Foros ›
Author
Message
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sat, 09 Feb 2019, 19:03
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Fácil escribilo, pero facelo non foi. Boas sensacións, pero houbo que sufrir e darlle zapatilla. Eses segundillos quitámoscho esencialmente nas últimas voltas, nas que subimos demasiado o ritmo. Como ti dis Sanmikel, un bo adestramento no que houbo que sufrir, pero facelos en compañía faino moito máis fácil.

Grazas Yomismo! Nótase moito ir en grupiño e así poder tirar entre varios, eu só non creo que fixese ese entreno. Sobre o de Padrón, con como estás agora e as dúas semanas que aínda quedan, non sei eu quen terá que mirar a matrícula de quen. Pero como ben me ensinou Gefreiter, se teño oportunidade, non perdonarei, se non o fago agora que saes dunha lesión... Cool jejeje Apertas!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 10 Feb 2019, 20:58
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Domingo (10 de febreiro)
Hoxe tocaba tirada longa, que faría en dúas partes. Primeiro unha rodaxe duns 15km e despois os 10km da carreira Calvario 5+5. Fixen a tirada cos compañeiros de equipos Fonvigo, Isaac, Sanmikel e Xan. Íamos algo xustos de tempo e quedáronse só en 13,65 km en 1h08'12" (5:00/km de media). Sensacións non moi boas, pois ao adestramento de onte sumouse durmir pouco ao ter unha cea, pero como o ritmo era cómodo, non había problema.

Imos o coche, cambiámonos e imos trotando ata a saída. Agora si que son malas. Costa moito arrancar, pernas pesadas e o aquiles aparece. Estou con sanmikel na saída e comezamos! Primeiros metros e xa me dou conta de que mellor tomalo con calma. Sanmikel escápase rapidamente, de feito non o vexo xa. Nese primeiro quilómetro adiántame moita xente. Eu vou ao meu ritmo. Sae en 4'06". Pouco a pouco vou atopándome mellor e aumento a velocidade, pero sempre sen forzar nadiña, pois as sensacións non son boas. Fago a 1ª volta en 19'19" (4,79 km). Manteño o ritmo no comezo da segunda, pero ao regresar de novo á rúa Aragón comezo a rodar en 3'40". Por primeira vez véxome con de forzas. Continúo así ata que chega a subida máis dura e, aínda que esa a subo ben, logo xa irei a ritmo e de novo moi incómodo. Fago a segunda volta en 18'30" (de novo, 4,78 km).

En resumo, primeiro 13,65 km en 1h08'12" (a 5:00/km) e despois 9,58 km en 37'49" (a 3:57/km).


-> Resumo da 6ª semana:
Un total de 77 km repartidos esencialmente nun 15x500, nun 10k rápido e nunha tirada longa. Seguimos sumando e creo que a cousa vai indo ben. O único malo? O aquiles. Hoxe destrozado. Ás veces mellor, ás veces peor. Pero hoxe dos días que peor o recordo con diferencia. Moito descanso nesta semana, e estaremos na media maratón Coruña21 intentando facelo o mellor posible.
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
4507 Posts

Reply with quote Post Mon, 11 Feb 2019, 8:51
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Buff coida ese aquiles, foches miralo? igual tes q levar ondas de choque. Fai excéntricos. Eu xa pasei 2 veces por iso. Actualmente levo dende o verán co aquiles inflamado. Quitei a dor con excéntricos e tamén levei ondas de choque. Pero ainda teño unha inflamación evidente!! Shocked pregúntalle a Miguel e Oscar que o viron, parece q me picou unha velutina. Pero xa non doe nin molesta pa correr, vou "tirando" con él, pero non as teño todas conmigo, un día reventa Mr. Green non deixo de facer os excéntricos cada día. Despois de algún entreno forte, noto lixeiras molestias ao enfriar (coorendo nada), pero pouca cousa. E así vou.
Pois iso, se hai dor, cóidao.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1122 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Mon, 11 Feb 2019, 14:21
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Sonsuso, se temos que baixar o ritmo por mor do aquiles, baixamolo e punto. Mellor ir amodo para que as cousas volten o seu sitio. Metelle frio despois dos entrenos. eu cando acabo cada entreno, acabo a ducha con auga fria nas prenas ata que case perdo a sensibilidade e...mano de santo
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
4507 Posts

Reply with quote Post Mon, 11 Feb 2019, 16:56
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

cK13 escribió:
Sonsuso, se temos que baixar o ritmo por mor do aquiles, baixamolo e punto. Mellor ir amodo para que as cousas volten o seu sitio. Metelle frio despois dos entrenos. eu cando acabo cada entreno, acabo a ducha con auga fria nas prenas ata que case perdo a sensibilidade e...mano de santo

Si, o frío e fundamental, o fisio sempre me insiste, pero eu casi nunca o fago a maioría das veces por falta de tempo. Eu de momento levo meses tirando sin dolor pero non deixo de facer excéntricos e levo 6 ou 7 sesións de ondas de choque cada vez mais espaciadas no tempo (non se pode abusar q é unha técnica agresiva). O fisio díxome q mentras non me doa podo correr e competir sin problema, i eu fágolle caso. De momento toco madeira
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2019, 13:17
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Grazas polos comentarios e as recomendacións ck13 e yomismo!

Esencialmente o que fago é precisamente frío e os excéntricos. Frío só lle podo dar no almorzo e pola noite, uns 20-25 minutos cunha bolsa de xeo, e os excéntricos pois como me vai cuadrando ao longo do día. Pero certo é que, mentres que o xeo si que o fago sempre, os excéntricos como non os fago de forma planificado, acabo por non facelos moitos días. Teño que insistir niso e non deixarme levar.

Fun o fisio hai meses, despois da maratón de Porto e xa llo comentei, quizais deba volver. Pero polo que sei, que é pouco, o fisio pouco pode facer co aquiles ao ser un tendón. Quizais relaxar o sóleo ou o xemelo para que sufra menos o aquiles, non o sei. Quizais me veña ben. Xa o luns mellorei moito (descansei) e onte tiña pensado facer algo, pero tampouco puiden, así que continuou a melloría. Hoxe non tiven case molestias nin ao despertar. Isto non quita que o domingo non podía case nin andar, e que aínda que mellorase moito nestes dous días, teño que ter coidado.

A ver se hoxe consigo sacar tempo para saír a rodar suave e así comprobo como se atopa realmente o aquiles. Pero como di ck13, se hai dúbida, descanso, e nestas semanas non ando moi sobrado de tempo, así que tampouco vén mal.

O dito, moitas grazas polas vosas mensaxes e a ver que pasa. O que teño cada vez máis claro, é que despois da maratón deixarei un tempo de correr, ata non ter ningunha molestia.

Por certo, non actualizo, que non hai nada que contar. Descanso e máis descanso.
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
4507 Posts

Reply with quote Post Wed, 13 Feb 2019, 19:58
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

E ese tendón non estará pedindo a gritos unha terapia de ondas de choque? suele ser o tratamiento apropiado cun índice de efectividad moi alto, a min nos 2 casos foime ao pelo, ainda q actualmente, nesta segunda ocasión non podo decir q está ao 100% recuperado, pero igual sin as ondas non podía nin correr Pensando
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1122 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 7:57
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Tampouco pararía de de todo para aproveitar o bo momento de forma. Saidas a trote, sen mirar o crono nin forzar. Disfrutando, en poucas palabras.....
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2647 Posts
Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 14:42
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Ánimo Suso, que este diario non deixe de ser ese sitio onde todos viñamos a darnos unha alegría (que para lamentos xa estamos o resto)
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Fri, 15 Feb 2019, 13:13
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Como comentei na última mensaxe, entre o xeo e o descanso (pois nin luns nin martes saín correr) melloraron moito as molestias. O mércores saín cun amigo a rodar 30 minutos moi suaves (a 5:30/km) e ver que tal. Correndo todo ben, e sen cambios no día a día. É dicir, dores ao despertar e ao comezar a andar despois de estar moito tempo parado, pero pouco a pouco remitindo. Aínda así, preferín pedir cita no fisio. Xa non só polo aquiles, senón porque despois de 7 semanas do plan e pensando na media maratón da Coruña do domingo, parecíame boa idea. A cita era para onte xoves pola noitiña. Antes, a primeira hora da tarde, apetecíame saír a facer uns quilómetros polo bo tempo que había, e fixen 2km suaves e 2km a 3:50/km. Sen cambios. Igual tanto en molestias como en carencia delas.

Pola noitiña fun ao fisio e comentoume que non é exactamente o aquiles onde está o problema, senón na bursa, que está na unión entre o talón e o tendón. Díxome que está inflamada e que o mellor é baixar o volume e esixencia dos adestramentos durante varias semanas. Non parar de todo, pero si baixalo considerablemente. Comenteille o da media maratón do domingo, e entón a idea sería correr a Coruña21 e despois ter unhas dúas ou tres semanas moi suaves para darlle descanso e que así mellore.

Como di ck13, nas vindeiras semanas farei iso, saír a correr cando me apeteza e a ritmos suaves que me pida o corpo. Supoño que non serán máis de 2-3 saídas á semana e que mezclarei con bicicleta estática. De feito, xa foi o que fixen mércores e xoves, saír porque hai ganas e sen estar pendente do reloxo. Ademais, estas semanas estou ata arriba de traballo, e buscándolle o lado bo, vaime vir ben para non ter a necesidade de buscar horas para adestrar e así ter os días máis relaxados.

-----------------

Respondo agora a Yomismo e Meigalicix:

Yomismo, sobre as ondas de choque non me comentou nada. Cando é así, e salvo que haxa algún motivo concreto para facelo, prefiro non dicir nada para non condicionar. Gústame que sexa el quen propoña a forma que considere máis acaída e evitar que me propoña algo polo mero feito de que eu o mencione. En calquera caso, se non melloro, si que llo comentarei. Sobre todo, ao dicirme que non é o aquiles senón a bursa, descoñezo se esta parte tamén acepta este tratamento. Moitas grazas polo consello e tomo nota, que eu sei pouco disto, e todo o que sexa información ou ideas agradécense Aplauso

Moitas gracias polos ánimos Meigalicix! Outra cousa non, pero a alegría non se pode perder Wink Hai que ter perspectiva e saber valorar as cousas. Por sorte, levo meses e meses nos que só hai melloras e nos que todo son boas novas neste diario, non me vou queixar agora porque estas semanas vaian ser así. De feito o que xa comentei, aproveitarei para tomarme con máis calma estas semanas e non estar tan afogado de tempo, e a nivel deportivo pois aproveitar para descansar e chegar ás últimas catro semanas do plan como unha rosa, que outros seguro que non van poder dicir o mesmo jejeje Outra cousa é o prezo que teña que pagar eu o 7 de abril, pero tirarei de experiencia e intentarei manter o tipo. Que non pense o señor Sanmikel que se vai librar tan fácil de min (eu paro por estas chorraditas e el aí sigue coas súas molestias, vaia valores ensina este diario... Silbar jejeje).

----------------

Actualizo o diario:

Plan Maratón Vig-Bay: semana 7 (de 14)
Semana 2/5 do bloque 2/3 -> carga

Luns (11 de febreiro)
Descanso.

Martes (12 de febreiro)
Descanso.

Mércores (13 de febreiro)
30' moi suaves, a 5:30/km.

Xoves (14 de febreiro)
2 km suaves e outros 2 km rapidillos (a 3:50/km), e pola noitiña cita no fisioterapeuta.

Venres (15 de febreiro)
Descanso.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3161 Posts

Reply with quote Post Fri, 15 Feb 2019, 20:08
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Bien Sonsuso, descansar un poco te vendrá bien para recuperarte de esas molestias, y además con lo que estás entrenando últimamente, también para descargarte un poco.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sat, 16 Feb 2019, 14:01
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Si, non é o mellor, pero como ti dis corredor101, hai que sacarlle tamén a lectura positivas.

Actualizo:

Sábado (16 de febreiro)
Pequena saída e moi suave para ver que tal estaba o aquiles e ter algo de sensacións. Uns 4km en vinte minutos. Todo ben. Notaba a sensación de que hai algo na zona do aquiles, como estes días, pero ningunha molestia. Tampouco despois. Penso que a masaxe na zona dos xemelos veume moi ben. Por exemplo, agora podo estirar os xemelos sen molestias, cousa que antes non podía, pois sentía moita dor no aquiles.

Mañá media maratón da Coruña. Sei que teño fondo dabondo, pero non sei se terei o ritmo necesario para poder ir a por marca (actualmente 1h19'42"). Tampouco é algo que me preocupa. Non sei a que ritmo sairei, seguramente ao que fale con Sanmikel ou Maseda, por exemplo, para poder ir en grupiño, pero coa idea de chegar aos últimos quilómetros en tempo para facer 1h19'30" e se hai moita sorte, acercarme o que poida a 1h19'00". Como digo, aínda que ese é o puntito de aliciente co que vou mañá, non me preocupa nada e irei vendo durante a carreira como me atopo. Despois de mañá, si que baixarei me tomarei esas semanas de descanso.
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
178 Posts

Reply with quote Post Sun, 17 Feb 2019, 22:12
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa!!!!!
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2647 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 17 Feb 2019, 22:12
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Sen ánimo de ser spoiler... Parabéns polos resultados en Coruña !! Smile
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1301 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Sun, 17 Feb 2019, 23:00
Post subject: Re: Diario de Sonsuso

Moitas gracias Lobo e Meigalicix!
Agora poño a crónica Wink





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum