Foros ›
Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 03 Mar 2019, 22:56
Asunto: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): PECHADO

Portus Apostoli Trail (Noia) - Trail Series 2019
Domingo 07 de abril de 2019


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Noia, domingo 07 de abril de 2019.
Web da carreira: www.arousa.com/trailse...banza.html
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190407

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 04 de marzo ao xoves 07 de marzo de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 07 de marzo. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 04 de marzo ata as 23:59 do xoves 07 de marzo). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 07 Mar 2019, 23:01; editado 1 vez
Maistrote_diego

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/11/13
114 Carreiras
143 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 12:41
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/03

Boas

Desexo participar o sorteo dun dorsal para este trail.

Nunca fun a ningún trail a Noia, Vila cun casco histórico precioso, e algunha vez haberá que estrearse aquí.

Ademais, o perfil é dos que me gustan, primeira metade de subida e despois todo baixada cara a meta.

Saúdos e sorte a todos.
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 13:21
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/03

Ola, gustariame participar no sorteo deste trail en Noia. Xa que é a primeira edición deste trail haberá que probar a ver que tal está e poder ter a oportunidade de desfrutar dos montes de Noia.
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 04 Mar 2019, 17:58
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/03

Me gustaría participar en el sorteo.
Ya he comentado en más de una ocasión lo enamorado que me tienen los de ArousaNeo con su circuito.
Las que repiten porque todos los años añaden algo que les hace subir nota, y las nuevas porque siempre son gratas sorpresas. Seguro que, al igual que en Porto do Son, en Noia nos tienen preparado algo bueno. No quiero perdérmelo por nada!!
Si no hubiera sido por lo incierto de mi calendario laboral me habría inscrito al circuito completo sin dudar. Es una suerte que ahora CeG nos dé la opción de poder asistir a algunas por la patilla Sorriso
Suerte gente!!
aldara

Novo foreiro
Novo foreiro
22/02/15
88 Carreiras
7 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 19:45
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/03

Buenas: Quiero participar en el sorteo del trail de Noia, (Portus Apostoli) Lo tengo ya anotado en mi calendario, ya que estoy intentando ir a todos los trails de arousa n.e.o. series 2019. Me gusta lo bien organizadas que están y además tienen unas distancias muy asequibles en las que se puede disfrutar mucho de los paisajes.
Saludos.
Albertusco67

Novo foreiro
Novo foreiro
7/03/19
2 Carreiras
1 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 22:00
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/

Quiero participar en el sorteo de un dorsal para este trail.
Será la primera vez que participé en una carrera en Noia.
Gracias.
Luci

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/04/14
91 Carreiras
242 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 22:10
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/03

Buenas noches.
Estoy interesada en participar en el sorteo de un dorsal para el trail "Portus Apostoli Trail-NOIA" puesto que el año pasado fue la primera vez que participé en alguno de los trail series 2018-Arousa Neo y me encantaron. Este año quiero hacer los que pueda ya que son distancias bastante asequibles para mí. En febrero ya fui al Trail San Isidro, que por cierto me resultó mucho más duro que el año pasado, y en este mes estoy inscrita al XtoSín Trail.
Un saludo
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 22:59
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/

Boas. Tamén quixera participar no sorteo do dorsal. Taño gañas de facer algún Trail pola zona de Noia e a organización creo que o fai de luxo, así que, si se pode, haberá que probar.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Mar 2019, 23:00
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): ata o 07/03

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Anunciaremos los nicks de los ganadores el viernes 8 de marzo. Recordad que una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviarnos vuestros datos.

¡Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Mar 2019, 15:14
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): PECHADO

Resultado: Maxi

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
Localización:
Dirección donde reside (dirección completa):
Email:
Teléfono móvil:
Club:
NUMERO DE TELEFONO DA PERSOA A AVISAR EN CASO DE EMERXENCIA:
QUE NOME DESEXAS QUE APAREZA NO DORSAL?:
EQUIPO (sí/no)*:
*EQUIPO (no caso de querer participar por equipos. Escribir correctamente o nome do equipo) NO CASO DO CONTRARIO SELECCIONA NO

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.randorium.com/es/LoxFrQeV


Quedan fuera Albertusco67 por no estar inscrito en el circuito y Luci por no tener el mismo usuario en foro y circuito
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Ven, 08 Mar 2019, 22:47
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Portus Apostoli Trail (07/04): PECHADO

Muchas gracias!!!

Correo enviado.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos