Foros ›
II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 23:16
Asunto: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Boas noites.

O domingo 7 de abril disputarase a II edición da Milla Portas de Compostela.
Haberá probas populares para todas as categorías, desde pitufos a máster.
Paralelamente haberá un Campeonato de Galicia de Milla en Ruta.
Un espectáculo en pleno casco histórico: Senra / Praza de Galicia / Fonte de San Antonio.

Toda a información aquí -> www.carreirasgalegas.c...eb9812c033

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 16:00
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Un gran espectáculo e ben organizado. O que habería que buscala forma de que non se extenda tanto no tempo.
E outra cousa que esto si que non me gustou nada, as inscricións de última hora na Milla popular..., si esta pechada a lista da miña categoría desde hay varios días, non é normal que despois aparezan máis corredores anotados pola porta de atrás.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 20:42
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Gran espectáculo o que puidemos vivir hoxe en Compostela, montaxe de luxo, organización de 10 coma sempre, e un sin fín de carreiras apaixoantes para os espectadores, por riba cunha pantalla xigante de luxo para non perder detalle.
Chapeu !

Papero, de toda a vida nas populares se puito anotar ata os últimos minutos das carreiras, hoxe en día, por mor da dixitalización, mercar agasallos según número de participantes etc... estase deixando de facer nalgunhas probas, pero eu sempre aplaudo que oferten esta posibilidade, da que eu mesmo me teño aproveitado, imaxina que estás de turismo e atopas unha popular e che apetece correla ? Penso que porque nunha proba deste tipo se permita en casos excepcionais algo así debe ser visto de forma positiva, o campionato é cousa aparte, pero unha popular...

www.youtube.com/channe...subscriber
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 20:47
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

mac-ray escribió:

Papero, de toda a vida nas populares se puito anotar ata os últimos minutos das carreiras, hoxe en día, por mor da dixitalización, mercar agasallos según número de participantes etc... estase deixando de facer nalgunhas probas, pero eu sempre aplaudo que oferten esta posibilidade, da que eu mesmo me teño aproveitado, imaxina que estás de turismo e atopas unha popular e che apetece correla ? Penso que porque nunha proba deste tipo se permita en casos excepcionais algo así debe ser visto de forma positiva, o campionato é cousa aparte, pero unha popular...
paréceme ben, sempre que se permita a todos e non só os "coñecidos".
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 20:50
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Sucedeu eso hoxe Papero ? Quedou alguén sen correr ?

Pregunto porque me extraña moitísimo, cando nunha carreira se poida xogar un premio económico, unha clasificación para un circuito etc.. podo entender que non se permita ou unha protesta, pero nunha popular como a de hoxe con 5 participantes nalgunha proba...sería ilóxico ao meu entender.

www.youtube.com/channe...subscriber
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 21:07
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Non lle demos máis voltas, paréceme ben que un se poida anotar a última hora, espero que si algún día me sucede a min que me den a misma oportunidade.
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 21:36
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Seguro que si home !! Guiño

www.youtube.com/channe...subscriber
Galia

Novo foreiro
Novo foreiro
1/06/18
0 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 7:22
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Bos días, a min paréceme ben, sempre e cando apareza no regulamento.
A min onte sentoume fatal perder o terceiro posto por aparecer unha máster 1, de non sei onde, porque non estaba nin na lista de inscritos, nin na de saída, cousa que non reclamei por non comprobar no seu momento, xa que tiña o móbil no coche e non quería demorarme moito en marchar x ter outros compromisos na tarde, culpa miña x non facelo pero confiei no bo criterio da federación nese intre, e pensei que non vira ben as persoas inscritas...son cousas que non se deben facer...e iso que foi unha popular e non pasa nada pero fastidia un pouco si, e bou facer escrito a federación para que conste e informar para qué non volva a suceder e se ten q ser q sexa oficial
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1305 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 10:08
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Galia, se pos nun regulamento que se aceptarán isncripcións o mesmo día da carreira, sabemos todos o que pasa certo?
Que nos despreocuparemos e deixarémolo moitos para ese día, e todos entendmos o que supón para unha organización a falta de previsión en canto a número de inscritos, o que si pode poñer a organización, de feito algunhas fano, é que non aceptarán inscripcións o día da proba, e con todo iso, se o clube organizador e o xuiz árbitro dan o visto bo, é totalmente lícito e na miña opinión lóxico.
Fíxate Luz, que erades 7 inscritas e corredes 5 mulleres, poderías reclamar por suposto, pero a reclamación como comprederás polo que che acabo de explicar, non tería cabida. Disfrutemos do atletismo popular e das nosas carreiras Sorriso

www.youtube.com/channe...subscriber
Galia

Novo foreiro
Novo foreiro
1/06/18
0 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 10:54
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Podese facer un cupo de inscritos de última hora, hai que poñer unhas condicións evidentemente senón todo o mundo o faría ...o q non pode ser e para uns non se pode e para os coñecidos sí...e se reclamase o resultado sería diferente eso de seguro cho digo... e as que non se presentaron e estaban inscritas non teño eu a culpa diso, pero bueno o dito é unha popular e tampouco me vou a pelexar por iso, pero xa dobrei carreira, q fixen o cto tamén anteriormente, e fastidiome un pouco...pero cada cal coa súa conciencia, a miña está moi tranquila
Eu creo que empañanse estos eventos con estas cousas, é unha mágoa porque hai moitas persoas traballando voluntariamente para que todo saia ben, que a organización chapó, todo hai que dicilo, pero se hai algo que senta mal debese dicir e se se pode correxir, sería moito millor para todos.
Sen entrar en mais dilemas, un saúdo e bo día a todos, e que sigamos desfrutando deste bonito deporte.
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 19:07
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Galia escribió:
Bos días, a min paréceme ben, sempre e cando apareza no regulamento.
A min onte sentoume fatal perder o terceiro posto por aparecer unha máster 1, de non sei onde, porque non estaba nin na lista de inscritos, nin na de saída, cousa que non reclamei por non comprobar no seu momento, xa que tiña o móbil no coche e non quería demorarme moito en marchar x ter outros compromisos na tarde, culpa miña x non facelo pero confiei no bo criterio da federación nese intre, e pensei que non vira ben as persoas inscritas...son cousas que non se deben facer...e iso que foi unha popular e non pasa nada pero fastidia un pouco si, e bou facer escrito a federación para que conste e informar para qué non volva a suceder e se ten q ser q sexa oficial
A miña situación era exactamente a misma que a túa. Decidín non reclamar porque os que correron e quedaron diante miña non teñen a meirande culpa, a culpa e dos que permitiron que correrán sin estar anotados.
River

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/03/09
0 Carreiras
92 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 19:18
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Felicitacións aos organizadores!!! Todo un luxo participar nun campeonato galego así de ben preparado. A presentación por megafonía e pantallas xigantes dos atletas foi un detalle espectacular.

Con respecto a proba popular, toda a razón para Papero e Galia. Aínda que sexa popular había un regulamento, e se a posteriori decídese cambialo e barra libre de inscricións, que menos que informar. As inscricións péchanse varios días antes, e logo resulta que o mesmo día aparecen outros atletas,
onde estaba esa información???
Aaaah, que había que chegar e preguntar si se podía... Moi feliz
O faremos na vindeira carreira popular con inscricións pechadas, a ver se cola

Ben, que non quero avivar o debate, pero fallo da organización, e non ten disculpa. Se hai pouca inscrición pois hai pouca, e se non, non poñer datas de peche.
Galia

Novo foreiro
Novo foreiro
1/06/18
0 Carreiras
9 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 18:16
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Moitas grazas polo apoio a River e a Papero que estábamos na mesma situación... E Mac-Ray a verdade q hai anos estilabase nalgunhas populares inscribirse a última hora, pero non existía a participación q hai hoxe, exceptuando nalgunhas carreiras como sucedeu na de máster feminina da que falamos, que debeu ser porque fraccionaronse as carreiras e coincidiu con outras populares como a de Vigo, os relevos pola tarde e algunha mais q non lembro neste intre...pero sin ofender a ninguén, espero que se tome como crítica constructiva para poder facer cambios positivos para tod@s, e do resto a min gustoume moito a verdade que si foi espectacular coa pantalla e a animación deste evento
Un saúdo e a queimar zapas!
rst

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
17/04/06
0 Carreiras
255 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 16:16
Asunto: Re: II Milla Portas de Compostela-Camp. Galicia Milla 07/04

Completamente de acuerdo con River, Galia e Papero.
Los Reglamentos están para cumplirse ya sea en una prueba federada o en una popular.

www.asociacionacade.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos