Dom, 21 Abr 2019, 20:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela : Quen garda, acha
20 anos son nada, cantaba Gardel.
20 puntos no circuito Runrun Vigo son menos ainda, xusto os que logrei polo meu posto na Vig Bay. Hai dous anos diría que isto tanto me tiña... pero agora resulta que o Carma pode quedar de terceiro por equipos no circuito co que imos sumando todos, así que a visión do asunto cambia substancialmente. Desde logo non me vai dar a vida para correr todas as carreiras que faltan do circuíto, pero polo menos intentar ir ás que xa son parte habitual do meu reducido calendario: algunha das dúas nocturnas do mes de xuño e a do Berbés.
Son consciente de que corro coma unha formiga, e a miña contribución no contador será tamén de tamaño formiga, pero por min que non quede o equipo a 20 puntos de calquera desempate na xeral.
Agora que xa volvo a ter un obxectivo claro, hai que tratar de darlle algo máis de substancia ós entrenos. E ben mirado tampouco queda tanto tempo, 6 semanas ata o mes de xuño.
Esta semana polo menos rematei cos mínimos reglamentarios: Tres saídas e unha sesión de ximnasio, pero en definitiva poucos kilómetros. Á saída da Guía do martes, sumeille outra o sábado de sesión “microseries” pola ETEA con ida e volta por Ríos, e hoxe domingo fun polo Camiño Real e a Rotea ata Area Longa, e á volta chimpando algunha que outra escaleira e serpenteando por corredoiras asfaltadas ata enlazar coa Avenida de Galicia , todo por evitar a terrible costa da Riouxa.
En total uns 17 km nas 3 saídas. Podía ser peor