Foros ›
Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Abr 2019, 21:59
Asunto: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): PECHADO

5ª edición da Andaina Terras de Altamira
Sábado 25 de maio de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Brión, Sábado 25 de maio de 2019.
Web da carreira: www.andainaterrasdealtamira.org/
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190525
Enlace ao fío do foro: www.correrengalicia.or...mp;t=21429

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 22/04/2019 ao 25/04/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 25/04/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 22/04/2019 ao 25/04/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 29 Abr 2019, 19:35; editado 1 vez
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 6:39
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25

Quiero participar en el sorteo del dorsal...
Participe el año pasado en esta andaina y quedé encantado, la hice trotando y tienes la ventaja de que puedes escoger la distancia sobre la marcha según te vayas encontrando... Además me pilla cerca de casa y son zonas por las que suelo entrenar y que no tienen desperdicio ninguno...

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 8:55
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25/04

Quero participar no sorteo. Non participei nunca nunha andaina pero viríame xenial unha andaina así para ir preparando un ultratrail. Téñenme falado moi ben desta andaina e o tema de ser distintos aneis está ben por se non te atopas ben ese día e decides recortar distancia.
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 9:32
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25/04

Ola, gustariame participar no sorteo do dorsal, é unha zona que teño preto da casa e é a oportunidade de coñecer novos sendeiros. Nunca participei nela pero teño oído falar moi ben dela.
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 23 Abr 2019, 7:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25

Gustaría participar no sorteo de un dos dorsais. Recentemente participei nos 50 kms. da Andaina Bisbarra do Sar, sendo toda unha experiencia, polo que teño gañas de facer tamén esta, na que ainda non me estrenei.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Rucar

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/16
0 Carreiras
70 Mensaxes
O Milladoiro - Ames
Respostar citando Envío Mér, 24 Abr 2019, 6:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25

Hola. Quiero entrar en el sorteo del dorsal para A Andaina Terras de Altamira porque llevo 2 años participando el la de Bisbarra Do Sar y en esta también permiten hacerla corriendo.
Además me hablaron muy bien de ella y está cerquita de casa, así que iremos a conocer un poco más esa zona!
evarist

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/02/09
0 Carreiras
502 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 24 Abr 2019, 10:06
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25/04

Boas,quero entrar no sorteo do dorsal pra a Andaina Terras de Altamira.Son un asiduo as andaina ( ultimamente mais cortas) .O ano pasado participei e quedei encantado co gran trato recibido,unha organizacion de 10.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Abr 2019, 22:19
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25/04

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Publicaremos los nicks ganadores a lo largo del viernes 26 de abril. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 26 Abr 2019, 12:29
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25/04

Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05)

Resultado: cerqueiro9,memphis_ES

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
País donde reside:
Localización (dirección completa):
Email:
Teléfono móvil:
Federado (sí/no):
Número de licencia:
Club:
TALLA DE CAMISETA (indicar S, M, L, XL):
Distancia a realizar (indicar 50km, 36km o 14km):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...ira_235061


memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 26 Abr 2019, 18:18
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Andaina Terras Altamira (25/05): ata 25/04

Por fin tócame algo!!! Bailar Datos enviados.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos