Foros ›
V Romaría Vikinga 10K Catoira (31/3/2019)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
paidacana

Novo foreiro
Novo foreiro
18/06/18
206 Carreiras
46 Mensaxes
Santiago
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 19:30
Asunto: Re: V Romaría Vikinga 10K Catoira (31/3/2019)

Unha moi boa organización, un recorrido divertido e esixente e un ambientazo. Carreira do mellorziño. Noraboa aos organizadores.
VilalongaRunner

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/10
0 Carreiras
96 Mensaxes
Vilalonga
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 21:06
Asunto: Re: V Romaría Vikinga 10K Catoira (31/3/2019)

Noraboa unha edición máis, unha carreira magníficamente organizada e con moitos detalles bos que ogallá dure moitos anos máis. Gracias!
42195

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/12/05
0 Carreiras
288 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 04 Abr 2019, 12:57
Asunto: Re: V Romaría Vikinga 10K Catoira (31/3/2019)

Noraboa a organización.
Distancia da carreira? Algunha modificacion no percorrido ano anterior? Graciñas e ata o ano q ven!
VIKINGO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/10/13
10 Carreiras
118 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 05 Abr 2019, 16:38
Asunto: Re: V Romaría Vikinga 10K Catoira (31/3/2019)

¡¡MOITAS GRACIAS A TOD@s¡¡
Boas noites vikingxs.
Para dar por rematada esta V #rvcatoira10k19 queremos agradecervos a tódol@s participantes a vosa compañía e esperamos que o pasarades ben e disfrutárades dun bo día de deporte no noso pobo, Concello de Catoira.
Dende a organización queremos enviarlle moitos parabens a cada un dos 37 voluntari@s que traballaron arreo durante os días previos, e o mesmo día da proba, embolsando, señalizando, cubrindo cada un dos servizos da nosa carreira.
No apartado da seguridade do circuito, contamos cos mellores, Vikinbike Catoira que un ano mais cubriron tódolos cruces a fume de carozo, sempre amables e á nosa disposición para o que faga falta. Tamén agrader a tódolos membros de protección civil de outros concellos que arrimaron o ombreiro para apoiar no dispositivo á nosa, con Pedro e Lupe o frente.
#SENVOSNONSERIAPOSIBLE #MOITASGRAZASATODXS
Gracia a todos as empresas e institucións que colaboraron un ano máis. Deputación Pontevedra Friscos Leite Larsa AFYT Asesores Supermercados Dia MercaMas Pontevedra NutriSport @lamarca Grupo Junquera
Tamén queremos agradecer do bo facer das empresas que prestaron os seus servizos a esta carreira. Difusion ProSport no apartado de Planificación, organización, deseño, difusión e fotografía. EME Sports no apartado de estructura e cronometraxe e Quadra Producións por facernos uns videos tan espectaculares todos estes anos.
Este ano queremos un agradecimiento especial, por todo o esforzo e horas en vela que pasou nas últimas semanas a Salva, Concelleiro de Deportes, que liderou este proxecto e traballou para el como ninguén.
Sabemos que cometemos numerosos erros, pero seguiremos traballando para poder mellorar. Non sabemos si a carreira seguirá para o 2020, pero o que si sabemos e que con cada un de vós e todo máis fácil.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos