Foros ›
Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
50 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Abr 2019, 14:37
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Caderno de VIGtácora [Semana 12]





As semanas con festivo intercalado poden chegar a trastocar un pouco os plans xa fixados... Outra semana con pouca historia: tocou un mércores cos Beerrunners Coruña, entrando momentáneamente no top 5 nun segmento de Strava (a costa que baixa desde o ascensor do monte de San Pedro ata o Millenium) e despois unha breve sesión de series de 1000m x5 na Baña, baixando récords persoais. Moito avance no tema de rexistros, pero realmente moi poucos km percorridos para o maratón... Para outra semana será!
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
50 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Abr 2019, 14:39
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Caderno de VIGtácora [Semana 13]





Unha semana un pouco accidentada na que xa comezan a aparecer os nervios! A difícil conciliación entre saír correr e unha vida social en ocasións demasiado activa e non ser máis sacrificado á hora de saír de festa, súmase ós nervios i estrañas molestias que van xurdindo nestes derradeiros compases do adestramento...Ó final só puiden saír en dúas ocasións e apenas sumei 24 km... Non se achega ás cifras dun plan de adestramento profesional, pero todo km que se faga vai sumando ata o final.
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
50 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 06 Abr 2019, 14:41
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Caderno de VIGtácora [Semana 14]







E chegamos á Vig Week!! Tres últimos días de adestramento, con pouco máis que engadir a todo o que vistes ata o momento! Despois de ler comentarios no foro de Correr en Galicia, só podo dicir que noto que a miña preparación non foi nin de lonxe todo o profesional que debería para non mancarme e acadar un bo rexistro sen riscos... Pero bueno, despois destes escasos 408 km desde xaneiro, quedan por diante os 42 km do domingo na VigBay. Moita sorte ata todos os participantes, a agardar que non chova demasiado e a correr con sentidiño!
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Sáb, 06 Abr 2019, 21:45
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Me he leído el diario casi del tirón. Muy bueno. Moi feliz

Ánimo para la carrera.
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
50 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 21:50
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

I Maratón VigBay 2019



Pasou o día, pasou a romería! Ó final o tempo respetou moito, moitísimo a celebración do primeiro maratón VigBay 2019 e desde a primeira hora da mañá o ceo estaba bastante despexado. Despois da foto de rigor con Abel Caballero (o deste home é incríble) e co resto de Beerrunners de Coruña e Vigo, tomamos a saída nun día para facer historia. Despois de abordar cun ritmo forte o primeiro tramo do maratón ó carón de Fito, tocou unha segunda parte de carreira pola miña conta.

Despois de momentos de dúbida nos derradeiros quilómetros, pensando ou non en rebaixar o ritmo ata chegar a camiñar, ó final resistín a tentación, subindo e baixando o monte Louredo e despois de transitar na longa entrada a Baiona. Unha marca máis no meu cinturón de maratóns con final feliz, baixando a miña mellor marca persoal en 20 segundos (que non é marca menor, ou dito doutro xeito que diría Mariano, é marca maior).

Moitas gracias os que vos pasastes por este diario durante estas semanas!!
moratos

Maratoniano
Maratoniano
1/06/12
1 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 6:34
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

Felicidades!!! Hacer tu mejor marca en una maratón como está no es fácil
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 11:43
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

Noraboa pola maratón e moitísimas grazas polas viñetas e compartilas con nós neste diario! Aplauso
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 16:24
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

So podo felicitarte e darche as grazas. Foi un pracer leer o teu diario, e que veñas a estas terras do sur a facer marca ;-).





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos