Mar, 29 Xan 2019, 9:45
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
Domingo 27, Rodaxe, cousa rara fixen hoxe.
Intención o rematar para facer a carreira da subida o Castro como parte do entreno.
Saímos as 9:30 dende castrelos un grupo do equipo (Xan, Fonvigo, Sonsuso, e Carioco). Intención de facer 10k, con fonvigo e Xan a 4:50 aprox, pero a partir do km 5, xa nos separamos, seguimos Suso, Víctor e eu. Empezamos a 4:50. a partir do km 8 xa 4:35 aprox ata o 15 que nos poñemos a 4:20 aprox. Eu no km deixo atrás a ambos, pois eu so vou facer 23, e eles fan 27. Apreto e fago os úlitmos 3 km acabando a 4:00.
Malas sensacións e dores o principio, pero a partir do 16 xa mellor, con forzas. Me estrenei tamando un gel cando levaba 1 hora, é a verdade é que a sensación foi horrenda... que asco... Pero non me fixo dano. Fun todo o rato detrás de carioco e sonsuso. Ata máis ou menos o km 18, onde parece sen querer me puxen a cabeza sen decatarme e xa íamos a 4:10. Me quedei so, pois eles ían facer 27km, é eu remataba con 23 no náutico. Úlitmos km a 4:10-4:00.
Para un total de 23km en 1h45m, a 4:35.
Ppm: 143 ppMax: 164
O chegar o Areal, pillei o dorsal meu e de Xan, pois íamos facer a subida o castro deste ano 2019.
Fixen tempo ata que veu Xan, e saúdamos os ourensans, e os do equipo.
Eu e Xan, fixemos un quecemento de trote borriqueiro de 5 minutos, onde eu nin levantaba os pes.
Saída antes de tempo, 11:57, e cando quixen correr, me dei conta que non ía as pernas.
Os primeiros 200m creo case non movín as pernas, ía a 5:00, e me pasaban centos de persoas. A media que a carreira avanzaba, as pernas quentaban e collían velocidade. Pouco a pouco ía collendo ritmo, pero non quería apretar, quería ir cómodo. Primer km totalmente liso a 4:10. Sen decarme apareceu unha subida nova por a rúa Real, onde nunca pasaramos, e que a verdade é que é unha costa, pero nada que ver coas escaleiras e costas da rúa real, ahi xa empecei a pasar a moítisimos corredores, pero ía tranquilo. Nas escaleiras tomabadou con calma, os paso de 1 en un.
Sen case decatarme estabamos no concello, onde eu ía moi cómodo.
Chega o duro, as escaleiras do castro, con calma, sen cebarme, é incluso falando con compañeiros que pasaba, e inncluso co noso director preferido de correrengalicia.
Non apretei, mativenme con sonrisa, é co esforzo xusto para ir cómodo de peito, ainda que as pernas lle costaban o seu.
O final posto 97, cun tempo de 14:18 para 2.5km que marcaba o gps.
Ppm: 158 PpMax: 173
A semán remata con 5 entrenos, e dous partidos de fútbol sala.
Total de km de record, nunca fixen tantos:
88 km.
Iso sí, vaia semán de cansancio, menos mal que esta ten menos km.