Foros ›
Autor
Mensaxe
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 0:05
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Paso por aquí y acabo de actualizarme en tu preparación. Últimamente no entro mucho en los diarios.

Espero que te sirva de referencia lo que me pasó a mi el año pasado. Las últimas semanas antes de C42 no me veía para intentar el sub3. Las sensaciones no eran buenas. Al final decidí resetear la mente y me lo tomé como si todo estuviera perfecto. La verdad no hice sub 3, pero ni por asomo me esperaba quedarme a las puertas y encontrarme tan fuerte.
Supongo que ya has oído que en la preparación sobre todo en las semanas más duras el cuerpo no tiene buenas sensaciones y luego en el tapering vuelve a coger aire. Aun así siempre que estás a punto de competir empiezan las dudas sin fundamento. No te olvides de todo eso.
Moraleja de todo? Pues eso, que no vas a saber si estás para hacerlo o no.
Consejo- Carga pilas y vete a por el objetivo. Salga o no salga disfrúta de la maratón que te la has currado.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 04 Abr 2019, 10:24
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas por os comentarios, os ánimos, as axudas e as motivacións.
Vou sair por o obxetivo iso non o dubido, despois veremos.
Agora vou desconectar algo do foro, e tamén da maratón, xa chega. Xa o levo facendo uns días.
Nos vemos todos o domingo ou antes:
Como curiosidade:
Dende o 1 de Xaneiro ata 31 de marzo, levo 916 km, en 13 semáns, saen a 70 de media.
Xaneiro: 350 Febreiro: 298 Marzo: 268
51 Entrenos en Total.
Son bastantes km, pero debido as úlitmas 5 semans as sensacións son unha porquería.

Luns 1 de Abril e Martes 2 de Abril, nada, descanso por traballo.
Mércores 3, Castrelos, 13km en Total. 7km a 4:40. 3x1k a 4:00 (rec 1 min), e outros 3 de volta a 4:50
Ron23

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/12
0 Carreiras
259 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 11:50
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Como lector de tu diario felicitarte por esa gran marca y ese resultado.
Está claro que la preparación se hizo dura pero ha dado sus frutos.
moratos

Maratoniano
Maratoniano
1/06/12
1 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 7:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

No suelo comentar, pero felicidades por ese sub3
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
183 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 20:48
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

+1!!!

Felicidades!! Marca moi currada!! Xenial!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 0:17
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Non sei por onde comezar, se me ocorreron varias ideas, pero sempre me gustou a espontaneidade, e así vai ser, comezo por o final, que será este o derradeiro post deste diario, non un punto e coma, nen un punto e seguido.
Non vamos resumir o sucedido nestes meses, pois algo xa lestedes e as complicacións son maiores das aquí expostas, iremos os días previos.

Semana da maratón, nada nervioso, pero si preocupado, ademais de complicarse como non podía ser doutro xeito. Laboral, familiar e fisicamente.
Dende martes con unha dor punzante que me atravesa todo o peito dereito, e na espalda me doe, sube a intensidade cada día
O venres aproveito para facer o mediodía 5k relaxados e recollo o dorsal os 20:15 no Verbum, con toda a familia.

O sábado me esperto as 07:00 gritando con unha dor inmensa punzante, tomo un ibuprofeno, pero resulta que por traballo teño que estar un par de horas centrado. Se complica todo, marchar a urxencias por unha espiña na gorxa da peque da casa, e fai que todo vaia a mais. Por sorte so un susto e puiden descansar dende as seis da tarde. Ibuprofeno para a zona da dor e calor con "almofadas de sementes". Xa sei que ata aquí pouco de atletismo, pero é o que sinto.
Deixei todo medio preparado, roupa, dorsal, zapas, xeles ...
Esperto 4:00, almorzo pasta con aceite e volto para a cama.
Sen decatarme paso do despertado e salto sobresaltado, son as 7:20, e quedei as 7:45. Todo sen preparar, e sen estar listo. Vivo a 7 min en coche menos mal, pero claro, non chego a foto do equipo.

Día D:
¿Sabedes aquel que di, que non estrenes nin probes nada nunha maratón?
Pois ise non son eu. Puxen tiritas nos pezóns (nunca o fixera), levei xeles en forma de gominola (me sentaron fatal todos os líquidos, así que estrenaba), e do almorzo xa falei. Ademais me tomei o venres e o sábado un sobres de glucosa, para evitar comer e estar empachado (comín moito igual). E claro os meus calcetíns de "stormtroopers" de rúa, que so puxen o día da tirada, e repito hoxe.
Non chego a foto, se me olvida o reflex no coche, e perdo a bolsa do gardarroupa que non me recollen. Da igual, consigo solventar todo.
Levo dende o xoves evitando falar da maratón, ir a Castrelos, pensar nel etc.. e conseguino.
Saúdos os amigos, se agradecen todos os ánimos e busco a Suso.
Como a maratón é algo especial, estreno look especial para este día, me apetece que sexa así, me apetece desfrutar.
Vou saír para intentar 2:59:59, pero fai días que me dixen que vou a desfrutalo aínda que non o consiga, non quero chegar a meta coa sensación de mal sabor, de chegar con mala cara. Chege como chege, vou chegar sorrindo.
Todo plantexado na miña cabeza: saída a 4:20, subidas a 4:25-4:30, baixadas 4:05-4:10, e todo o liso a 4:15, calculado para 2:59:59. Todo no papel moi bonito, pero non teño nin idea do que temos máis aló do km 31.
Saída, sen mirar o reloxo, e sen fixarme no globo, que xa nos pasa os 500m, pero nin caso, vamos falando saudando amigos que van correndo, os amigos que están en Samil e nos animan.
Miro para atrás por o km3, e perdín a Suso, vexo a uns 150m, me di que siga, non estou moi convencido, penso en esperalo, pero vexo que vai ben, e a verdade sei que vai con cabeza, e sobrado, así que como estamos indo a 4:20, pois non me preocupo. Paso o km5 en 21:26. Vamos uns cantos falando de que o globo vai moi rápido, que vai reventar a moitos. Eu miro para atrás e vexo que Suso segue a eses 150m. Vou sorrindo, falando, desfrutando, aplaudindo os espectadores e voluntarios e dando as grazas a todos. A subida de Coruxo/Mide a tomo con relax, desfruto falo, río, miro, sen decatarnos xa estou baixando, penso que Suso xa nos colle, pois sube mellor que min. Pasamos o km 10 (nese momento nin idea) en 42:51. Non miro o reloxo nin o ritmo, so dou o lap e digo o parcial. Me presento os meu acompañantes que seguimos dicindo que a lebre vai moi rápido, sobre o 11 xa nos colle Suso, e me conta o da caída dos xeles. Un pouco despois do xiro de Panxón tomo o meu primeiro xel/gominola, voltamos a subir, eu xa non son o único que vou dando palmas, falando e dando as grazas, xa somos dous o unirse Suso, levamos moi ben a subida, vamos falando. Chegamos o alto de Mide e toca baixada empinada, despois de un rato fala un deles que vamos moi rápido, eu digo que non, que vamos ben que temos que ir nas baixadas a 4:05, "Cuco" de Ribadavia di que lle mola que teña todo controlado, que lle parece ben, Suso nin mu, claro, xa falamos varias veces disto era o que habíamos acordado. O chegar o Vao, presento a "Cuco", "Suso" e "Aron", e nos contamos batallas, "Cuco ten en valencia 2:57, e non contaba en saír a por sub 3, pero tal como estamos indo se apunta. Por desgracia Aron, se queda atrás aló por o 24.
Chegamos a Samil, o xiro. Se ata aquí ía rindo, falando, saudando os voluntarios, aplaudindo, xa nin vos conto aquí. Vai subidón, aínda que non son moitos (para todos os que saían da media), deron máis ánimo que todos xuntos, me cansei de aplaudir, e falamos que ese momento foi todo un acerto. Suso se queixa antes do 22 di que se lle esta subindo o xemelgo, lle digo que pare e estire, pero xa había tomado a mesma decisión, e así o fai. A partir de aquí, marco parciais, pero sen presión ningunha. Pasamos a media en 1:29:08, máis rápido do esperado pois a baixada de mide fixo que eses km en chan saísen un pouco máis rápido.
Bebo un grolo de auga en todos os avituallamentos, Entre Suso, Cuco e Eu, nos pasamos e compartimos case sempre a botella, unhas veces o colle un, e o pasa os demais, así en todos. No 24 comezo a tomar meu segundo xel/gominola. Non recordo onde nos colle Suso, pero nos colle pronto, tardou poucos km, comenta que vai mal muscularmente, que de peito vai ben, pero lle vai custar. Aquí eu non digo nada, me obrigo a non dicilo, non quero dicir nada, estou xenial, e algo leve, non me mata ,pero levo dende o 17 con dor no piramidal e na fascia do xeonllo dereito que me acompañou por o menos que recorde ata o 33) . De alí a un rato, vexo o xemelgo de Suso, lévao mal, se nota o bulto, e así é, para a estirar.
Eu todo o rato miro para atrás cada 500m, o vexo preto nosa, non vou preocupado.
Os parciais na segunda baixada a Mide son o esperado, estamos indo a 4:08, pero imos recortando o globo. Sego desfrutando, saudando, animando a todos, bebendo nos avituallamentos sen fixarme tanto que cando me dou conta, vexo a marca do km32; nin me decatei, vou en territorio descoñecido. Saúdo e animo a todos os corredores que vou pasando, me preocupo por os que vexo mal e coñezo, e tamén por os que non, sempre aplaudindo e animando, e asegúrovos, sorrindo. Sen decatarnos na baixada de Praia América collemos o globo, esa baixada e tendida, Cuco segue comigo, Suso ben uns 150m atrás. Sae a 4, con "Jaime" o "pacemaker" que veu de Valladolid, e que a min non me caeu en gracia. Con el van un grupo de uns 20-25 corredores por o km 33, aproveito para saudar, coñezo a moitos, me meto no medio, saúdo, falo e dou ánimos.
Non sei como, sen pensalo, me fun do globo, sen intención ningunha (tiña pensado quedar ahi, pero na subida o polideportivo, xa os deixei atrás. Non fago caso, nin miro, e no xiro do pavillón, me freno, vou ben, pero non teño nin idea que é isto do maratón, e aínda falta 8km. Saúdo e aplaudo todos os paseantes, (poucos), e consigo que os devolvan incluso as señoras dos balcóns. Vou so, pasando corredores, e por suposto animando, vou sorrindo, desfrutando, pero con cautela. Avituallamento antes de Monte Lourido, aplaudo, saúdo, choco palma con Voluntarios, desfruto, desfruto.
Subo Monte Lourido con cautela, sigo aplaudindo e sacando aplausos, sego pasando corredores, vexo a Alex, andando e estirando, pregúntolle como está, e me di que mal, pero que vai ir trotando.
Se escoitan os gaiteiros, se desfrutan, e se da as gracias. No xiro de Monte Lourido vexo a un grupo de 5 corredores que van xuntos, dous do "Máis que auga", a un o coñezo, Marcos. Xiro e nos topamos con vento de Ramallosa. Me poño diante e se meten detrás miña, os 4, os 500m dous me adiantan, pero van lentos, e volto a adiantalos, non miro tempo, so vou ben. Un deles me pasa na ponte da Ramallosa, eu vou encantado ,e por suposto saudando, sobre todo onde había 2 ou tres mirando ou andando, eu dicíalles "veña que isto está en silencio", aplaudía e respondían todos amigablemente con ánimos e aplausos. Sen decatarme deixo atrás o rapaz, que me acababa de pasar, non teño nin idea a como vou, me da igual. Estou no km 40, e salvo hecatombe mundial dese famoso "muro", chego en sub 3. Quedan 2k, agora si, aplaudo a todo o mundo e lle pido ánimos, moitmos máis, os corredores que paso, sego animando e desfrutando. Chego a Gasolineira de Santa Marta, na entrada a 1k, e me digo: "fai 3 semanas chegastes andando a este punto dende Vigo, porque non podías correr", que distintas sensacións.
So desfruto, desfruto e desfruto, vexo a familia, e intento que miñas fillas entren comigo na meta, a maior me acompaña, estamos a 200m, e entro en meta feliz, contento, desfrutando, como fixen en todo momento da carreira. Pego un grito, levanto os brazos, salto, collo a miña filla en brazos. Abrazo a familia e amigos. Desfruto. Saúdo a todos os que entran en meta e felicítoos. Collo unha das moitas cervexas de "Coruña" que teño preparada para este intre, e lle meto un grolo. Chega Cuco en Sub 3.
E chega Suso, nos abrazamos, collo no colo, desfruto dun momento inmenso con el, e nos tomamos unha cervexa xuntos.

Pouco máis, decidín no ducharme, e quedarme a recibir, animar, felicitar e saudar a todos os amigos e coñecidos, e ofrecíalle cervexa por suposto.
Todos os do meu equipo Carma especialmente, e esperaba os meus amigos coruñeses, non so os do maratón, tamén pillei os da media.
Alí chegaron Angel, Laura, Xabi, FonVigo, Alfonso, Míllara, Pájaro, Pampín, Trécola, Xan, Chamorro, Montse.....
Aquí acaban as aventuras atléticas, pois co frío que pillei me fun a tomar cervexas cos de Melide, ata hora da comida, despois unha comida e un serán cos amigos.

Carreira na que maís disfrutei con diferencia, e ademáis das que saín a competir, tamén a que menos sufrín con diferencia (máis ben non sufrín nada). Paseino pipa e non sufrín, ¿que maís podo pedir?

Pouco que contar e resumir máis.
53 Entrenos antes da maratón dende o 3 de Xaneiro
934 km en Total,
Usei 3 pares de Zapatillas
, todas mesmo modelo e talla, pero distinto color. Brooks Ghost 11. Comecei por as verdes, que cando levaban 1000km, comprei as azuis, e cando levaban 600, comprei as mesmas en negro/vermello, e empezar a usalas, pois estas últimas ían acompañarme na maratón.

Tamén me acompañou un montón durante moitos km Suso, nas tiradas, e series difíciles, e en momentos de quedar para entrenar sen gañas, pero un tiraba por o outro. Suso non so foi un acompañante, non so foi un compañeiro, foi un amigo, un ánimo, un vento de aire fresco cos seus ánimos, a súa humildade, as súas boas palabras, os seun consellos, o seu saber estar...
Grazas, grazas os que ledes, os que comentades, e grazas a os que nos apoiastedes nese día, e grazas a Vig-Bay.
Non é habitual que eu engada fotos, pero esta vez a despedida o merece.






PD: 2:56:40
Se remata este diario, non o foro, por suposto, lle debo demasiado, grazas a él e a este deporte, teño novos e grandes amigos antes mentados, e outros sen mentar, que sen él non coñecería.


Última edición por sanmikel o Mér, 10 Abr 2019, 8:56; editado 2 veces
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 6:45
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Todo ese esfuerzo tuvo su merecida recompensa y tenía que acabar en esto. Grandiosa y perfecta maratón Oscar. Eres enorme. Enhorabuena. Tiempazo para una maratón como la Vig Bay.
Ron23

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/12
0 Carreiras
259 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 7:23
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Carreron o outro día e pedazo de crónica a de hoxe.
Parabens e a seguir disfrutando.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 7:56
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

ENORME ÓSCAR Aplauso Aplauso Aplauso
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 8:05
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Leyéndote (y antes viéndote tan sobrado en carrera) me viene a la memoria aquel disco de 7 Notas 7 Colores: Hecho, es fácil.

Y no, no es fácil. (*)

¡Enhorabuena, Óscar!

(*) Aunque todos sabíamos que el maratón no era rival para ti.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
matogrosso

Multimedia
Multimedia
24/07/09
101 Carreiras
1348 Mensaxes
Aquae Urente
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 10:17
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

sanmikel escribió:

..., grazas a él e a este deporte, teño novos e grandes amigos antes mentados, e outros sen mentar, que sen él non coñecería.


Mmmm, yo no estaría tan seguro. Después de tu debut del pasado domingo, me parece a mi que Kipchoge ha empezado a mirarte mal. Guiño

Homo homini gallicus canis
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 22:16
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

A la otra parte contratante... enhorabuena por el carrerón. Aplauso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 16:15
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Nin adestramentos, nin cervexas, nin caralladas. A clave foron os calcetíns de stormtroopers! A ver se aprendemos o resto e deixamos as tecnoloxías deportivas para pasarnos ás indumentarias das tropas imperiais. Tes moito que ensinarnos Sanmikel! Rezar

Agora falando en serio, e non é a primeira vez que cho digo, pero non quero deixar de pasarme polo teu diario. Noraboa por ser quen de debutar en maratón desta forma e, sobre todo, por disfrutala así. Grazas por invitarme hai semanas á subirme ao teu barco e poder acompañarte neste bonito final.
Grazas Óscar!
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 16:32
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

sonsuso escribió:
Grazas por invitarme á subirme ao teu barco



Cuidado con el mástil.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 18:54
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Enhorabuena, pedazo de debut en maratón, pese a todos los contratiempos.

Muy buena idea lo de llevarse las cervezas de verdad, que en los maratones siempre las dan sin. Bonitas fotos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos