Foros ›
Autor
Mensaxe
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1255 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 17 Xan 2018, 21:23
Asunto: Re: Diario de eumealto

Proba a bailar unha muiñeira, ja ja ja...
Que te mellores pronto, pero non teñas presa.
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
460 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 07 Feb 2018, 9:54
Asunto: Re: Diario de eumealto

Bueno pois penso que o tema do esguince pasou á historia pois xa levo 4 saídas sen molestias, e teño a "alta" da fisio. Eso sí, ontes estiven a punto de ter un problema serio, xa que iba a facer unha tirada de 10 kms a iso das 20:30 e como non chovía nen nevaba, únicamente facía frío, iba sair con camiseta, chaleco e manguitos, Abraiado menos mal que estes me quedaron na casa e no seu lugar puxen un cortaventos que levaba na mochila, e digo isto porque a falta de 6 kms comezou primeiro a chover e logo a nevar forte, co cal primeiro me calei ate os osos e logo a sentir bastante frío, aparte da molestia de que che bata toda a neve na cara. Ademáis o medo a lesionarme e ter que parar e atoparme a varios kms do coche, de noite, nevando, empapado e conxelado. Muerto Menos mal que puden acabar sen incidencias, e o mellor de todo, a media hora ou por ahí que me pasei despois debaixo da ducha. Satisfecho
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
69 Carreiras
846 Mensaxes
Valdoviño & Laxe
Respostar citando Envío Mér, 07 Feb 2018, 20:23
Asunto: Re: Diario de eumealto

Cuando vi ese entreno en strava, a esas horas y en esa zona de Galicia ya me pareció que era algo épico cuando menos. Mr. Green
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
460 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mér, 07 Feb 2018, 21:42
Asunto: Re: Diario de eumealto

beuckelssen escribió:
Cuando vi ese entreno en strava, a esas horas y en esa zona de Galicia ya me pareció que era algo épico cuando menos. Mr. Green

Jejejeje, gustaríame oir os comentarios dos ocupantes dos (poucos) coches cos que me crucei ó atoparse de frente cun "toliño" correndo de noite pechada, por una carretera solitaria en medio dunha nevada. Mr. Green
eumealto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
11/02/14
12 Carreiras
460 Mensaxes
Muras
Respostar citando Envío Mar, 12 Mar 2019, 19:43
Asunto: Re: Diario de eumealto

Domingo 10/03/2019

Trail Montes de Couzadoiro (12kms, 800m desnivel positivo)

Este foi o meu primeiro trail "cronometrado" (solo participara antes no trail das bestas en Muras na modalidade de andaina) e a decir verdade sentinme un tanto "perdido": Primeiros 3 kms todo subida por camiños con pedras de pizarra moi esbaradizas cos xemelgos cargados dende o comezo, fago case todo este tramo andando, pero comprobo asombrado cómo me adianta unha pila de xente inda que tamén sube andando. Cando remata a subida e se pode correr algo, recupero algúns postos, e tamén adiando a máis xente na baixada que viña a continuación. Logo outra subida onde volvo a perder posicións, saimos a unha pista onde volvo a coller ritmo correndo e podo volver a adiantar e de repente e sen previo aviso, logo dun xiro a 90º á esquerda, aparece ante min o "inferno" en forma de pendente que parece case vertical que me obriga a avanzar por veces a "catro patas" e donde xa me descolgo definitivamente da xente que iba preto de min. Cando acaba este tramo infernal non acaba inda ahí a festa xa que a subida continúa case 2 kms ate o pico máis alto. cando por fin fago cima e penso que costa abaixo vou recuperar, faiseme imposible polo empinado e irregular da baixada, e non me atrevo a pillar velocidade. Saímos a outra pista onde si que se pode correr pero antes de poder "saborear" o correr medianamemte cómodo, outra vez nos metemos por un camiño estreito empinado, con pedras molladas e xa decido poñerme en "modo seguro" ante o risco de deixarme ahí un ou os dous nocellos. O último km e medio xa pola veira do río o polo asfalto antes da meta podo correr pero comprobo que vou sen pernas: Unha extraña sensación de debilidade que nunca sentira nunha proba de asfalto.
En definitiva: Non estou preparado ainda para correr un Trail, polo menos tan duro coma este non en distancia pero sí en perfil, e tocará traballar máis e facer entrenamentos específicos se quero tirarme ó monte e desfrutar un mínimo da experiencia.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
403 Carreiras
3640 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 12 Mar 2019, 21:51
Asunto: Re: Diario de eumealto

Gracias por la crónica.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos