Foros ›
Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
993 Posts

Reply with quote Post Tue, 16 Apr 2019, 7:34
Post subject: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): PECHADO

V CARREIRON 10 K
Domingo 05 de maio de 2019


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Illa de Arousa, domingo 05 de maio de 2019.
Web da carreira: eventos.emesports.es/i...mp;lang=es
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190505
Enlace ao fío do foro: www.correrengalicia.or...031#586031

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 16/04/2019 ao 19/04/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito 19/04/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 16/04/2019 ao 19/04/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by O_Circuito on Sat, 20 Apr 2019, 16:53; edited 2 times in total
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
65 Posts

Reply with quote Post Tue, 16 Apr 2019, 9:17
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Ola bo dia, gustariame participar no sorteo do dorsal desta carreira. So participei nunha edición e foi un pracer poder disfrutar dun circuito moi fermoso e dunha organización estupenda.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
323 Posts

Reply with quote Post Tue, 16 Apr 2019, 9:52
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Bos días, gustariame participar no sorteo dun dorsal para o Carreirón.
Participei dúas veces nesta carreira. Ocasión perfecta para desfrutar da Illa e das súas praias. E dos seus bares Razz Carreira que podemos vela con dúas partes. A saída moi rápida, ata o porto do Xufre é moi chan e pódeselle dar zapatilla. Pero ollo coa segunda parte, a máis dura pero tamén a máis bonita. Rompepernas ao carón do mar que se pode facer moi longo. A carreira combina asfalto, terra e madeira. E como colofón final, sempre teñen un detalle para as nais por ser o día sinalado. Carreira moi recomendable.
Sorte a todos!
ferreirós

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/12
0 Carreiras
45 Posts

Reply with quote Post Tue, 16 Apr 2019, 12:15
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Gustariame participar no sorteo do dorsal para esta carreira.
O ano pasado participei e gustoume moito o recorrido e o ambiente da carreira, pero quedei un pouco fastidiado porque non tiven un bo dia. Este ano teño que arreglalo.
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
351 Posts

Reply with quote Post Wed, 17 Apr 2019, 8:34
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Me gustaría participar en este sorteo, es una gran carrera y toque o no el dorsal allí estaremos.
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
749 Posts
Cambados
Reply with quote Post Thu, 18 Apr 2019, 21:08
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Hola . quero participar neste sorteo.
Esta carreira é un carreirón, perdime a primeira edición pero dende a segunda xa non podo deixar de ir,
por fermosa, por recorrido , por ambiente , por trato etc etc...
Empeza recorrendo as duas calles principales do pobo para logo meternos pegadiños o mar e enfilar o primeiro dos muelles polos q pasaremos , despois dunha zona verde xa avistamos o segundo dos muelles da Arousa, carreira rápida hasta eiquí, ahora comeza una pequeña subida, creo q o avituallamento está neste repeito y enfilamos cara a parte seria da carreira,
Moito coidado nas pasarelas de madeira que como estea mollado podese resbalar …
volven as costas y tamen as baixadas , toca regular para afrontar a ultima subidiña antes de meta, ainda que a chegada son uns 800m de pequeño descenso polo que a chegada será rapidísima.
Veredes que esta carreira faite voltar cada ano, non vos defraudará, de verdad que non.
Un saudiño.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
993 Posts

Reply with quote Post Fri, 19 Apr 2019, 22:00
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Sorteo finalizado, gracias por participar y suerte a todos. Publicaremos el Nick ganador a lo largo del sábado día 20
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
993 Posts

Reply with quote Post Sat, 20 Apr 2019, 7:30
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): ata o 19/04

Resultado: tiojuan

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
País donde reside:
Localización (dirección completa):
Email:
Teléfono móvil:
Federado (sí/no):
Número de licencia:
Club:
TALLA DE CAMISETA (indicar XS, S, M, L, XL o XXL):
Estás empadronado en A Illa (sí/no):
Eres madre (sí/no):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...a-o_234725


tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
749 Posts
Cambados
Reply with quote Post Sat, 20 Apr 2019, 19:25
Post subject: Re: Sorteo 1 dorsal V CARREIRON 10 K (05/05): PECHADO

Muchas gracias por todo.
Que alegría me disteis, un abrazo !





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum