Foros ›
Camiño dos Arrieiros (Lalín)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Abr 2019, 16:42
Asunto: Camiño dos Arrieiros (Lalín)

www.roteiros.lalin.gal

Trátase dun roteiro lineal de 16 quilómetros que parte do Peto de Ánimas da Bugalleira (O Irixo) e finaliza no campo da festa de A Xesta (Lalín).
A ruta está organizada polos Concellos de Lalín e do Irixo, así como polos voluntarios de Roteiros de Lalín e coa colaboración da Asociación cultural A Arracada do Irixo e da Asociación de Veciños San Pedro Félix da Xesta.
Trátase dunha das rutas que seguían os arrieiros para traer a Comarca de Deza o viño do Ribeiro. Deste vello camiño consérvanse intactos varios tramos, tanto no Concello do Irixo como no Concello de Lalín, e aproveitando este Roteiro van a ser simplemente limpados de maleza porque non se lle precisa facer nada máis dado que son un monumento etnográfico en sí mesmos e polo tanto un ben integrante do noso patrimonio cultural.
A ruta terá 16 quilómetros de percorrido comezando no lugar de A Bugalleira, no Concello do Irixo e rematando no campo da festa da Xesta. O percorrido permitirá visitar muíños en perfecto estado de funcionamento, cruceiros, pontes medievais, vistas panorámicas e numerosas mostras de interese natural e patrimonial. Especialmente singular é o lugar chamado Foxo do Cabrito onde aínda se conserva unha casa grande que foi venta de arrieiros, e preto dela estaría unha vaguada onde se situaba a trampa para o lobo.
A andaina é tamén unha homenaxe póstuma ao investigador Elixio Villaverde ao que o Concello do Irixo acaba de declarar fillo predilecto. Ademáis haberá unha urna onde se poderán depositar donativos para colaborar na publicación da obra que deixou rematada Elixio Villaverde xusto antes do seu falecemento en setembro de 2018 e que levará por título “Arrieiros somos, Viños do Ribeiro de Avia cara a Santiago e A Coruña por camiños de mil anos”.
Horarios:
9 a 9:30 concentración na praza da igrexa de Lalín.
9:30 saída do autobús da praza da igrexa de Lalín cara o Irixo.
9:45 Recollida dos participantes que salgan do Irixo na casa do Concello do Irixo.
10:00 Saída da andaina no Peto de Ánimas da Bugalleira.
Percorrido 16 km: A Bugalleira – A Condomiña – Porto da Veiga – A Esfarrapa – As Campinas – Zacarade – Foxo do Cabrito – Navallo – O Barreiro – A Xesta.
13:30 horas en adiante ata as 14:00 a 14:30 regreso dos participantes en autobús dende A Xesta (Lalín) ata o lugar de partida (No Irixo ou en Lalín). O regreso será escalonado a medida que os participantes vaian chegando ao final da ruta procurando que a espera sexa a menor posible.
O ROTEIRO É GRATUITO
Ao final da andaina haberá unha urna para todo aquel que desexe facer libremente algún donativo para axudar á edición da obra póstuma de Elixio Villaverde “Arrieiros somos, Viños do Ribeiro de Avia cara a Santiago e A Coruña por camiños de mil anos”.
Recomendacións:
Non apto para menores de 12 anos.
Calzado de monte, roupa de abrigo por se refresca.
Levar algo de avituallamento sólido e líquido e tf móbil.

Inscricións en internet, Lalín Arena e Concello.
www.roteiros.lalin.gal





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos