Foros ›
Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Clásica.Gandeira

Novo foreiro
Novo foreiro
1/04/19
0 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2019, 18:10
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

E seguimos cos percorridos da #NestleClasicaGandeira, coas distancias 3K e 1K
◉ Circuito 3k aprox. ► SUB 14 a Máster.
◉ Circuito 1k aprox. ► SUB 10 – SUB 12.


Clásica.Gandeira

Novo foreiro
Novo foreiro
1/04/19
0 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Abr 2019, 19:55
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

FALTAN 5 DÍAS!!

EN 48 HORAS PECHAMOS INSCRICIÓNS!!!!

Inscribídevos xa en EME Sports ▶︎ eventos.emesports.es/i...tos.php… e non vos perdades o #10kmaisautoctonodegalicia
Clásica.Gandeira

Novo foreiro
Novo foreiro
1/04/19
0 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Abr 2019, 8:55
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

Onte tivo lugar a presentación da #NestleClasicaGandeira de Santa Comba, na que interviñeron María Pose (Alcaldesa Concello de Santa Comba) Edis Estévez (Nestlé) e Ezequiel Mosquera (EME Sports)


Clásica.Gandeira

Novo foreiro
Novo foreiro
1/04/19
0 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Abr 2019, 20:00
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

FALTAN 4 DÍAS!!

ÚLTIMO DÍA PARA VOS INSCRIBADES NA #NestleClasicaGandeira!!
Non vos perdades un 10k diferente, cun percorrido rápido e con animación de luxo !
☛Inscrividevos en EME Sports antes das 23:59 horas de mañán.


Clásica.Gandeira

Novo foreiro
Novo foreiro
1/04/19
0 Carreiras
25 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 19 Abr 2019, 17:05
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

FALTAN 2 DÍAS!!

Unha vez pechadas as inscricións, deixámosvos os horarios de entrega de dorsais e duchas e a información dos puntos de avituallamento da #NestleClasicaGandeira.


Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Abr 2019, 9:21
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

Sorprendido gratamente co nº de inscritos, 205 na de 10 Kms, tendo en conta que hoxe celébrase a de Pascoa de Padrón, paréceme todo un éxito.
Eu recén chegado do Algarve de desconectar uns días, cando me inscribín non sabía se podería correla, pero parece que a pequena rotura sanou, (a ver canto duro sen outro contratempo), fixen 2 trotes suaviños ao calor de Portimao o Martes e o Xoves de 7 e 9 Kms. sen molestias ningunha.
Así que nos vemos mañán para descubrir esta Clásica gandeira.
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 21 Abr 2019, 19:34
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

Pois celebrada esta carreira, vou comentar un pouco sobre a mesma.
Proba ben organizada, co gran despliegue que fai emesports, ata pantalla xigante, para restransmitir en vivo o transcurrir da mesma.

Saida demorada uns 7 minutos, cando as 11:20 xa nos estaban chamando para situar na liña de saida, e hoxe fixo moito calor e estabamos baixo o sol de pleno.
Saida moi fluida xa que eramos sobre 200, eu da parte media hacia atrás, 2 primeiros Kms. moi rápidos, xa que son chans e despois basicamente en baixada. Saenme a 4'30 de media, e a xente adiantándome por todos lados, eu sei que non estou para estos ritmos e xa o pagarei maís tarde.
Despois ven unha constante de subidas e baixadas, alternando asfalto e pistas de terra moi corribles, no Km. 3 despois dunha subida, paso pola explotación gandeira, as vacas como é lóxico nen caso nos fixeron. Pensando Pensando 4'42" este km. e o seguinte en 4'39,
Km. 5 en 4'37 e toca regular, xa que non vou tan cómodo e no avituallamento aproveito para recuperar e sae en 4'48" e do 6 ao 7 unha longa subida, que ainda que non é moi empìnada, faixe notar xa que o sol empeza a facer mella 4'54".
Pero a partir de aquí xa empeza o peor do percorrido, xa que debemos ter unha subida que debe durar ben 1'500 e remata case que no 9, sendo a sua parte final moi dura, indose eses 2 kms. a 5'04 e 5'27" eu subindo bastante fundido, os Kgs. de máis e a falta de adestramentos son a miña penitencia neses 2 kms.
Pero como xa parecía polo perfil que colgaron, a distancia non se aproxima aos 10 Kms. e quedanse polo meu GPS en 9'200, e os dos compañeiros dou similar.

Agora vai a miña crítica para a organización, eu tras rematar estiven uns 3/4 minutos andando pola sombra para recuperar, e cando fun a buscar o avituallmento, non lles quedaba auga (eu acabei pola metade máis ou menos), e despois de esperar máis de 5 minutos sen que viñera, vin unha botella tirada pola metade e collinna, xa que estaba seco, e deberon tardar cerca de 15' en repoñela. Esto é un fallo moi gordo, pero faixe máis grave ainda, cando me comentan, que no avituallamento do Km. 5 os 30/35 últimos non tiveron auga tampouco, comentando que no grupo que ia eu que eramos 6, só collemos auga 2 no punto intermedio, polo que a falta de previsión foi enorme, nun día de tanto calor.

Que quede claro, que este derradeiro comentario, non desacredite a gran labor da organización, xa que foi estupenda, salvo neste detalle.
E se hai máis edicións espero ser da partida, ainda que o final é moi duro, ten un percorrido moi entretido, alternando asfalto e terra.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 10:35
Asunto: Re: Clásica Gandeira Santa Comba (21/04/2019)

Bo día.
Persoalmente quedei encantado con esta proba en todos os aspectos, o despliegue de medios, o trato ao corredor, o percorrido, e en xeral todo de 10. Lendo a Kurty quedei perplexo, eu a verdade e que non tiven problema ningún e houbo auga abundante, pero ía un pouco diante túa, amigo, e sinto o mal trago. Evidentemente se trouxeron a auga despois sería un erro de previsión que terán que contemplar para vindeiras edicións, pero a verdade é que non me enterei.
Dito esto, felicitar en xeral a organización en todos os aspectos que de seguro mellorarán para o vindeiro ano.
Parabéns.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos