Foros ›
Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 17 Feb 2019, 23:43
Asunto: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): PECHADO

XToSín Trail - Porto do Son
Domingo 17 de marzo de 2019


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Portosín - Porto do Son, domingo 17 de marzo de 2019.
Web da carreira: http://www.arousa.com/trailseries2019/xtosin.html
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 18 de febreiro ao xoves 21 de febreiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 21 de febreiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 18 de febreiro ata as 23:59 do 21 de febreiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 25 Feb 2019, 10:26; editado 1 vez
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Feb 2019, 8:57
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Ola, gustariame participar no sorteo do dorsal para este trail. O ano pasado fun de partida neste trail e estivo xenial. moi boa organización, boas vistas dende o alto do monte e cunha distancia e desnivel mais que suficientes para sufrir un pouquiño. Non estaría nada mal volver a repetir.
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Feb 2019, 9:09
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Quiero participar en este sorteo.
Lo hablaba ayer mismo con un amigo de Chuvoners. Es un trail que aún no he podido "saborear" pero por la información que tengo sigue la línea del resto del circuito: no mucha distancia pero la suficiente para poseer un recorrido atractivo y completo. Toda esa zona nunca defrauda y así vemos en las fotos siempre lo hermosas que salen las pruebas.
Le decía también que si bien para él se puede considerar un "speed trail", para mí hay que quitarle eso de speed porque los tiempos luego son los que son. Eso sí, en ganas de disfrutar poc@s me superan Sorriso
Suerte!
Nuruwe

Novo foreiro
Novo foreiro
18/11/13
120 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Feb 2019, 13:28
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Buenas tardes. Quiero participar en el sorteo.
Hice gran parte del circuíto el año pasado y este año repito (exceptuando la que coincide con la VigBay). Una pena que este año no hagan Bealo, que fue mi favorita el año pasado, espero que esta prueba en Portosín me la haga olvidar jaja. Un saludo.
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
47 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Feb 2019, 21:23
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Quiero participar en el sorteo
Tuve la suerte de participar el año pasado, cuando me estaba iniciando en el mundo de los trails, y me pareció bonita, atractiva y con una zona de subida en la primera parte de esas que hacen sufrir un poquito... y sin olvidarnos de los primeros kilómetros donde ya pasas por la playa para “refrescarse un poquito”... el año pasado con el calor que hacía ese día se agradeció, este año siendo la carrera en marzo... pues no sé si nos gustará tanto!! Ja,ja,ja,...
zasca

Novo foreiro
Novo foreiro
7/12/16
20 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 18 Feb 2019, 21:51
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Quero participar no sorteo para xtosin trail. Será a miña segunda vez nas carreiras do circuito. Este domingo estrenareime no circuito co trail de San Isidro. Todo o mundo falame maravillas, así que quero probalo nas miñas carnes!!! Sorte para todos!!
Imisel

Novo foreiro
Novo foreiro
22/06/15
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 19 Feb 2019, 9:14
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

al final no podré ir, no me incluyais en el sorteo
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
467 Carreiras
3665 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Feb 2019, 22:19
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Quero participar no sorteo.
Nunca participei nesta carreira, leva moi poucas edicions, pero por algo que lein, creo que é un trail duro
Ainda que eu non son moito de montaña, esta carreira quedame moi cerca da casa.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Feb 2019, 23:00
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Anunciaremos los nicks de los ganadores el viernes 22. Recordad que una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviarnos vuestros datos.

¡Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Feb 2019, 14:08
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19)

Resultado: AJACAST

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Datos de inscripción
Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
Localización:
Dirección donde reside:
Email:
Teléfono móvil:
Club:
NUMERO DE TELEFONO DA PERSOA A AVISAR EN CASO DE EMERXENCIA:
QUE NOME DESEXAS QUE APAREZA NO DORSAL?:
EQUIPO (NO/Sí)*:

*EQUIPO (no caso de querer participar por equipos. Escribir correctamente o nome do equipo) NO CASO DO CONTRARIO SELECCIONA NO
Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado: www.randorium.com/es/mwVaX63t


AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 22 Feb 2019, 14:49
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para XToSín Trail (17/03/19): ata 21/02

Alegrón! A todos los que han participado mucha suerte para el próximo sorteo!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos