteo.
Levo correndo esta carreira moitos anos e e estupenda con un gran ambiente na rua.Saudos
jstsmmd

Foreiro infantil
Foreiro infantil
28/01/10
0 Carreiras
66 Posts

Reply with quote Post Tue, 21 May 2019, 8:39
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Bos días.
Quero participar neste sorteo.
Salvo causa de forza maior non quixera perder edición ningunha desta proba.Espectacular por percorrido,ambiente,...Nunca defrauda!
Sorte para tod@s e en calquer caso boa proba!
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
542 Carreiras
1609 Posts
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Reply with quote Post Tue, 21 May 2019, 11:56
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Hola:
Quiero participar en el Sorteo
Nunca corrí en Celanova, pero alguna vez tiene que ser la primera, por ello nos veremos en Celanova

Haga frio ó calor, correr en Celanova es lo mejor

Saludos
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
39 Posts

Reply with quote Post Tue, 21 May 2019, 15:58
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Quero participar no sorteo. Unha das fixas no calendario, carreira q ten de todo, e durecha, nocturna, soe facer calor, pero a q non se pode faltar. Cunha ornanizacion de 11.
novoa_run

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
26/07/11
0 Carreiras
1262 Posts

Reply with quote Post Wed, 22 May 2019, 9:16
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Quero participar neste sorteo.
Levo correndo esta carrreira nocturna varios anos e nunca defrauda, o público moi animoso e a chegada o monasterio espectacular. Saudos
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
558 Posts

Reply with quote Post Thu, 23 May 2019, 13:00
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Quero entrar no sorteo do dorsal para esta carreira, xa que me parece moi boa carreira, hay moi bo ambiente e o circuito e bastante esixente, gustame dalo todo na última volta e ir adiantando corredores.
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1237 Posts
Aquae Urente
Reply with quote Post Thu, 23 May 2019, 17:02
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Estimados correlegas.

En plena posesión de mis facultades runnísticas, manifiesto, a quien corresponda, lo siguiente:

Mi interés en participar en el sorteo del dorsal de la Carreira nocturna de Celanova de fecha 8 de Junio de 2019. Y de acuerdo a la siguiente exposición de motivos:

-Insuperable trato al atleta, corredor, o runner y acompañantes
-Recorrido de extraordinaria belleza encuadrado dentro de un marco monumental incomparable.
-Ambiente popular, cálido y festivo.

En virtud de los cuales ruego y deseo sea mi solicitud la agraciada.

"to run and to rec"
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1019 Posts

Reply with quote Post Thu, 23 May 2019, 22:00
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Sorteo cerrado. Gracias por participar. Publicaremos los nicks ganadores a lo largo del viernes 24 de mayo. Suerte a todos
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1019 Posts

Reply with quote Post Fri, 24 May 2019, 12:55
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Resultado: jstsmmd, xaviarnoia

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado
- Nº de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no, indicar que no lo tenéis)
- ¿PERTENCES A MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA (A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea)? (indicar Sí/no):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ata_236509


xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
39 Posts

Reply with quote Post Fri, 24 May 2019, 22:31
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais Nocturna Celanova (08/06): ata 23/05

Moitas grazas, parece que os sorteos das carreiras desta comarca me traen sorte Silbar Silbar Silbar . Datos enviados.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum