Foros ›
Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 15:23
Post subject: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

Pois me da moita pena que pase desapercibido por aquí, é moi gracioso, así que vou pasar un pouco de choio, pois merece un apartado neste foro.
Ademáis de tomarme a libertade de enlazalo aquí, grazas @pepemanba

afumedecarozo.gal/

Además de ser unha edición especial:
CARDERNO DE VIGTÁCORA [ Semana 1]
pepemanba escribió:
Ano novo, propósitos non tan novos! Volvo a retomar a dinámica do blog recuperando unha experiencia pasada: un diario de adestramentos con viñetas que recollen as tiradas rutinarias. Nesta ocasión, o nome da sección creo que é bastante revelador da primeira meta do 2019: este caderno de VIGtácora ten a intención de plasmar toda a preparación para o maratón Vig-Bay 2019. Unha distancia inédita nesta cita e que se celebra por primeira vez para conmemorar a súa XX edición.

Agardo que vos pasedes por esta bitácora e que toda esta aventura teño un bo remate. Vémonos por aquí, a fume de carozo!








Last edited by sanmikel on Thu, 14 Feb 2019, 15:53; edited 5 times in total
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 15:25
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba

CARDERNO DE VIGTÁCORA [ Semana 2]
pepemanba escribió:
Segunda semana do caderno de VIGtácora e intentando facer malabarismos entre a vida social e o adestramento serio de maratón. Aínda quedan semanas por diante ata abril, pero vai tocando mentalizarse… Hai marxe para poder ter un pouco de troula, pero é necesario ter disciplina para non caer nos excesos…
E se todo isto non era suficiente, o clima frío da Coruña invernal, non axuda moito para manter o ritmo. Ferro a fondo e run run run!








Last edited by sanmikel on Thu, 14 Feb 2019, 15:29; edited 1 time in total
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 15:29
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba

CARDERNO DE VIGTÁCORA [ Semana 3]
pepemanba escribió:
Terceira semana de adestramento e as primeiras boas sensacións que xa van chegando! Xa se nota que as pernas van almacenando km. e a vaise gañando fondo pouco a pouco, aínda que o clima segue sen ser favorable i en ocasións baixar tantas veces só non resulta tan divertido… Total, 30 km máis para o taxímetro e a seguir sumando!






sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 15:31
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba

CARDERNO DE VIGTÁCORA [ Semana 4]

pepemanba escribió:
Un problema habitual á hora de preparar un maratón acontece cando tes que sacar tempo de onde non existe. Hai moitas nais, pais, currantes…; que non teñen minutos para saír a rodar aínda que sexa media hora. E flípame cando con todo isto, logran sacar un intre das súas vidas para saír correr.

No meu caso, a miña cuarta semana coincidiu cunha viaxe programada de hai tempo (e moi agardada): o Festival Internacional de Cómic de Angoulême, o evento europeo máis grande do noveno arte. Non estou habituado a correr durante unha viaxe de lecer, pero nesta ocasión logrei meter o atuendo de “superheroe” e as zapatillas como puiden dentro das diabólicas limitacións de equipaxe de man de Ryanair. E alí caeron 10 km e pico, unha experiencia moi estimulante ó correr por un sitio que non coñeces e por unha ruta que probablemente non repetirei por circunstancias da vida. Unha amiga sempre me dicía que saía correr durante as súas viaxes e a min non me remataba de convencer o argumento, pero a verdade que estivo moi interesante (irei xa sendo maior? Non respondades, por favor).


sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 15:33
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

CADERNO DE VIGTÁCORA [Semana 5]

pepemanba escribió:

Continúan as boas sensacións e o mal tempo… No plan inicial xa debería ter feitos máis tiradas e con máis km, pero entre as limitacións horarias e o imprevisible climas destes días, non dou feito… As boas novas é que as sensacións o ir correr seguen sendo positivas e noto progresión, aínda que pasen catro días entre sesión e sesión.

Todo un descubrimento as sesións de maratón organizadas polo Club Hércules Termaria! Todos os domingos ata o fin de semana de abril da maratón de Coruña hai sesións gratuitas para baixar en grupo e preparar tanto a C42 como a VigBay. A miña primeira participación foi cun maratest no que acompañado por xente do clube e outras Beerrunners marcamos un bo ritmo de carreira… Que siga a aventura!




sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 15:35
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

CADERNO DE VIGTÁCORA [Semana 6]
pepemanba escribió:
Unha semana un pouco máis animada! Ademais de plans persoais fóra do mundo runner que meten ilusión e ganas de ver mundo, esta semana tocou correr por terras barcalesas en boa compañía. Desafortunadamente, ás veces acontecen incidentes (a pouca fortuna que podes ter é non vivilos en primeira persoa…).

Unha semana de 25 km que agardo superar para a seguinte, agora que xa cheguei ó ecuador do adestramento… Toca apretar os dentes cos (poucos) deberes feitos ata o momento e intentar recuperar os kms que foron quedando polo camiño!




sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Wed, 20 Feb 2019, 8:19
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

CADERNO DE VIGTÁCORA [Semana 7]
pepemanba escribió:

Hai semanas con citas importantes nas que non saen as cousas como un espera… E menos mal que todo é cuestión de relativizar e realmente non son cousas preocupantes, pero cadrou que na semana do ecuador do adestramento foi máis axitada do previsto… Tanto o luns como o mércores foron rodaxes dentro do previsto, un cun ritmo máis alegre e outro máis relaxado… O fin de semana por motivos persoais non tiña decidida a miña asistencia na Media Maratón de Coruña, e xusto cando unha colega runner me conseguira un dorsal sen participante, o sábado tiven un amencer horripilante de malestar físico con mareos e baixón de tensión.

Despois de recuperarme ós poucos durante todo o día ata chegar con febre de sábado noite (febre da mala), tomei a última decisión coa almofada… E entre o dilema de ser racional e repousar, e o de ser irruncional e non saltarse un adestramento de 21 km nun momento decisivo, gañou o segundo. Aclaración: o amencer do domingo non tivo nada que ver co da mañá anterior. Por sorte, dentro da indisposición previa, a carreira tivo moi boa meteoroloxía, e dentro de que noutro contexto podería ter apretado un chisco máis, deixar a marca desta edición do Medio Maratón en sub 1h 45min déixame máis que satisfeito. Sobre todo, porque a semana pasada non sabía se podería ter dorsal e o día antes non tiña nin idea de se podería tomar a saída.

VIÑETA EXTRA BONUS: Correr con Super Lili o teu carón en Coruña é sentir moi de preto a fama local dunha superstar.








Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
30 Carreiras
23 Posts

Reply with quote Post Tue, 26 Feb 2019, 22:58
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Pois vou continuar co diario persoalmente, despois do currazo de Sanmikel de ir subindo as semanas previas (gracias pola promoción!):

Caderno de VIGtácora [Semana 8]







Despois de sobrevivir ó baixón de tensión e mais o medio maratón de Coruña, tocou outra semana rutinaria de adestramento. Neste caso, non estou 100% co traballo realizado, xa que nin fixen tanto quilómetros como debería / me gustaría nin me notaba tan cómodo co ritmo marcado. Máis aló do fin de semana no que tocará facer unha rodaxe de 30 km, debería repetir algunha de máis de 20 km do tirón. Esta semana non houbo máis excusa que a falta de motivación, xa que o tempo foi espléndido e tiven tardiñas libres e un fin de semana bastante desocupado (agás a festa da filloa da Baña, cita ineludible).

En fin, 34 km máis en total e sen molestias físicas. Unha vez pase a vindeira de semana de entroido, chegará xa o inicio da recta final, co maratón a mes vista. Aí seguimos!

(Enlace ó post orixinal)
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2642 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Thu, 28 Feb 2019, 11:07
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

De nada rapaz, me aledon un montón que o continues.
Me encanta, algo distinto e molón.
Será ben que empeces a facer algunha tirada longa!!! (Máis longa...)
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
30 Carreiras
23 Posts

Reply with quote Post Sat, 02 Mar 2019, 17:51
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Caderno de VIGtácora [Semana 9]







Unha semana con tanta carga de km como de política! O luns tocou facer unha tirada rutinaria cun par de quilómetros de máis, nunha Coruña ateigada por uns carteis que semellaban de campaña política. E así foi: aínda que houbo dúbidas sobre a autoría, ó final eran do partido político da oposición local en Coruña, con moita présa por comezar a promocionarse cando aínda quedan meses por diante (e ata unhas eleccións xerais no medio). O mércores tocou un rodeo habitual de 10km no parque de Vioño, un circuito máis práctico que estimulante por quedar preto da casa.

E o sábado pola mañá tocou o que ata o momento foi a sesión máis esixente quitando a media maratón de Coruña: 25km polo paseo marítimo, moi ben acompañado con Fito, outro runner que vai desafiar ós temibles km que nos agardan entre Vigo e Baiona. Foi unha boa sesión en canto a ritmo e distancia, mais haberá que ver a evolución nas vindeiras semanas para coñecer exactamente cal será o obxectivo máis realista para non sufrir moito o domingo do maratón. O clima acompañou bastante, pero as que non o fixeron foron as fontes do paseo: no tramo que pasa de fronte á Escola Pablo Picasso, hai dúas consecutivas que non funcionan… Se alguén con contactos no concello koruño le isto, xa sabe o que toca!!

(Enlace ó post orixinal)
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2781 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sat, 02 Mar 2019, 18:05
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Pepemanba escribió:
Caderno de VIGtácora [Semana 9]

O clima acompañou bastante, pero as que non o fixeron foron as fontes do paseo: no tramo que pasa de fronte á Escola Pablo Picasso, hai dúas consecutivas que non funcionan… Se alguén con contactos no concello koruño le isto, xa sabe o que toca!!

Me las conozco. Hace un par de semanas que fui por ahí y también maldije un poco.

Hay otras más que no funcionan por la zona del paseo de las playas...
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
30 Carreiras
23 Posts

Reply with quote Post Tue, 12 Mar 2019, 7:43
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Caderno de VIGtácora [Semana 10]





Semana crítica na que o maratón da VigBay 2019 xa está a un mes vista. Aínda queda ata o domingo 7 de abril, pero o adestramento xa se comeza a ver doutro xeito. Por unha banda, continúo a non estar satisfeito co volume de km realizado neste adestramento. Acontece o que se ve na viñeta do día 23: aínda temos días de temporal nos que se fai costa arriba baixar a correr (e outras, é prácticamente imposible). Non queda máis remedio que calzarse as zapatillas e sumar quilómetros nestas circunstancias. Seguro que algún runner que lea isto pensará que son un choromicas (e non o nego), pero aínda non apareceu a motivación xusta que tiven noutras ocasións para prepara unha proba así…

…ata que chegou o día 24. Segundo o meu plan de adestramento, realmente tocaríame facer a tirada máis larga a semana seguinte. Por problemas de axenda e dispoñibilidade, tiven que adiantar a tirada de 30 km para esta semana. E alá fun: entre A Baña e Negreira, dando unha volta nun percorrido de 15 km de costas infernais e cos coches da estrada nacional. Cando vin que facer unha segunda volta para sumar os trinta quilómetros ía ser imposible, decidín cambiar o traxecto e dar voltas no único traxecto máis ou menos plano preto da miña casa (un tramo de dous kilómetros, que aínda así, ten certo desnivel). E cando despois de dúas horas e media completei os 30 km e a única dor que tiña era na rozadura dos pezóns, xa cambiou a miña aura. Aínda tiña folgos, e sei que o día do maratón ó mellor non teño o estado de gracia daquel día, pero xa comprobei que se non hai incidentes, chegarei ó km 30 polo meu propio pé (e agardo que ata o 42 km). As vindeiras semanas meditarei se o globo das 3h 30min pode ser o meu, pero polo de agora xa hai certa plenitude porque o traballo está tendo resultados. Ánimos a todos!

(Enlace ó post orixinal)
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
3064 Posts

Reply with quote Post Tue, 12 Mar 2019, 14:44
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

Hola Pepe: Certifico lo de las fuentes de la zona de Pelamios, el viernes pasado me cagué en todo. Certifico lo de Vioño, antes me pego un tiro que hacer los 10 km dando vueltas. Puedes probar a tirar hacia Meicende vuelta a la presa desde Vioño es un diez mil, o hacer el Parque de Sta, Margarita que cuando corría yo por allí hacía un circuito de 800 m durísimo pero más entretenido, el problema son los chuchos, cosa que también hay en Vioño.

Noraboa por esas viñetas, soy fan.
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
30 Carreiras
23 Posts

Reply with quote Post Sat, 23 Mar 2019, 9:31
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBAY

freakyrunning escribió:
Hola Pepe: Certifico lo de las fuentes de la zona de Pelamios, el viernes pasado me cagué en todo. Certifico lo de Vioño, antes me pego un tiro que hacer los 10 km dando vueltas. Puedes probar a tirar hacia Meicende vuelta a la presa desde Vioño es un diez mil, o hacer el Parque de Sta, Margarita que cuando corría yo por allí hacía un circuito de 800 m durísimo pero más entretenido, el problema son los chuchos, cosa que también hay en Vioño.

Noraboa por esas viñetas, soy fan.

O de Meicende e Vioño fíxeno de cando en vez cunha colega, como teño unha memoria pésima e unha orientación aínda peor non me atrevín a repetilo, pero pode que o intente nestes días... E sí, Santa Margarita xunto con Vioño son os parques habituais que teño fichados para curtirme!

Gracias por ler o fío e ánimo co "runneo"!
Pepemanba

Novo foreiro
Novo foreiro
13/05/16
30 Carreiras
23 Posts

Reply with quote Post Sat, 23 Mar 2019, 9:33
Post subject: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA

Caderno de VIGtácora [Semana 11]









A semana máis redonda do que levo de adestramento! Despois de facer “os deberes” dunha tirada de 30 km do tirón, a posta a punto foi ben e a semana do luns comezou cunha sesión de 12 km con moi boas sensacións. Despois tocou facer as costas do parque de Santa Margarita no seu percorrido de case un quilómetro, unha sesión de 25 km polo paseo marítimo á carón de Fito e para pechar a semana motivado, participar nunha carreira popular.

A I edición da carreira solidaria Revirando na Guarda serviu para concienciar e visibilizar ás persoas con discapacidade, e moita xente da localidade participou tanto na modalidade de andaina como de carreira de 1,5 km ou 4 km. Ó ser unha proba non competitiva, non houbo nin sistema de cronometraxe nin premios. Unha iniciativa moi necesaria impulsada por distintos centros da zona e a coa grandísima organización da miña colega Patru. Un bo remate da semana agora que sigue en marcha a conta atrás!

(Enlace ó post orixinal)





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum