Foros ›
X Carreira do Espíritu Santo. Muros.
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
friedman

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/01/09
0 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 12:17
Asunto: X Carreira do Espíritu Santo. Muros.

Xa vos podedes inscribir no seguinte enlace, inscripciones.galitimi...hp?id=9139 na X Carreira do Espíritu Santo, que se celebrará o próximo 5 de Maio no lugar de Campo de Cortes, en Muros.
Ademáis da carreira na categoría absoluta que conta cunha distancia de 8000 metros, podedes participar nas categorías menores que van de chupete a cadete, ou na andaina de 3000 metros.
Como nas edicións anteriores, a organización intenta dar o máximo, sin que o corredor teña que poñer un peso. Bueno, non vos olvidedes do kilo de comida para Caritas...
Animádevos, e vémonos o próximo día 5
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Mai 2019, 16:09
Asunto: Re: X Carreira do Espíritu Santo. Muros.

Pois onte voltamos a correr esta carreira solidaria, xa levo unhas cantas edicións participando, a inscripción é gratuita, no momento da recollida do dorsal, hai que facer unha entrega de material, alimentos, productos aseo, ou limpeza etc. como é o habitual nas que a inscripción é gratis, de 103 inscritos rematamos a proba só 73, un 30% de ausentes.

Esta carreira é moi dura, e máis nunha mañán soleada como a de onte. A primeira parte é de subida, 13'20" subindo de continuo.
E despois xa ven unha zona chanciña e depois unha gran baixada cun par de pequenas subidas, ata chegar a un punto que toca volver a subir caseque outros 2 Kms. ata chegar a meta.
Eu non me encontrei tan ben como nas carreiras das semanas precedentes, pero cumprin co trámite de sobra, facendo 38'32" oficial, nos 8 Kms. escasos de percorrido, uns 50 segundos menos que o ano pasado, pero moi lonxe dos tempos doutras edicións.
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
713 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 08 Mai 2019, 9:03
Asunto: Re: X Carreira do Espíritu Santo. Muros.

Gracias por todo!!! un pracer acudir cada ano!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos