Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 24 Abr 2019, 22:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
Meigalicix escribió:
Operación formiga.

Explíquese, así escrito parece un episodio de la Patrulla Canina pero en TVG.

Na entrada do domingo escribín isto: Son consciente de que corro coma unha formiga, e a miña contribución no contador será tamén de tamaño formiga, pero por min que non quede o equipo a 20 puntos de calquera desempate na xeral.

Así que nesas estamos, buscando o xeito de que estes entrenos escasos e irregulares poidan servir para arrebañar algún punto máis no circuíto vigués que poida ir á saca colectiva.

De momento as miras están postas na Carreira da Cereixa o 1 de xuño.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 25 Abr 2019, 13:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Disculpa Meiga. No sigo los diarios como debería y me pierdo los detalles.

As formigas son resistentes, fuertes y rápidas a su manera. Es una buena comparación contigo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 28 Abr 2019, 22:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga.1 semana. Días 2 e 3

Tocou cancelación da sesión de ximnasio o mércores, e por iso o sábado as pernas estaban pesadas. Con todo iso logrei mellorar un pouco o ritmo respecto do martes, rebaixando o crono en mais de 2 minutos
Hoxe domingo non quedou outra que facer ruta combinada, desviarme a medio entreno da Avenida de Lema e Marina ata o Paraixal e facer que a cabina de Clark Kent fose a propia cabina electoral, pasando brevemente de corredora a votante e viceversa.
Para compensar a demora ,tiven que recortar o percorrido para poder estar de volta en casa á mesma hora. Calculei que podia ser boa idea chegar ata o IES de Chapela e recortar por Angorén.... Debia ser a segunda vez en 30 anos que ía por esa rúa , e por iso non lembraba que habia que baixar por ela co freo de man .O das ganancias de altura neste barrio son tremendas cando un se move en transversal.
Finalmente 47 minutos xustos, agradables e sen molestias. A recta das 7 Torres a ritmo de 4:55 . Quero pensar que imos progresando adecuadamente, ainda que sea a escala formiga.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mér, 01 Mai 2019, 19:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Un ritmo de 4:55 es muuuuuy respetable en mi "universo runner". Bueno, si la recta es de 50 metros impresiona un poco menos, todo sea dicho. Mr. Green
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 01 Mai 2019, 21:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

beuckelssen escribió:
Un ritmo de 4:55 es muuuuuy respetable en mi "universo runner". Bueno, si la recta es de 50 metros impresiona un poco menos, todo sea dicho. Mr. Green

Máis ou menos 200 m con algún tramo picando cara abaixo Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 17:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga . 2ª semana. Día 1:

O martes tiven sesión de ximnasio. Monitor novo, estilo conservador, na miña percepeción creo que lle dou mais caña ó chaleco eléctrico que ós meus músculos, e tan prudente á hora dos estiramentos que foi como se non estirara. Supoño que é por iso que ando con maniotas e microcontracturas na zona dos electrodos. A ver se na semana seguinte alternamos e me toca con outra persoa.

Tiña pensado que a primeira saída fose onte, pero ó final quedei sentada diante do ordenador pelexando contra os borradores da declaración da renta.

Así que fun hoxe, co tempo xusto, a facer microseries pola ETEA. Demasiado sol ás 13:30 da tarde. Confeso que acabei tan queimada que a metade do camiño de volta fixeno andando ( quen coñeza o costa de acceso ó recinto da ETEA poderá perdoarme semellante pecado venial ). Iso si, moito antes de chegar á avenida de Galicia o retorno xa foi a trote digno, pola sombra.

En resumo, non máis de 40 minutos de actividade , 28 deles dedicados ás series. Ritmo formiga estándar.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 19:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

beuckelssen escribió:
Un ritmo de 4:55 es muuuuuy respetable en mi "universo runner". Bueno, si la recta es de 50 metros impresiona un poco menos, todo sea dicho. Mr. Green

Tou moi dacordo. Juraría que en estos años nunca te vi por debajo de 5.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 21:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
beuckelssen escribió:
Un ritmo de 4:55 es muuuuuy respetable en mi "universo runner". Bueno, si la recta es de 50 metros impresiona un poco menos, todo sea dicho. Mr. Green

Tou moi dacordo. Juraría que en estos años nunca te vi por debajo de 5.

Ti non me verías , Freaky, pero Beu si, pois ese 4:55 era o que lograba facer en carreiras de 5 a 6 km coma a do Río Rato, antes da lesión. Pero dame no corpo que semellantes logros van ser xa coma as anduriñas de Bécquer Chorando
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Xov, 02 Mai 2019, 21:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga, las golondrinas de Bécquer volvían. No las que él quería justamente, pero las otras sí.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 06 Mai 2019, 4:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. 2ªSemana .Día 2:

Pois iso, só dúas saídas esta semana. A do sábado decidín anulala por ter fatal a contractura que pillara no ximnasio. Pasei todo o día poñendo calor na zona. O domingo xa todo estaba máis ou menos normal e fixen a saída habitual por Chapela. Saíu un crono de 49:47, ritmo 5:33. Nin ben nin mal.

Toca anotarse xa na Carreira da Cereixa. Unha tolería de percorrido e sobre todo unha tolería de horario para correr, pero é o día que teño dispoñible para ir a unha carreira do circuíto e tratar de puntuar algo. Xa veremos que sae de aí.


Última edición por Meigalicix o Sáb, 11 Mai 2019, 8:36; editado 1 vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 10 Mai 2019, 21:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. 3a semana .Día 1
No mércores sesión de ximnasio con Nota, por fin. Man de santo para todas as desfeitas da semana anterior. Tanto, que o xoves pola mañá ó botar a correr sentía as pernas soltas e lixeiras, os pulmóns dilatados, e as nubes quietas paradas esperando a que eu rematase antes de atreverse a descargar... máis non por iso me saíu mellor tempo nen mellor ritmo.
Con todo iso poderiamos considerar como avance isto de facer o mesmo pero con menos cansancio .
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 11 Mai 2019, 8:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. 3a semana.Día 2

Saín ás 9:30 da mañá, coa dixestión do almorzo a medio facer. O sol xa alto de máis para o meu gusto. Moita pesadez nas pernas e moito suor no tramo final.
Pero sigo aí onde sempre, 51 minutos de carreira no ritmo habitual de 5:40 .
A 15 días vista da Carreira da Cereixa ceo que vou comezar co suplemento de magnesio aproveitando que aínda queda algo no bote
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Mai 2019, 21:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. 3ª semana. Día 3

Había que conseguir facer hoxe a terceira saída da semana como fose. Pero o único momento libre que conseguín foi ás 13:30. Cos 26 º C que tiñamos hoxe ó mediodía, non eran as mellores circunstancias. Tampouco a perna esquerda estaba no seu mellor momento.

Só dispoñía de 40 minutos. Os xustos para gastar na ETEA . Con tanto calor estaba convencida de que ía sair unha trapallada de entreno. En todo caso, xa que levaba o Garmin posto, serviría para comparar a lentitude de hoxe cos ritmos lixeiros dos entrenos a primeira hora da mañá, co aire fresco na cara.

E resulta que agora ó descargar os datos, vexo que todas as sesións que fago llaneando na ETEA saen practicamente iguais. Hoxe parecíame ir a cámara lenta, e non era tanto. Outros días penso que vou fogueada e tampouco é certo. Sempre os mesmos resultados, con 12ºC, con 20º ou con 26ºC a calquera hora do día: Tramos rápidos de 1 minuto a un promedio de 4:40 e tramos lentos de 1 minuto e medio a unha media de 6:15-6:30, durante 30 minutos aproximadamente.
Vale, unha diferencia sí que houbo hoxe, ó rematar fun incapaz de trotar máis e fixen todo o camiño de volta a casa andando, e menos mal que os plátanos de paseo da Avenida da Marina Española xa estaban recuperados da última poda.

Mañá sesión de fisio despois de case dous meses. A ver se me sigue dicindo cousas bonitas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3258 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 14 Mai 2019, 18:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Operación formiga. 4a semana. Día 1
Por motivación que non sea. Onte a físio non parou de expresar optimismo e dar ánimos:
- "Tendo en conta que non pasas por aquí desde antes da Vig Bay, aínda mantés o piramidal no seu sitio , e a zona da lesión véxoa totalmente recuperada ... Así que non te conteñas, xa tes permiso para dar caña a tope nos entrenos e nas carreiras ir rápida como antes.
- "!!!??? Pero se levo xa desde novembro sen facer ningún tipo de "contención". O lenta que vou agora é todo o rápido que podo ir, pero está ben ter certificada a alta Confuso "


E con estas directrices comeza unha nova semana. Como os entrenos van en función do horario de traballo e non coa climatoloxía, tocou facer a saída ás 13:56 , con 26 graos outra vez. Por tempo e por precaución, tocou circuíto corto da Guía, aproveitando cada sombra da Avenida de Dona Fermina, da carballeira, da Oliveira. Isto de esquecer o Garmin é xa tradición, pero calculo que deberon ser uns 30 minutos.

Xa lle empezo a ver as orellas ó lobo de Beade. Pero por moi duras que sexan as costas nesas dúas voltas repetidas ás 5 da tarde, non creo que sea moito peor que subir a Baixada a Ríos a pleno sol de mediodía.

Mañá ximnasio
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 14 Mai 2019, 19:29
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Buenas noticias del fisio. Ahora ya conoces la lesión y ya sabes cómo cuidarla.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos