Foros ›
Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
713 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 9:22
Asunto: Re: Trail Series 2019 - PORTUS APOSTOLI - NOIA (7/4/2019)

Gracias por todo!! proba de 10!! agardando clasificacións para ver cómo quedan para a gran final!
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Abr 2019, 15:06
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19

E sin tempo a que as maniotas desaparezan, hai que empezar a prepararse para o Barbanza42K Trail, que como xa sabedes mudámolo de data para o 12 de maio (o 28 de abril hai que ir a votar); e este ano temos 2 distancias "típicas": 21 km. ou 42 km.

@s que estades inscrit@s no circuito Revolutrion Trail Series, xa sabedes que @s que compitan en 42 km. puntuaralle doble: así que, os que fallaron a algunha proba poden "desquitarse" sumando puntos nesta distancia.

Falta un mes!!! tempo hai para preparala e rematala, a ver si non hai tantas desculpas para non facela!!! Demo sorrindo

Xa sabedes que tedes máis info e inscricións en www.trailseries.run ou en www.barbanza42k.com (máis completa, con relación de avituallamentos, e outra info complementaria).

E @s que non acaban de animarse: IIIª Andaina do Barbanza, tamén a info e inscris na mesma web.

(Ah... e por si éramos poucos "y parió la abuela": Romería de Moldes o mesmo día Bailar Bailar ... pero tranquil@s que non afecta ao recorrido, pero pasamos a uns metros por si aljén quere avituallar rosquillas ou subir nas barquillas). Molón
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Abr 2019, 16:09
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19)

Non conozco a zona, pero chámame a atención que o tempo de corte sexa 5 horas no km. 31. Porque desde ahí a meta quedarían 11 km para facer en ¡3 horas!, xa que o límite total son 8. E vendo o perfil é todo baixada... ¿trátase de 11 km de moita dificultade técnica? Desde o meu descoñecemento, a vista do perfil publicado, encaixaría mellor o tempo de corte en 6 horas ou 5 e media... Alguén pode aclararme? Pensando

Graciñas e saúdos.
manolobello

Novo foreiro
Novo foreiro
30/03/16
6 Carreiras
21 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 19:08
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19

Boas
Con respecto ao tempo de corte, hai un erro na web: É no km 26.
5h sí poden ser un pouco xustas. En función á climatoloxía do día da proba poderase abrir mais ou menos media hora.
E nos últimos 16 km, damos esas 3 horas porque a xente xa pode ir tocada e nós pretendemos que poda acabar o máximo de xente posible. Ademais neses 16km sí hai unha baixada moi técnica (farase posiblemente lenta), unha subida moi esixente (san xoán) tendo en conta que cae no km 28 e na que suele apretar moito o calor, e logo oitra baixada tamén bastante técnica.
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 03 Mai 2019, 20:46
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19

Pouco máis de 48 h. para o peche de inscricións do Barbanza42K Trail

Lembra que podes correr 21 km. ou 42 km. E tamén participar da andaina.

Xestiona a túa inscrición en www.barbanza42k.com

(@s participantes do Revolutrion Trail Series 2019 teñen ata o mesmo día para xestionar o cambio de distancia).


Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 05 Mai 2019, 19:31
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19

Menos de tres horiñas para pechar inscricións no www.barbanza42k.com

Ainda podes participar da andaina, a media maratón, ou a maratón do Barbanza.

Non deixes pasar a oportunidade!


XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mér, 08 Mai 2019, 3:26
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19)

Hola Edu_iglesias,

por favor, poderías mirarme o da inscrición para o 42k? mandei a transferencia e datos o venres pasado pero puxeronme nos 21k. O peor é que mandei TRES correos a galitimin e arousa e ninguén resposta a eles Triste

gracias

Cita:

Como sabes o 12 de maio celebrarase a última proba dos TRAIL SERIES 2019, a BARBANZA42K TRAIL

Nesta proba haberá duas distancias: 21km e 42km. Ao inscribirte nos trail series por defecto estabas inscrito nos 21km, pero dábase a posibilidade de coller a maratón

Ata 7 días antes da celebración da proba dase a posibilidade de cambiar de distancia para correr a maratón (proba que terá o dobre de puntos a efecto da clasificación). O cambio que terá un coste de 10€.

Deberás comunicalo ao correo contacto @ arousa.com, e recibirás unha resposta na que se indican os pasos a seguir.


**********************

Editado xoves: ao final contactaron conmigo e probablemente xa está solucionado.

-- Chámame "ghose"
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 09 Mai 2019, 16:16
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19

Fixemos un acordo con Bonaval Grupo e poñen a disposición dos familiares e amig@s d@s participantes no Barbanza42K Trail unha flota de vehículos para ir a distintos emplazamentos da Serra do Barbanza a ver a carreira e dar folgos aos corredor@s.

Para isto é necesario reservar plaza no seguinte enlace (ollo que só hai 32 dispoñibles): http://bit.ly/ultratrailbonaval

Tamén os que querrades seguir a carreira de 42k en directo como van a levar o GPS Tracker, podedes facelo nos seguintes enlaces (operativos o domingo):

PC: live.traky365.com/barbanza-trail-42k-2019
Móvil: mobiletraky365.com/barbanza-trail-42k-2019

Que as carreiras -ás veces- non só se disfrutan correndoas!!! Sorriso
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 13 Mai 2019, 17:00
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19

Clasificación:
https://galitiming.com/clas/BARBANZA_42KM_42K.pdf

https://galitiming.com/clas/BARBANZA_42KM_21K.pdf
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Mar, 14 Mai 2019, 7:53
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19)

un trail moi entretido pola variedade de terreos polos que se vai, con zonas de todo tipo, unhas vistas fantásticas, a marcaxe da ruta perfecta, avituallamentos ben surtidos (sobre todo bebida, que fixo falta)

O desnivel apreciable e a caloriña que facía déronlle un punto de dificultade.

Espero que todo saíse ben e ninguén tivese problemas de saúde pola temperatura (creo que houbo uns cuantos abandonos).

Bonito fin de festa para o circuito. Gracias por todo Aplauso

Por curiosidade.... canta xente había inscrita no 42k? A meta chegaron 57 e creo que eran preto de 100 inscritos Pensando Sería a calor?


edito: deixo aquí a crónica por si alguén quere ver alguna foto e ver como foi a cousa e tal Chupete

fediverse.blog/~/Rexis...arbanza42k

-- Chámame "ghose"
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Mai 2019, 9:07
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19)

Noraboa a todos os que acabaron o 42k, moito mérito tendo en conta o día da calor que fixo. Eu facendo os últimos dos 21k pensaba en todos aqueles que estaban polos cumes aínda, e o que lles faltaba con ese "chorraso". E agradecer a todos os voluntarios e organización a oportunidade de correr polo Barbanza.
Baralloco

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/01/14
3 Carreiras
366 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 15 Mai 2019, 14:03
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19)

XoseM escribió:
un trail moi entretido pola variedade de terreos polos que se vai, con zonas de todo tipo, unhas vistas fantásticas, a marcaxe da ruta perfecta, avituallamentos ben surtidos (sobre todo bebida, que fixo falta)

O desnivel apreciable e a caloriña que facía déronlle un punto de dificultade.

Espero que todo saíse ben e ninguén tivese problemas de saúde pola temperatura (creo que houbo uns cuantos abandonos).

Bonito fin de festa para o circuito. Gracias por todo Aplauso

Por curiosidade.... canta xente había inscrita no 42k? A meta chegaron 57 e creo que eran preto de 100 inscritos Pensando Sería a calor?


edito: deixo aquí a crónica por si alguén quere ver alguna foto e ver como foi a cousa e tal Chupete

fediverse.blog/~/Rexis...arbanza42k

Estupendo relato no blog. Reflexa perfectamente que acabaches plenamente satisfeito. Algo dolorido e demacrado, pero seguro que con unha sonrisa no rostro. Que é o xeito que eu entendo como hai que acabar este tipo de probas. Entraronme ganas de tentalo para o ano que ben. A ver si pode ser.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Xov, 16 Mai 2019, 5:42
Asunto: Re: Trail Series 2019 - BARBANZA42K TRAIL - RIBEIRA (12/5/19

claro que si! Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos