Foros ›
Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 10:41
Asunto: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): PECHADO

Trail DesafiOia2019
Domingo 24 de marzo de 2019


Que se sortea?
1 dorsal feminino e 1 dorsal masculino
IMPORTANTE: é imprescindible indicar a cal dos dous se opta!
De non ser así, a mensaxe non será válida.
(A distancia non é necesaria, será escollida despois do sorteo polas persoas gañadoras, non hai que dicilo no momento de inscribirse)


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Santa María de Oia, domingo 24 de marzo de 2019.
Web da carreira: http://www.cornelios.es/desafioia/cartel/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 25 de febreiro ao xoves 28 de febreiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 28 de febreiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 25 de febreiro ata as 23:59 do 28 de febreiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 01 Mar 2019, 13:23; editado 1 vez
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 16:44
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Boas, estaría interesado en participar no sorteo para un dorsal masculino.
Sempre quixen participar nesta proba xa que escoiteí falar moí bén da organización, do trazado e da sua dureza pero por unhas cousas ou outras nunca puíden. Éste ano tiña en mente inscribirme.
Para mín, sería unha boa maneira de poder visitar a zona e incluso pasar un finde.
Un saudo.
Magono

Montañés
Montañés
20/03/11
292 Carreiras
741 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 20:37
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Pues yo también quiero participar en el sorteo de un dorsal masculino, no he ido nunca a esta carrera y creo que hay que poner solución a eso.
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 25 Feb 2019, 21:29
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Quiero participar en el sorteo y optar al dorsal femenino. Nunca he corrido este trail por temor a su dureza pero después de haberlo intentado en la carrera de As Neves "Marqués de Vizhoja", cuyos organizadores son los mismo, quiero intentarlo y poder hablar de ella por mi propia experiencia. Gracias por la oportunidad y suerte a todos!
Kapioviedo

Novo foreiro
Novo foreiro
10/04/16
31 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2019, 9:48
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Quiero participar en el sorteo y optar al dorsal masculino. Carrera en la que nunca he estado por fechas y me gustaria ya que la zona de Oia es un paraje espectacular. Un saludo
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
174 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2019, 22:43
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Quero e desexo participar no sorteo dun dorsal masculino porque se trata dunha proba durísima pra montunos técnicos
Gompi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/02/09
100 Carreiras
110 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Mér, 27 Feb 2019, 14:54
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Hola ,quero participar no sorteo do dorsal masculino.
E una carreira que nunca tiven a oportunidade de participar polo que teño moitas ganas de ir,
aparte escoitando comentarios de compañeiros e vendo os videos da proba parece que e una proba espectacular tanto pola sua dureza como a beleza do entorno.
Un saudo .
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Feb 2019, 14:12
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Hola, quero participar no sorteo do dorsal masculino.
Este é un trail moi duro, dos que me gustan. Ten subidas duras e tecnicas, vistas impresionantes e baixadas chulas. Eu o ano pasado non fun pero deben ter o gaiteiro que se escoita medio recorrido é o final para baixar a fogo.
Anomander

Novo foreiro
Novo foreiro
31/03/17
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Feb 2019, 17:27
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Quero participar no sorteo do dorsal masculino.

Unha proba moi dura e técnica, con un recorrido en unha paraxe fermosa. Correr pola zona de Oia sempre é un pracer para o espíritu.

Este ano ten o plus de que pertence ó recentemente creado Desafío Galaico, así que veremos cómo repercute positivamente na cantidade e calidade dos inscritos.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 28 Feb 2019, 23:00
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Anunciaremos los nicks de los ganadores el viernes 1 de marzo. Recordad que una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviarnos vuestros datos.

¡Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Mar 2019, 13:17
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Sorteo 1 dorsal Trail DesafiOia2019: feminino(24/03)

Resultado: srocha

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Distancia a elegir (42 km, 21 km, 12 km):
Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
Localización:
Email:
Teléfono móvil:
Club:
FEDERADO (COA FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO, indicar Sí/No y número de federado):
ESTAS CENSADO NO CONCELLO DE OIA? (indicar Sí/No):
TALLA DE MALLA (indicar S, M, L, XL, XXL):

El dorsal ha sido asignado directamente sin sorteo ya que solo había una participante femenina apuntada.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Mar 2019, 13:17
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Sorteo 1 dorsal Trail DesafiOia2019: masculino (24/03)

Resultado: Rufino

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Distancia a elegir (42 km, 21 km, 12 km):
Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
Localización:
Email:
Teléfono móvil:
Club:
FEDERADO (COA FEDERACION GALEGA DE MONTAÑISMO, indicar Sí/No y número de federado):
ESTAS CENSADO NO CONCELLO DE OIA? (indicar Sí/No):
TALLA DE MALLA (indicar S, M, L, XL, XXL):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.randorium.com/es/xJCkflvZ


Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 01 Mar 2019, 13:22
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais Trail DesafiOia2019 (24/03): ata 28/02

Moitas grazas, mañán xa vos envío os datos.
Agardo poder disfrutar da proba.
Un saudo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos