Foros ›
5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/19
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Mar 2019, 12:05
Asunto: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/19



Un ano mais estamos a presentar a 5ª edición da Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión, unha proba que medra ano a ano e que está a alcanzar un nivel de aceptación espectacular entre a poboación. Basta con comprobar a participación en anteriores edicións para determinar que a andaina calou de maneira profunda entre os/as sendeiristas.

A nova edición contará co formato xa coñecido de 50 km distribuídos en tres aneis, o que facilita que camiñantes con distintos niveis de forma poidan anotarse a esta proba, podendo abandonala nos puntos quilométricos 14, 36 ou 50 dependendo das capacidades de cada un (quilómetros nos que se volve á Carballeira de Santa Minia, punto neurálxico da proba).

O primeiro anel de 14kms está pensado para que familias ao completo se animen a camiñalo pois, debido ao seu baixo nivel de dificultade, mesmo a rapazada ou sendeiristas con pouca experiencia poden rematalo sen problemas. A partir deste punto, e segundo as esixencias ou obxectivos de cada un, pódese optar por realizar 36 km ou completar a distancia total de 50 km recibindo así a puntuación para participar da Copa Galega de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo. Copa na que volve a incluírse a Andaina Terras de Altamira – Concello de Brión por terceiro ano consecutivo.

O principal obxectivo desta proba é fomentar a realización de exercicio físico de maneira non elitista xerando un día de festa e convivencia co deporte como pano de fondo. Por iso, dende a organización da andaina, apostamos polo trato próximo e amable cos participantes ofrecéndolles un amplo abano de servizos e agasallos e intentando que todas e cada unha das persoas que participan da proba desfruten da mesma sen ter que preocuparse de nada mais que andar e recrearse coa paraxe que as rodea.

Outro dos obxectivos da andaina é fomentar un maior aprecio e respecto polo medio ambiente, baseado no coñecemento das entornas naturais e das paisaxes que nos ofrece o Concello de Brión. Para tal fin, moitos dos sendeiros polos que transcorre a proba foron preparados e recuperados expresamente para ela ao tratárense de antigos camiños en desuso que servían de paso de carros ou de comunicación a pé entre as distintas aldeas e que co tempo foron quedando abandonados trala aparición das estradas e os vehículos a motor. Poderemos un ano mais albiscar fervenzas, pasear entre castelos, importantes igrexas, maxestosas carballeiras, senlleiras aldeas e unha morea mais de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante.

Isto todo, e moito mais é o que se atoparan os/as participantes da 5ª Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión que se vai celebrar o 25 de maio de 2019 a partir das 9:00h. na Carballeira de Santa Minia.

INSCRICIÓN:
Poderá realizarse dende o 1 de marzo ata o 23 de maio de 2019 a través da web oficial da proba

PREZOS
Establécense tres prazos para o pagamento da andaina:
- Dende o 01 de Marzo ao 14 de Abril: 14€*
- Dende o 15 de Abril ao 12 de Maio: 18€*
- Dende o 13 ao 23 de Maio (sen opción á bolsa do sendeirista): 14€*
* O prezo reducirase en -2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2019.

SERVIZOS

Bolsa do sendeirista (só para inscritos antes do día 13 de Maio de 2019) + Avituallamentos sólidos e líquidos + Médico + Ambulancia + Seguro de accidente + Duchas + Piscina cuberta + Recollida en caso de accidente ou lesión + Aparcamento + Diploma de finisher + Medalla de finisher

MAIS INFO:
www.andainaterrasdealtamira.org/




Última edición por O_Esquio o Ven, 28 Feb 2020, 8:14; editado 2 veces
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Mar 2019, 13:22
Asunto: Re: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | INSCRICIÓNS A

Invitámoste a participar gratis na 5ª Andaina Terras de Altamira

A asociación O Esquío No Piñeiro sortea duas prazas (unha por persoa) para participar gratuitamente na 5ª Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión que se vai celebrar o vindeiro día 25 de maio de 2019.

O sortero realizarase o día 15/04/2019 entre todalas persoas que accedan a páxina de facebook oficial da proba e realicen correctamente os seguintes pasos:
- Darlle a "Me gusta" na imaxe onde se anuncia o sorteo e facer un comentario etiquetando a dous amigos/as.
- Compartir esa publicación.
- Se ainda non eres, facerte seguidor da páxina da andaina

PARTICIPA!


Troy

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
60 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Abr 2019, 14:58
Asunto: Re: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | INSCRICIÓNS ABERTAS

hai a opción de facela correndo?
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Abr 2019, 6:49
Asunto: Re: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | INSCRICIÓNS ABERTAS

Bo día Troy, en principio , e cito textualmente as bases da proba:

"CIRCUITO
Estará convenientemente sinalizado para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saía a meta, co cal non haberá ningunha posibilidade de perda."

Ainda así, non habería problema en que "alguns" participantes a fagades correndo, entendendo que os puntos de avituallamentos centrais igual non estarán montados cando pasedes por eles. Así que, aquela persoa que decida facela correndo, saberá que terá que facela en autosuficiencia podendo utilizar o avituallamento grande da Carballeira de Santa Minia.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 26 Abr 2019, 18:22
Asunto: Re: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | INSCRICIÓNS ABERTAS

O_Esquio escribió:
Bo día Troy, en principio , e cito textualmente as bases da proba:

"CIRCUITO
Estará convenientemente sinalizado para facer o percorrido andando, non correndo, dende a saía a meta, co cal non haberá ningunha posibilidade de perda."

Ainda así, non habería problema en que "alguns" participantes a fagades correndo, entendendo que os puntos de avituallamentos centrais igual non estarán montados cando pasedes por eles. Así que, aquela persoa que decida facela correndo, saberá que terá que facela en autosuficiencia podendo utilizar o avituallamento grande da Carballeira de Santa Minia.

Entón entendo que pódese facer correndo/trotando contando con ter avituallamento ó rematar cada anel. é así non?
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 29 Abr 2019, 17:14
Asunto: Re: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | INSCRICIÓNS A

Efectivamente, o avituallamento "grande" (o da Carballeira, o que está na saida e na chegada de cada anel) si que estará montado en todo momento... os centrais son nos que poderedes atopar problemas se a facedes correndo... alguns estarán montados e outros non...

De todos xeitos recordamos que esta proba é unha ANDAINA, e ainda que non poñemos pegas porque "algunha" xente a faga correndo/trotanto... dende a organización recomendamos que se faga andando, disfrutando das paisaxes, dos camiños, das vistas, dos avituallamentos, da xente... pois trátase dunha proba non competitiva e con outra filosofía totalmente distinta a dos trails ou maratóns de montaña.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 27 Mai 2019, 9:12
Asunto: Re: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | INSCRICIÓNS ABERTAS

Primeira andaina na que participo e pareceume moi recomendable. Seguro que voltarei algún ano. Un 9,5 á organización. Non poño un 10 pola entrega de dorsais.

Por certo, dúas preguntas:
un rapaz que estaba de fotógrafo creo que na metade... ¿era da organización?
¿en canto tempo chegaron os primeiros?
O_Esquio

Novo foreiro
Novo foreiro
21/04/14
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Mai 2019, 11:55
Asunto: Re: 5ª ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA 26/05/18 | INSCRICIÓNS ABERTAS

memphis_ESP escribió:
Primeira andaina na que participo e pareceume moi recomendable. Seguro que voltarei algún ano. Un 9,5 á organización. Non poño un 10 pola entrega de dorsais.

Por certo, dúas preguntas:
un rapaz que estaba de fotógrafo creo que na metade... ¿era da organización?
¿en canto tempo chegaron os primeiros?
Moitas grazas!! As fotos subiremolas en breve á paxina do noso facebook e en canto ao tempo dos primeiro home foi sobre 5 horas 10 min. e a primeira muller 6 horas 25 min. aproximadamente.

En canto á entrega de dorsais sabemos que foi un pouco caótica... Intentaremos mellorala na seguinte edición.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos