Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 17 Mar 2019, 22:31
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Creía que está semán ía ser mellor, pero primo irmán da anterior.
Luns 11, nada.
Martes 12, nada.
Mércores 13, nada
Xoves 14, saquei tempo e onde puiden, e o final fun a castrelos.
4.5km de quecemento
Era para facer 10x1k, pero entre tempo e malas sensación quedaron en 7, que estiveron a punto de ser 6:
Con 1m de recuperación: 3:45 3:42 3:40 3:40 3:29 3:30 3:29, me costaron bastante, perdín forma, xa o tiña claro.
1k a 4:15 e 0.5 de recuperación

Venres 15, Castrelos, quería facer km, e se xuntou a sorte, con uns compañeiros do Adn, Carlos Adán e Victor do Carma.
O final 22k empezando a 4:40 e rematando a 4:11.

Sábado 16, me obliguei a ir a Castrelos, e a mañan fixen 5k a 5:10, costandome un montón.

Domingo 17, Carreira de Porriño.
Me inscribín sen ter claro se ía ir, era iso ou unha rodaxe.
O final saíron 8.5km previos, algúns co cronista deste foro Andres, a un ritmo moi cómodo, sobre 5:00 o principio e sobre 5:40 o final.
Despois da saída retrasada, e sendo a primeira vez, onde houbo pitos e abucheos na saída. Con 30 minutos de retraso.
Intención de ir a 3:45 e despois ver.
1km 3:39 2k: 3:42 3k 3:51 4k 3:44 5k 3:54, (18:51). Este km foi a perdición, non sei que pasou, pois forzas tiña, apretei e intentar ir todos sobre 3:40-42.
6k 3:37 7k 3:38 8k 3:45 9k 3:40 10k 3:38, para un total de 18:18

O final non fixen marca, me quedei a 11 segundos. Un pouco mal xestionado no primer 5k, despois fixen boa carreira, sempre a ritmo, ainda que non recordaba tan durilla a subida do 4 o 5k, debe ser que ía xa algo xusto.
Recollo fruta e agua, troto 0.5k e marcho.

A semán remata con 59km.
A semán salveina, pero os obxetivos e os tempos xa non son tan claros, perdín forma e se nota nas pulsacións e nas pernas, os cuadriceps pesas, veremos pero non as teño todas conmigo.
Esta semán me gustaría facer unha tirada longa de uns 30k antes do venres, veremos se podo e dou, a data xa está moi preto.
Seguiremos contado cando se poida..
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5630 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 17 Mar 2019, 22:36
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

sanmikel escribió:
creía que ía sobrado para facer 21k a 4:00, e fun en xaxún.

Tas tolo, pero moi tolo Abraiado as influencias de Gefreiter son moi perigosas Avergonzado Guiño
Animo pois, boa carreira hoxe, quedar a segundos dunha mmp sempre e boa carreira.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1339 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 18 Mar 2019, 11:34
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Buena carrera en Porriño. Como dice yomismo quedarse cerca de la marca es estar ahí. Unos días y ya estás bien. Lo que cuentas a todos nos pasa. Yo paré una semana por un gripazo y ando también cogiendo ritmo otra vez. Y me cuesta un montón. Este fin de semana para cumplir me costó pero mucho. Vaaamos que estamos ahi.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 10:25
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Boas, aquí voltamos un pouco por riba. O de xaxún me mola facelo, me gusta, pero me da que esa vez foi unha mala elección derivado de un queren entrenar e mellorar o perdido, e as tolerías se pagan.
Estou preto da marca, teño claro, non é obxetivo Fran, por o demáis xa nesta tempada 18-19, xa levo dou obxetivos de 3, baixar en Media e en 10k, so me falta o Maratón.

Luns 18 de marzo, partidillo de relax por cumplir en fútbol sala, 60 min.
Martes 19 de marzo, nada.
Mércores 20 de marzo, 5k a 4:15, e a miña última pachanga antes da Vig-bay, 60 min.
Xoves 21 de marzo, Castrelos con Xan, rodaxe de 96minutos comezando a 4:45 e rantando a 4:30, 19.5km
Venres 22 de marzo, Castrelos 73 minutos, 19k, comezando a 4:40 e rematando a 4:00, en progresión
Sábado 23 de marzo, nada
Domingo 24 de marzo, Test con Suso por o circuíto da Vig-Bay. Empezamos no km1, e fixemos ata o km 27, e despois de volta a Samil. Para rematar con 31km, é un circuíto case idéntico o que nos vamos topar.
Saimos cedo as 8:30 para rematar sobre as 11, e evitar a calor que fixo. Levamos auga e xeles. Eu moi ben, empezamos a 4:40 pero en nada xa nos puxemos sobre 4:30-4:20, coas subidas e todo, e nas baixadas con cabeza.
Eu quería na parte final controlar as pulsación para evitar non pasar de 165, pero entre a calor, e que nos puxemos un rato a 4:00, foi case imposible, facendo os últimos 3km en pulsacións de 166-170, e non apretando.
Suso unha pasada ía silvando (literal), xogando co aire e as mans nas baixadas, e nas subidas me sacaba rato e esperaba por min. Eu quería facer algo tipo a maratón e non quería apretar.
O final foron 31k a 4:30. Con una chea de coñecidos e descoñecidos entrenado por esta carretera, saúdando, dando ánimos e desfrutando de ver a tanta xente correndo. Non sei, pero seguro que moitas carreiras non chegan o número de corredores que estaban entrenando o domingo a Vig-Bay.
Pulsación medias 151, Máximas 170.

A semán remata con 74km e 4 saídas.

Rematou o fútbol sala ata despois da Vig-bay.


Última edición por sanmikel o Lun, 25 Mar 2019, 11:57; editado 2 veces
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 10:50
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

sanmikel escribió:

Rematou o fútbol sala ata despois da Vig-bay.

Deberías considerar facer a maratón levando un balón de futsal cos pes. O adestramento o tes para semellante proeza Silbar

Xa fora bromas, o tedes chupado! Forza!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 29 Mar 2019, 11:47
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Que graza me fixo Andrés, medicinal non sei, pero un de fútbol si que molaría, se non molestases a ningún..
Parece que o final se comprica todo, e cando un quere non pode.
Luns 25, descanso.
Martes 26, descanso
Mércores 27, Fun como puiden sacando un oco as 14:30 a castrelos, e intentei facer o test de gavela.
3km de quecemento ata castrelos, a 4:40
6km a 4:09 de media, descanso de 90s, e despois de 3k a 3:45 e case afogado abandonei.
Facía calor, ía moi mal de peito, parecía que non podía, Tiña a cabeza en voltar a traballar, e deixeino.
Volta a casa 3km,
Xoves 28 nada, ia ir correr, e me topei co traballo, o final descanso.
Hoxe salgo, salvo hecatombe mundial, entre 15k e 18k, a ver que sucede.

Que mal levo estás úlitmas 4 semáns...
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Ven, 29 Mar 2019, 11:51
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

runandjumpblog.wordpre...n-records/

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 29 Mar 2019, 12:46
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Que mal levas as últimas catro semanas... Pero vaia fondo e ritmillo tes (mírese a tirada do domingo) e como vas chegar de descansado!

Cumplindo o plan durante 14 semanas estás para facer menos de 3h sen problema, mesmo nun percorrido como a VigBay. Sempre está o marxe de erro de como responderá o corpo nos quilómetros finais, máis cando é a primeira vez, pero iso é inevitable. Do que ti podes controlar, que son os adestramentos, cumplindo esas 14 semanas non terías problema ningún. Estas 4 semanas fan que non poidas ser tan ambicioso, pero que chegues moito máis descansado e fresco. Polo que para o obxectivo de baixar de 3h pode que ata sexa mellor. Así que non hai que darlle máis voltas! Por sorte o día a día é moito máis que preparar unha maratón, malo sería que tivésemos tanto tempo libre jejej

O dito, unha aperta moi grande e moito ánimo!
O 7 de abril vai tocar disfrutar Guiño
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 29 Mar 2019, 16:22
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Que bo Dani, nin mo imaxinara, pero existe de todo na viña...
Grazas por os ánimos Suso, pero so ler o teu test e para votar a chorar...
Pensemos na cachola..
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
377 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 16:35
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Non te queixes tanto que telo "chupao" tiña ganas de veros salir os da maratón, pero estoulle dando voltas, vos saides as 8,15 e nos as 11, que fago nesas tres horas? De calquer maneira espero verte en Baiona!

O último tuercebotas/ Ad Cerne
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
498 Carreiras
5895 Mensaxes
O Xibao, Tomiño
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 16:40
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

xb74 escribió:
Non te queixes tanto que telo "chupao" tiña ganas de veros salir os da maratón, pero estoulle dando voltas, vos saides as 8,15 e nos as 11, que fago nesas tres horas? De calquer maneira espero verte en Baiona!

En poco más de media hora ya vuelven los primeros, no creo que nos aburramos. Cafés por aquí y por allí y aplausos. Yo sí voy a estar.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 16:55
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Oiga, que non vos vades aburrir.
Saída 08:15, 5km por Samil ata marchar dirreción o Vao, é decir a meu ritmo, ata as 8:35-8:40 por Samil.
As 9:44-9:47 como máis tardar deberíamos estar pasando por preto do macdonals.
Esta vez en vez de buscar cafetería diante da saída da Vig-bay me da que vai ter que ser máis para adiante.
Eu alí estarei, ou iso espero.. E serán moi agradecidos os ánimos e os aprausos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 17:13
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Aproveitamos para actualizar:
Venres 29, Castrelos. 2.5km ata castrelos, 12k con Fonvigo e Juan, por castrelos, eu arrastrándome e costándome un montón, 5:00 a 4:30, despois 2km de volta, sufrindo a verdade.
Sábado 30, saída a correr, é os 300metros din volta, non me apetecía e nin trotando me apeteceu. Estaba anotado a noite para a nocturna de nigrán, e nin parecín por alí.
Domingo 31, estaba anotado na V edición de Érguete, pero sen gañas, so para ver se non me ve olvidara correr a ritmos de menos de 4. A verdade e que nin puxen o desperatador, se non ía non me importaba, xa saería trotar.
O final cheguei. Fixen 1.5k previos. Saída lenta, onde nin os galgos tiraban, pero decedín ir tranquilo, iso conlevou ir so a primeira volta completa, e tamén a segunda. Na cal despois do paso por meta, apretei un pouco e xa pasei a dous corredores os 500m, sen nen sequera xuntarse conmigo. E me relaxei xa nos úlitmos 500m. Entrando en 10ª de 172 posición con 37:45, é un circuíto ben medido e con moitísimos xiros. A segunda volta uns 45s menos que a primeira.
Me quedi a facer 2.5km máis, e o final entre pitos e frautas apareceu a clasificación, Terceirode categoría. Me quedei tomando unha cervexa con "nuruwe", subida o podium e volta pa casa.
Despois da sobresa, sego con poucas gañas, o corpo teño mallado e a cabeza sen gañas de sair a correr.
A semán remata con 45 km e sen gañas de correr.

pd: se me olvidaba o mes remata con 268 km (a verdade e como no sei como fixen tantos), é con moitas poucas gañas de correr, co corpo canso, e con sensación de estar fora de forma.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 19:07
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Imos ter que poñerte a Sonsuso diante facendo o avión para motivarte : -)
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 01 Abr 2019, 20:37
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Non faremos o avión, iremos como avións! jejej

Agora en serio Óscar, a cabeza importa moito. Xa o viches na tirada de 31 km, íamos con outro chip e moi cómodos. Nin nos enteramos. O domingo será igual. O domingo esquecerémonos de todo durante unhas horas e só teremos que preocuparnos de non ir demasiado rápido, de aguantarnos as ganas de romper o crono. Ir como formiguiñas e disfrutando de todo o que haberá ao noso redor. O resto sairá solo. A cabeza importa moito máis do que pensamos. Así que non te preocupes, que o domingo vai ser un gran día como di a canción. A partir do trinta e pico haberá que ver como imos e xestionar, pero ganiñas e motivación vai haber dabondo Guiño
Unha aperta moi grande!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos