Foros ›
Author
Message
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2019, 21:46
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Continuamos cos entrenos:
Luns 11, tocaba descanso, debido a xestion familiar, cambie o descanso do martes para hoxe. Con compañeiros do cluble me arrastrei durante 71 min, 14km por castrelos. Ppm 132, ppmax 142.

Mércores 13, era un dia que tampouco sabia se podia entrenar por organizacion familiar. O final fixen so a parte de series do entreno.
Castrelos, 54 min. 22 min de quecemento.
6x1k (4:00 a 3:30), 1 min rec.
3:44 3:39 3:34 3:32 3:28 3:25.
Ben, sen forzar case nada. Ata estiven tendado de facer unha máis a tope, pero non me daba tempo. Total 11km.
Ppm 152 ppmax 183. 63 kg
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Mon, 18 Feb 2019, 9:59
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Retomamos como resumen rápido:
Xoves 14, Castrelos, 56min 12k.
Acompañei a FonVigo no seu entreno: 10x1k a 4:15, eu non paraba e daba voltas mentres el decansaba 1 minuto.
ppm: 151 ppMax: 165

Vernes e sábado imposible.

Domingo 15: MM Coruña
Obxetivo baixar de 1:20, incluso baixar de 1:19, pero non as tiña todas conmigo.
Salgo con Suso, e os primeiros 5km máis ou menos ben, pero non estaba eu fino, e deixeino ir. Fun por sensacións, ainda que me pareceu no k8 que podía collelos nun xiro, foi un espexismo. No km9-10 non me daban as pernas, pensei en deixar todo. Pero me mantiven por rematar o plan de entreno, se non o final sería un entreno de calidade menos.
Do 9 o 15 me pasaron uns cuantos corredores. Me mantiven constante e conseguin ter ritmo, e a partir do 15, empecei a rodar sobre 3:50-3:55 todos incluído na hípica, e rematando os dous últimos km a 3:45, e sobre pasando a todos os que me habían pasado antes.
Chegada a meta en 1:21:18 netos, pero con moi malas sensación de carreira, incluso creendo que non me quixen esforzar, pois tiña a sensación que podía dar máis.
Mirando pulsacións vexo que non foi así, que foi moi esixente para o meu corpo.
ppm: 170 ppMax: 185

A semán remata con 60km, non son moitos.

Teño que cambiar algo, pois non me noto ben. Seguramente alimentación e uns entrenos un pouco máis esixentes se podo e me da tempo. Tamén intentarei facer forza na casa. Ainda que teño claro que o obxetivo é o 7 de abril.
Isto me recorda a cando Dr. Slump decía o estudante que estudiando o mínimo saca un 7.5, e estudiando en serio meses esforzandose saca un 8.0. Pois eu peor, despois de 6 semanas, de entreno como nunca, fago peor tempo que en vilagarcía, case sen entrenar. Crying or Very sad

Me encanta vir a coruña e saudar os amigos, tomar unhas cañas e comer con eles. Grazas a pepe.losada, Maseda, sonsuso, Dr. Slump, Mateon, Amina, Lihto..
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Wed, 20 Feb 2019, 9:36
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Me toca a min:
Martes 19, Castrelos: 15k. 72min
Acompañado por dúas nécoras, jorge e pancho, voltas sen presión por castrelos.
6minutos a trote ata castrelos. Logo 1 km a 5:00 e despois 12 de 4:40 a 4:15. e Volta de 6 minutos.
Boas sensacións de caixa, e baixas pulsación. De pernas regular e o piramidal presente todo o entreno.
Ppm: 140 ppMax: 161 Peso 62.9
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1290 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Fri, 22 Feb 2019, 9:47
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Vas ter que adicarte a competir os domingos e pasear pola semana.
Bromas aparte, estate tranquilo, todos temos carreiras nas que e non, e e non. Saen atrabesadas e non lle podemos dar mais voltas
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Sat, 23 Feb 2019, 12:04
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Xa veras Nando, que rapido paso a ese modo a partir do 7 de abril.
Mercores 20, Castrelos.
25 min de quecemento, e despois 2x9x300rec 45s e 2m entre bloques.Todos entre 60 e 57, salvo o primeiro e o segundo 62 e 55. Me costou o seu, foi por o anel, e uns tocaban na lixeiras subidas e outros nas lixeiras baixadas. Se notaba, me costaron os 3 ultimos.
Total 12k, non fixen os 3 de enfriamento porque me tirou moitisimo a fascia lateral da perna dereita.

Venres 22, Castrelos.
11k rematando a 4:30, e 6 rectas a 19s.

Hoxe a tarde Padrón, sen ningunha pretensión máis que sexa un entreno.
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1255 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sat, 23 Feb 2019, 22:12
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Ninguna pretensión pero buena carrera. Sigue así. En el último km pasaste y se te veía bastante bien. Estás mejorando. Vaaaamos!!!!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1318 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 24 Feb 2019, 13:52
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Sen saber como foi a tirada de hoxe previa á Carreira de Teis, pero menudo fin de semana. Onte 37' baixos e hoxe andarás sobre os 30 km imaxino. Esperando a túa crónica e que contes cales foron as sensacións. O que pasou na Coruña imaxino que será normal, non é tan fácil asimilar tantos quilómetros. Estando así agora, e coas 6 semanas que aínda quedan por diante, , pero pinta moi moi ben! Unha aperta grande e a seguir sumando!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Mon, 25 Feb 2019, 9:05
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Grazas por os ánimos nenos. O único que me ronda de verdade por a cabeza é o día 7, o demáis so son pasos e momentos ata ese día, onde as marcas son secundarias, e non importantes; nin xeneran problemas psicolóxicos.
Con esa idea me fun a Padrón, intentando facer un entreno forte, que sería máis ou menos preto do miña mellor marca.
Sábado 23, Carreira 10K de Padrón, homologada. 12k
O final fun só a Padrón, nada máis chegar xa saúdo a Sito, Amador. E despois de coller o dorsal, xa me encontro cos amigos de cambados, Maxi e Sergio. Encontro tamén a Yomismo e Gefreiter, que se apuntan a ir maís ou menos o meu ritmo (gefreiter xa en plan vacacións).
Despois de cambiarme, fixen uns Km. con Luis Sá, un compañeiro do Carma, que gañou esta carreira alá por o ano 2000-2002, según me conta. Un xa non sabe con quen xuntarse, se nos une gefreiter e fago case 2k.
Marcho para a saída e me decato que estou no úlitmo caixón, iso non ten sentido, levo 2 anos consecutivos facendo sub40 aquí. Como o segundo caixón ten moito sitio libre, me coloco ahi.
Saída compricada, intentando adiantar sen molestar zigzageando. Ata os 700m non consigo correr con soltura. Me encontro con Yomismo, e vamos un rato xuntos. Gefreiter está 20m adiante. Primero km en 3:38, rápido pero eu vou cómodo. Este é un circuíto que se me dou mal sempre, entre calor frío, que ten xiros, distintos terros, pois sempre pasa algo. Paso o km 2 en 3:46. Xa vou con Gefreiter, David ven un pouco de trás nosa. Esta parte do paseo sempre me sae maís lenta. Así é o paso por o km3 sae en 3:50. E nesa subida pego un cambio e me vou, escointando a Gefreiter, decíndome que non vaia a tiróns, pero eu vou ben, e non quero que me salgan km lentos sen motivo. O km ten un firme bastante malo, é tes que ir con coido mirando para o chan, Miguel me acompaña, sae en 3:41. Eu vou ben, sen presión, é cómodo o pasar por a ponte recibo uns apois de uns amigos que sempre se agradecen. Paso por meta con Gefreiter o lado, ese km en 3:44, 18:41 netos. Se sigo a este ritmo xa fago marca. Collo auga e mateño, Miguel ven xusto atrás, paso o km 6 en 3:43, eses 5 segundos máis que na primeira volta fan que reacciones e me poño un pouco máis rápido. Non teño pretensións, pero non vou dexar a oportunidade de baixar a marca. O km 7 sae en 3:42, toca a parte que sempre perdo tempo no outro lado do río. O de pasar corredores xa empeza a ser habitual, paso por o km 6 a Lolinho, e sobreo o 7 a Penas de Melide. Nin rastro de Miguel dende o avituallamento do km 5.5. O km 8 sae en 3:48, non moi ben, pero 2 segundos mellor que na primeira volta. So quedan 2km apreto un pouco. Paso a Maseda preto da sinal do km 9, fago ese km en 3:38. Aquí miro o crono, para baixar de 37, teño que facer 1 km a 3:28, e non apreto pois é imposible. Vou rápido os ánimos da ponte son xenias, xa non queda nada, vexo a meta o fondo, e o acabar os adoquín, vexo que estou moi preto de baixar de 37, apreto eses 150/200 metros, pero xa nada, me quedei moi cerca. Baixei 35 segundos miña mellor marca, contento, por o entreno. Dous anos despois baixo marca de 10k, e a sensación non foi como outras, cou como Vilagarcía este ano.
Aproveito para conversar cos compañeiros, unha ducha e unha cervexa en Padrón, cos animadores da Ponte.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Mon, 25 Feb 2019, 9:25
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 24, Teis.
Madrugando un montón, e coa intención de facer unha tirada larga en dúas fases, quedo con fonvigo, trécola e xa en teis con beauvais, para facer a tirada longa de 22km e despis a volta a primeira edición dos 10k de Teis, que non é un circuíto moi favorable a facer marca.
Dede Teis a ta Bouzas, un par de voltas por alí, e un par delas para facer os 22, tamén por a zona da carreira. Un ritmo trotón, de media 4:55 con moitos ratos a 4:35. Fonvigo, non tiña o seu mellor día e se quedou un par de veces, pero entre voltas para adiante e atrás case conseguimos que non fose tan só.

Nos acompañou nos úlitmos km pajaroeu, que ven de facer unha marcaza na media de Barcelona, e hoxe coa intención de humillarme, pero xa descarto e acepto a humillación da derrota de antes de sair.
A carreira a quero facer forte, pero non como un tolo, pois ademáis de dura, a carreira de onte pasa factura e non se pode competir a tope.
Primer km moi favorable en 3:38, sen forzar, pasandonos moitos corredores, vou pegado do presi e de durán. Eu vou cómodo, en todas as subidas me pasan corredores e eu os deixo atrás nas baixadas. O circuíto non é nada fácil. costas moi compricadas, baixadas idénticas e zonas onde se resbala, onde temos moitas follas de eucaliptos. Eu me manteño, Pancho se quedou atrás e durán vai diante miña nas subidas. As costas son compricadas pero se levan, vou cómodo de peito, as pernas non tanto, pero non lle estou esixindo, os km van caíndo, entre 4 :22 e 4:00. O paso por avituallamento do km 5 fai presaxiar o peor, me manteño, paso a conta gotas a corredores, non apreto, pero costa, abaixo tras costa arriba, e de repente ven a costa da riouxa non é unha broma, nun trail a faría andando. Deixei atrás a Durán, e vexo diante a uns 300 metros a un corredor do pinarium que me pasou alá por o km 3. Toca unha recta en lixeira baixada, e me propoxo ir recortando pouco a pouco, non quero ir a a tope. Paso sobre o km 9 a varios rezagados, destes mortos vivintes, e xa teño diante moi preto a o corredor en cuestión e a outro máis, os paso nunha baixada, que xusto é antes da meta, aumento o ritmo e subo a costa da meta forte. Lle faltan sobre 350 metros, e me sae un tempo de 39:28 a 4:05, máis ou menos o que tiña en mente facer neste circuíto. ppm: 157 ppMax: 172 Peso: 62.8kg.

Un pouco de cháchara cos compañeiros do equipo, e desfrutando do día.
O final saíu a miña carreira, tirada máis longa de nunca, case 32km.
A semán remata con 83 km, contento é canso, moi canso, pero xa pasará.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
80 Carreiras
897 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 25 Feb 2019, 11:15
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Dobrar carreiras nun fin de semana incluíndo marca en 10K e tirada de 32Km cos 10 finais en ritmo de competición con ese perfil, é de extraterrestre. Mr. Green

Foi un placer saúdarte por fin Cool
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Tue, 05 Mar 2019, 9:55
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Anda, teño abandonado o diario Very Happy .
Grazas Ándres, son de Vilanova, non extraterreste, temos por este foro uns cuantos que fan marcas que si o son, ainda que me gustaría chegar a elas, non me vexo eu capacitado, de Momento Vig-Bay.
Semana frouxa, tocaban 6 días, pero quedou en 5 e sen ningunha tirada larga, e non respetando moito o plan.
Luns 25, Castrelos 73 minutos, a 5:10, 14k.
Martes 26, Castrelos 65 minutos a 4:55 13k.
Mércores 27, Descanso obrigado laboralmente.
Xoves 28, Castrelos, non tiña forzas para facer os 2x9x500, e aproveiteime para unime o entreno de Jgvillanueva, con Isaac.M.F, e axudarlle no que se puidese.
17.5km. Tiña 2k-1k-2k-1k-2k-1k rec 90s (2k 4:00/ 1k 3:50/2k 3:55/ 1k 3:46 / 2k 3:52 / 1k 3:33. Para facelo un pouco menos cómodo, continuaba ata o 100, e despois trotaba ata a saída do 1k, así a recuperción era menor.

Febreiro remata con 298 km

Vernes 1, Castrelos, compartin entreno con Fonvigo, 85min, 17k comezando a 5:10 e ramatando a 4:30
Sábado 2, surxeu un imprevisto e non puiden realizar o entreno.
Domingo 3, Vilanova, o que se puido despois de unha noite de festa. 17k en 87minutos a 5:08. Onde por o km 6 me topei a un amigo que facía anos que non vía, e estiven correndo o seu ritmo uns 40 minutos.

A semán remata con 78.5km, e 5 días de entreno sen ningún esixente, e con menos kilómetros dos que quería
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
670 Posts

Reply with quote Post Tue, 05 Mar 2019, 11:52
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Boas, que tal o piramidal? Xa mellor?
Ánimo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2632 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Sun, 17 Mar 2019, 23:08
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Rufino, non teño nen tempo para pensar nel, e molesta, pero como entrenei pouco, pouco molestas.
Retomo, ando demasiado liado, e debido a xornadas intensísimas, non corrín, e cometín erros de principiante.
Luns 4, nada.
Martes 5, nada.
Mércores 6, nada
Xoves 7, nada
Venres 8, nada.
Sábado 9:
8k por a mañan a 5:00
4k por a tarde con Suso ata a Laxe, onde imos facer un 5k co equipo.
1k de quecemento, e facemos eu e Suso outros 5k previos a 3:51.
Paramos, e despois o equipo, acopañando os compañeiros, facemos un 5k en 3:49, votando unha mans os últimos.
Outros 4km para a casa, para facer un total de 28k.
Domingo 10, previgbay co equipo. creía que ía sobrado para facer 21k a 4:00, e fun en xaxún.
8.5 km de quecemento 4:40-50.
Saida a 4:00, Antón, Javi e Susopero so aguantei ata o alto de mide, non ía cómodo. Suso se quedou conmigo, pero todo foi a peor, non podía nin ir costa abaixo a 4:00, por enriba, non tiñamos auga por un erro burocráctico, e xa so fixen arrastrarme ata onde puiden, acabando a 5:45, e so por terco, pero non podía máis.
O final sairon 20 km a 4:38, pero moi mal, e menos mal que me acompañou Suso, que se non me da que paraba antes.
O final 56k na semán, pero moi mal xestionados debido a ansiedade e as gañas. Pouca cabeza derivado da semán pasada de malos entrenos, e desta de cero entreno.
A semán rematou con 56.5k, en dou días.
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
455 Carreiras
3854 Posts
K-pax
Reply with quote Post Sun, 17 Mar 2019, 23:15
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Ánimo y tranquilidad,sino se puede,no se puede,intenta disfrutar de tu maratón,quítate las presiones de encima.
Amina

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
1/09/14
0 Carreiras
2655 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sun, 17 Mar 2019, 23:26
Post subject: Re: Diario de Sanmikel

Sí Óscar, haz caso a Ángel. La maratón debería ser algo que recuerdes de manera positiva. No pienses en marcas, solo en vivirla y disfrutarla. ¡Y no vuelvas a ir sin desayunar! Wink





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum