Foros ›
Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 22:02
Asunto: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): PECHADO

VII EDICIÓN CORREXSALCEDA
Domingo 05 de maio de 2019


Que se sortea?
4 dorsais: 2 para a distancia de 5km e 2 para a distancia de 10km

IMPORTANTE: é imprescindible indicar a cal das distancias se opta!
De non indicar a distancia, a mensaxe non será válida.


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Salceda de Caselas, 05/05/2019.
Web da carreira: championchipnorte.com/...rexsalceda
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190505


2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 08/04/2019 ao 11/04/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito 11/04/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (08/04/2019 ao 11/04/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 15 Abr 2019, 8:39; editado 1 vez
Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 8:18
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Quiero participar en el sorteo para el dorsal de 5km.
Carrera por un entorno bellísimo, con una organización completamente volcada con la carrera, que mima al corredor. Recorrido típico de nuestra comunidad: rompepiernas, rompepiernas....
chancletas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/02/10
0 Carreiras
179 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 13:41
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Hola! Quero participar na distancia de 10 kms.

Levo duas participacións nesta proba e aparte que é moi cerquiña da miña casa, gústame moito, cun percorrido mixto de asfalto e terra, pasa por sitios donde adestrei nunha época que vivín en Salceda.

Gracias.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 15:04
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Boa tarde

Quero participar no sorteo para o dorsal de 10 kms para a carreira VII EDICIÓN CORREXSALCEDA

Nunca tomei parte nesta carreira , pero botándolle unha ollada ó percorrido parece que pode ser bastante chula e ademáis quédame a tiro de pedra da casa..

Saúdos

Se eu puiden, ti tamén...
moterodeseco

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/06/15
80 Carreiras
52 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 22:17
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata

Quiero participar en el sorteo para la distancia de 10 km,
Participe en los años anteriores y siempre fue una carrera muy bien organizada, con alguna cuesta importante pero con un recorrido bonito, sin ser monte el paseo del río es un lugar muy agradable para rodear..
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 13:27
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Hola quero entrar no sorteo do dorsal de 10km
Xa participei os anos anteriores e o circuito e entretenido, gustame participar porque e cerca da casa e hay un monton de coñecidos.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 12:23
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata

Boas. Gustariame participar no sorte do dorsal para a distancia de 10km.
Polo que estou lendo, debe ser unha carreira a dúas voltas. E polos comentarios, con costas. Efectivamente, nunca corrín por Salceda, nin esta nin outras carreiras. Tamén estaba intentando acceder ao enlace co percorrido que teñen (edmsalceda) pero semella caido o servidor, polo que pouco máis podo comentar.
Sorte a todos!
robertofg

Novo foreiro
Novo foreiro
11/04/12
10 Carreiras
6 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 14:09
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Hola, me gustaría participar en el sorteo del dorsal para la carrera de 5k.

Ya he participado en años anteriores en la de 10k, pero este año me gustaría probar la corta y rápida.
Gompi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/02/09
100 Carreiras
110 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 20:33
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Hola gustariame participar no sorteo do dorsal para a carreira de 10kms.
Carreira moi bonita e entretida,mistura de asfalto e terra....
A zona do paseo polo rio para min e o millor da carreira.
Un saudo.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 22:00
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Sorteo cerrado, gracias por participar. Publicaremos el resultado a lo largo del viernes 12 de abril. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Abr 2019, 12:32
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Resultado carreira 5k: Lolinho38,robertofg No hubo más participantes, se asignó directamente.
Resultado carreira 10k: Tartarugo, gompi

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos
- Fecha de nacimiento
- DNI
- Localidad
- Talla de camiseta
- Nick personalizado para el dorsal
- Email
- Teléfono
- Club al que perteneces
- Si estáis o no federados
- Nº de federado
- Nº de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no, indicar que no lo tenéis)

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.sortea2.com/versor...-km_234343

Lolinho38

Maratoniano
Maratoniano
24/10/13
147 Carreiras
313 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Ven, 12 Abr 2019, 17:19
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

Datos enviados.
Muchas gracias.
Tartarugo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/07/07
150 Carreiras
1147 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Abr 2019, 20:54
Asunto: Re: Sorteo 4 dorsais VII EDICIÓN CORREXSALCEDA(05/05): ata 11/04

E-mail cos datos enviado.

Moitas gracias

Un saúdo

Se eu puiden, ti tamén...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos