Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Foros de debate / Diarios de adestramento
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2596 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 9:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Unha semana máis instalada na incertidume.
Rematou a semana pasada coas 3 saídas reglamentarias pero sen sesión de ximnasio.
Esta semana tocou traballar a posición estática o luns (pola mañá cociñando orellas e pola tarde filloas).
O martes estaba programada unha saída de 9 km pero houbo que substitutila facendo de acompañante xeriátrica no centro de saúde.
Onte mércores sesión doble: Pola mañá repaso na fisio, que me dou a alegría de comunicar que andaba todo bastante ben colocado para ser eu. Pola tarde sesión de ximnasio con Jota, tanda de exercicios sinxelos pero torturantes, e un plus inesperado de estiramentos no que me foi introducindo na técnica do uso do "rulo" , un efectivo instrumento de tortura que descubre nudos e durezas nos muslos alí onde unha pensaba que non había nada. Igual acabo mercando un.
A semana queda abocada a rematar baixa de kilómetros., pero polo menos airear as zapatillas 3 veces, que é o mínimo establecido:
Mañá venres tirada de 9 km de mañá cedo
Sábado 9 : 5k na contrarreloxo por equipos
Domingo 10: tirada de 9 km ó mediodía

Nin idea de que fondo de armario nin que reserva de gasolina vou conseguir de cara ó 7 de abril, pero mellor que o ano pasado vai ter que ser (polo menos desta volta non irei lesionada do isquio esquerdo ni con bochas no pe dereito)... pero quedan só 30 días. Hai que espabilar
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2596 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2019, 19:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " 6ª Contrarreloj por equipos"

Esta semana tiña que ser de 27 km, que reorganicei para que fosen 23, e ó final se quedaron só en 5 km , iso sí , unha única rodada , curta , pero de moita calidade.

As cousas son como son. Hai xusto un ano, antes da lesión, os ritmos eran 4:55 para carreiras de 5 km ou menos, 5:10 para 10 km e 5:25 para media maratón. Despois da lesión foi como volver desde cero, movéndome nos ritmos que facía no 2011, cando aínda levaba menos de un ano correndo.

Por iso lograr manter onte un ritmo medio de 5:10 durante os 5 km do percorrido foi todo un logro atlético. Pero esa "calidade" atlética tería sido imposible de lograr se non fose pola calidade humana do CARMA Mixto 2 .

Paga a pena explicar que este ano non eramos mulleres de abondo para facer un equipo CARMA feminino, e as dúas persoas que estabamos dispostas a anotarnos tiñamos un ritmo máis lento que os dos outros equipos xa montados. Se cadra noutro club deixaríannos ser o paquete de cola descolgado , o que queda a atrás e non importa que non puntúe porque xa entraron diante as seis persoas necesarias para dar o crono... Pero no CARMA o que importan son as persoas máis que as marcas, e así foi como se organizou o CARMA Mixto 2, con Beauveais, JAGC , McLego, franoterosal, Miguel, ANPABAL, Maikel, para facer de motor de reserva, cortaventos e o que fixera falta para que Elisa mais en poidesemos participar e rendir. E a bofe que o conseguiron, pois o plan inicial era ir a 5:30 e rematar en 27:30 minutos, e ben que logramos en piña rebaixar a esa marca. Unha vez máis, o meu agradecemento a todas e cada unha das persoas do equipo, do clube, por ese espíritu CARMA.
Hoxe decidin parar. A veces o mellor entreno é o descanso, e nesta temporada levo moito déficit de sono que hai que resarcir.
A partir de mañá xa lle meteremos máis volume


Última edición por Meigalicix o Mar, 12 Mar 2019, 6:58; editado 3 veces
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
7669 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 11 Mar 2019, 13:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Carrerón Meigalicix!!!! ¡Espíritu CARMA sempre!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2596 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 12 Mar 2019, 17:39
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A vida sigue.
Onte sesión de ximnasio con Jota. Ademais da caña fisica habitual tamén tocou sesión de caña a nivel mental : " Tes as pernas igual de fortes que antes da lesión , e se non das máis sobre o asfalto será por ir frouxa de caixa. Asi que busca un sitio plano e dalle ritmo a tope" ... Esa é a cuestión, onde atopar un sitio plano en Teis...
En calquera caso queda menos de un mes e non hai tempo para experimentos.
Hoxe sain cedo do traballo e fixen a primeira saida da semana . Boas sensacions despois dos estiramentoa de onte. Un bonito crono de 49:28 minutos e un ritmo de 5:27. Seria estupendo poder repetir ese 1:52:12 do 2017, pero creo que o obxectivo realista para esta edicion vai ser 1:55:00 ou algo que se imite
Pero tampouco paga moito a pena facer moitos calculos. Iremos vendo
E por ir vendo, de cando en vez vou pola paxina de Emesports a ver como vai o da Carreira de Catoira. Ata agora só eu nas superveteranas, de seguir asi van meterme no mesmo saco que as mociñas de 45 anos.
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2775 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Mar 2019, 19:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
as mociñas de 45 anos.

Eso para mis 45 años es un subidón Meiga. Ainda son mociña.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2596 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 18 Mar 2019, 0:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Di o refrán que a sardiña canto mais pequena mais xeitosiña... Non sei ata que punto pode aplicarse iso ós entrenos cando faltan 15 días para unha carreira.
Remata a semana sen ter feito os exercicios de reforzo de glúteos nin un día, e estirando decentemente só o luns no ximnasio. Polo menos sí que fixen 3 saídas, o sábado con ritmo algo frouxo, e este domingo, como quedei durmida so tiven media hora dispoñible e tocou acortar o tempo da sesión.
Podía ter ido polo circuito curto da Guía , ou o das Catro Pontes , pero as palabras de Jota no ximnasio acabaron por picarme, e decidin gastar esa media hora dispoñible no único lugar plano preto de casa: o tramo de paseo da ETEA xunto á pista de patinaxe. Unha "pecera " máis para a lista, xa que non terá mais de 200 metros de longo.
Total que a sesión comezou con trote lento desde casa, pola Avenida da Marina Española e Ríos, ben mollada pola poalla que caia ás 8 da mañá. Por non matarme a facer máis cálculos, decidin que o práctico era correr l10 microseries: os 200 metros de ida acelerando e os 200 de volta recuperando . Nin conectei o Garmin, poucos logros habería para rexistrar. Na última serie fixen a ida e volta acelerando , e xa o camiño de regreso pola Avenida da Mariña Española modo costa arriba, cousa un tanto suicida pero era o camiño mais curto.
O piramidal dereito dando avisos todo o tempo, imaxino que por non ter reforzado, e por todo o que teño mazado o corpo esta semana a nivel doméstico. Para amolar máis e mellor, despois de media hora correndo cos pes mollados e as unllas sen repasar, acabei cunha bocha nun dos dedos do pé esquerdo. Coma se fose a pantasma das Navidades pasadas, recordándome o que xa me pasou por dúas veces camiño de Baiona facéndome frear no tramo final.
Quédanme exactamente quince días para que o dedo cicatrice e rectificar o piramidal ... Maloserá
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
70 Carreiras
844 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 18 Mar 2019, 9:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Teño que mostrarlle isto a unha amiga que sempre me di que o de dar máis de unha voltas a un circuito é de tolos e me mira mal cando lle digo que fago ainda que tan so sexan 5 ou 7 polo circuito de un Km do Cuvi ou de Castrelos. Se lé o de dar 10 idas e venidas a unha "recta" de 200 metros entra en shock!!
Ánimo, que toda esa néboa que agora parece que tes diante acabará disipando e pronto verás Baiona no horizonte.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
47 Carreiras
2596 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 21 Mar 2019, 17:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : " As cenorias son boas para a vitas, disque ... "

Comezamos a semana tendo que anular a sesión de ximnasio do luns por dunha xuntanza de traballo.

Menos mal que o martes houbo marxe para sair. Día ideal,sol, aire fresco, censo nutrido para ser as 9 da mañá dun festivo : non menos de 5 paseantes de cans, 3 parellas de ciclistas e 2 en solitario, todo progresando segundo a rode natural das cousas, os grupos de ciclistas adiantandome a min na outra man da estrada, e eu adiantando cans e correas polo meu lado... e xusto á altura da recta do cemiterio adiántame silenciosamente un corredor con equipaxe amarela. Visto desde atrás, era a imaxe da pisada perfecta e áxil dun probable senior ou veterano A. Xuventude divino tesouro. Seguro que era dos que ó chegar ó Alto da Encarnación tiraba para Trasmañó e vez de facer a ruta de volta.
Non sei se foi que freou un chisco ou que eu forcei por ese pique natural que nos sae absurdamente. O caso é que mantiven o contacto visual ata a volta do Alto da Encarnación. Despois xa o perdín totalmente de vista.
Pero tanto tiña. O efecto " cenoria" deixouse notar. Se non me tivese adaintado, eu non tería o reflexo de apurar, e non tería rematado o entreno nuns 49:30 minutos, cifra suficiente para facerme a ilusión de que vou progresando un pouco.
Mañá mais





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos