Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 28 Mar 2019, 22:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Graciñas polos ánimos 101. E despois de todo o que contas , ata soa premonitorio e todo, a ver se desta volta cando eu entre en meta en Baiona sexa Corrín a que comece o exame que lle vai dar o aprobado.

De momento aínda quedan 10 días, e polo medio un plan semanal que cumplir. Tal e como temía, a tarde do mércores tiven que pasala de acompañante de consulta. Hoxe logrei facer o entreno programado, pero ás 19:15 despois de moito adialo por temas domésticos... e mellor así, con 19 graos en vez de 25, e o plus do solpor no Morrazo visto desde o alto da Encarnación. Os ritmos non baixaron de 5:45 , pero polo menos a tranquilidade de non ter molestias especiais no lombo ou nos isquios (non as tiña todas conmigo despois de todo o esforzo de levantamento de peso da tarde anterior).
Para poder seguir co plan , mañá toca facer o xantar nalgunha pausa do traballo e saír directa de alí para o ximnasio e estar ás 15:15. E a partir de aí descansar o que se poida para domingo (un decir, pois os meus sábados de coidadora titular teñen de todo menos descanso, pero é o que hai)

Finalmente en Catoira logrouse un cupo decente de inscripcións, cousa da que me alegro, pensei que co cambio de data iba a afectar máis. O que xa non me alegra tanto son as porcentaxes. 272 persoas na carreira absoluta e só somos 36 mulleres en total , moitos 8M teñen que pasar por riba de nos aínda.Case quedan mellor as porcentaxes na franxa de superveteranos. 32 persoas en total, e 6 mulleres, o que non cae tan por debaixo do 20%... E desas 6 mulleres, 4 son de moito nivel, como Celina, do Moraña+9. Seguro que haberá un interesante duelo entre as catro, que evidentemente non poderei ver desde o furgón de cola. Non se pode estar a todo .
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 29 Mar 2019, 16:17
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O tema das porcentaxes de mulleres e homes que fan deporte é algo moi interesante. Se cada un de nós mira no seu entorno, normalmente son os homes quen teñen máis contacto co deporte que as mulleres. E non é cuestión de que se lle dé mellor ou peor en base a cuestións fisiolóxicas, senón por afección, e aí non debería haber diferencia a priori. Penso que é unha cuestión social. Nótoo tamén na xente nova, pero con menos diferencia, polo que me da sensación de que a medida que pasan os anos intensifícanse eses roles. Ao final creo que isto se trata de entender que o cambio social vai moito máis alá do ABC, que serían as desigualdades laborais, as actitudes individuais explícitas e a violencia de xénero; e ese é o gran reto.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 29 Mar 2019, 17:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Corredor y Alicia...a ver si es verdad y nos sale bien a las 2.yo después del examen prometo intentar volver al redil poco a poco(que ya no se correr ..)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 31 Mar 2019, 22:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " V Carreira Romería Vikinga de Catoira"

De entrada a xornada de hoxe ía ser un entreno máis da cara a cita do domingo día 7.
Pero un entreno especial, cuns cantos extras substanciosos. O primeiro deles, sacar a Carmafoto con Enrique. Entre o despiste que levo habitualmente, e o ambientazo que había na liña de saída, casi non o localizo. Menos mal que él a min si.
Outro dos extras é a oportunidade de volver a saúdar efusivamente unha vez no ano a antigos compañeiros e compañeiras de aula da EXB, ou da pista da discoteca Maty de Cesures (segundo a década que se consulte nos arquivos). Algunhas desas persoas na organización, outras engrosando as filas dos superveteranos.
E a carreira en si mesma é un extra tamén, polo ambiente, a organización, os lugares do percorrido.
Sí que se botaban a faltar os habituais doutras veces (Sanmikel, Amina, Litho, Doutor ou Montse, Pequeña Criatura). Había por alí algunhas persoas coa camisola do Moraña+9, pero non estaban Celina e Manolo, que nas listaxes figuraban como inscritos.
Polo demáis, todo ía indo sobre o previsto: Uns 20 minutos quentando, unha tandiña corta de estiramentos, a primeira gominola antes da saída. Cando me fixei na man esquerda vin que o Garmin tiña rotos tres remendos da correa, dos seis ou sete que lle tiven que meter ultimamente, pero non tiña peto de sobra onde gardalo, e decidín tentar á sorte, confiando en que aguantase ata o final da carreira.
De contado sonou o toque de saída. Por alí no medio andaban algunhas con pinta clara de superveteranas curtidas. Non son das que memorizan nomes nin dorsais, ademáis xa tiña claro que co meu estado de forma calquera delas iría máis rápido. Máis de duascentas persoas, cada unha coa súa carreira distinta e eu coa miña... O que non foi impedimento para que me chamase a atención unha superveterana en particular , de camisola branca e pelo curto e compañeiro de equipo ó seu carón facendo de lebre e pendente en todo momento dos seus ritmos. Rebaseinos sen demasiado problema antes de chegar ó campo de fútbol das Lombas, pero cando comezou a baixada cara a Avenida volvéronme a pasar. Seguro que iamos estar facendo a goma elástica toda a carreira.
Estabamos xa no km 3, antes do cruce de Santabaia, e o Garmin caeu ó chan coa correa definitivamente desintegrada. Freada e recuada para collelo coa man esquerda. E din por aí que a boa técnica de carreira é correr coas mans medio abertas coma se foses collendo un ovo en cada unha. Pois alguén debeu botarme hoxe o meigallo para ter que facer técnica de carreira durante 7 km. En fin, que lle iamos facer. E non había tempo para lamentacións porque xa estaba alí diante a primeira costa difícil. Certo que hainas máis empinadas en Teis, pero esta fai un xiro á esquerda e hai que dosificar.
E desta vez fun eu a que dosificou mellor, e alí quedaron definitivamente atrás a corredora da camisola branca e a súa lebre, e algunha persoa máis.
Cortísimo se me estaba a facer todo desta volta. A partir dese momento vinme como en terra de ninguén, correndo soa, cómoda, os máis lentos bastante atrás, os más rápidos aínda demasiado adiante.
E xa de contado o km 5 por Viladesuso, segunda gominola e a botella de auga (que esta vez acertei a encestar correctamente nas redes da cuneta).
Tramos doados e en costa baixo, pero aínda quedaba subir a ponte da vía do tren cara as Torres, tramo de doble sentido onde os galgos xa viñan de volta cos deberes feitos. E algún saúdaba e dábame ánimos, como se fose raro cruzarse cunha supervetarana nese tramo... Entón encendeuse unha luz pequeniña no meu cerebro, e mentras corría cara as Torres comecei a contar cantas mulleres ían vindo de volta e a posible categoría. Animada polo barullo da batucada dos da Caña cheguei á conclusión que debía de estar de 15 de 36 na xeral feminina, algo bastante aceptable para o meu estado de forma actual. E a seguinte conclusión foi que mellor que me deixase de pensar en nada, porque aínda tocaba volver a subir a ponte da vía do tren e chegar a meta e manter os folgos. Terceira gominola, e por fin ó ter o peto vacío puiden gardar o Garmin e correr xa máis libremente.
Cando por fin pasei polo arco de meta o cronómetro marcaba 54:14, só un chisquiño mellor que na San Martiño. Certo que non me desfondei a correr, pero aínda que quixera creo que o corpo tampouco me daría para máis ritmo. Iso sí, era un ritmo "crucero", quen me dera ter esa mesma sensación a semana que ven.
Devolvín o chip e funme cambiar, e pasei logo polo auditorio a ver os resultados. Non estaban impresos, nin tampouco accesibles nese momento na web. Non marchei, e fun sentar. 54:14 non é tempo para facer podium nesta carreira, pero algo me daba no corpo, e só había un xeito de saír de dúbidas.
Despois de pasalo ben un cacho disfrutando coas cariñas inocentes de pitufos e pitufas subindo ó podium, por fin chegou o momento das categorías da proba absoluta. Comezaron precisamente polas superveteranas, e aínda seguía sen crelo de todo cando escoitei o meu nome como terceira clasificada... Está claro que hai que ser sempre optimistas, e que a camiseta negra do Trigal debe de ter superpoderes.
Se isto ía ser un ensaio para a semana que ven, as cousas non poderían pintar mellor... Iso si, o Garmin creo que vai quedar na casa ata que se me ocurra algún amaño máis definitivo para a correa, 21 km cargando con el na man poden facerse interminables.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 9:27
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa por ese novo podio. Menuda inxección de moral de cara ó domingo! Agora cabeciña a chegar descansada. Ánimo!
PequeñaCriatura

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/10/12
0 Carreiras
975 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 10:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Enhorabuena Alicia!
Estoy un poquito desconectada de las carreras últimamente, y me muevo poco de mi zona de influencia...vamos, que no ando fina, (ya no lo anduve nunca... Ríndose ) Ahora mismo los 10km se me hacen muuuy largos...

A ver si ahora en verano, tengo más tiempo, y más ganas y me animo a salir fuera de la "comarca", como el Hobbit.

Me alegro de que tú no pierdas las ganas, y ahí se ven los frutos Molón

Un biquiño.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 10:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ya te vi en el podium ya que está la foto en el Facebook de la carrera.muy bien a mí me gustan los cascos que dan a los primeros clasificados ,son chulos
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
2219 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 11:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

brava!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4686 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 11:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Alicia,espero verte pronto,eres un ejemplo,lo digo siempre Aplauso Aplauso Aplauso
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 11:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Felicidades Meigalicix!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 13:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Crónicas da favela: " V Carreira Romería Vikinga de Catoira"

Cando por fin pasei polo arco de meta o cronómetro marcaba 54:14, só un chisquiño mellor que na San Martiño. Certo que non me desfondei a correr, pero aínda que quixera creo que o corpo tampouco me daría para máis ritmo. Iso sí, era un ritmo "crucero", quen me dera ter esa mesma sensación a semana que ven.


Ese resumen perfecto de lo que es una carrera bien regulada Meiga. Un ritmo buenísimo y mantenido. Ahí estás. Noraboa.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 19:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Meiga. Ya le estás cogiendo el gustillo a eso de los podios. Y el domingo a rematar la faena. Como dicen los profesionales, te pilla en "el pico de forma".
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 20:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grande Meiga!!!! Noraboa! Non só polo podium, que non depende só de ti, senón pola constancia e esforzo! Un exemplo como di Lihto!
Unha aperta moi grande Aplauso
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 21:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Felicidades! Y menos mal que ibas en "modo entreno"... Sorriso
A seguir disfrutando
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Mar, 02 Abr 2019, 18:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Meigalicix por ese pódium de Catoira. En muy contadas ocasiones se puede tener una alegría tan grande por que te pongan los cuernos. Mr. Green
Ya en serio, es evidente que estás en plena forma. Ahora todo ese fervor vikingo ha de servirte para aterrorizar a todas tus archirrivales de la Vig-Bay. Bailar

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos