Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2953 Posts

Reply with quote Post Wed, 23 Jan 2019, 16:35
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
está en poder ir correr á saida sen pasar por casa antes, pois nese caso a abducción sería inevitable.

Hay que eliminar en lo posible los tiempos muertos, los que son los desplazamientos a distintos sitios: el curro, la compra, los niños al cole... aunque sea en coche vale la pena hacerlo. Yo trato de eliminar/aunar al menos uno de esos tiempos al día. Es difícil pero se va haciendo algo. Descarté el gimnasio en beneficio de los rodajes que son los que más horas queman, el gimnasio de fuerza lo hago en casa casi siempre excepto en contadas ocasiones. Y los entrenos de rodaje, quitando la natación, se hacen desde casa, concretamente desde el portal. Tengo un kit Freaky permanentemente en el coche por si después de medir por el monte hay tiempo para unos camiños pola Torre. Uno de cada dos días de la semana hago la compra con mis pintas de Freakyrunning. Eche o que ai.

Ayer mismo me fumé dos tiempos muertos de una tacada, fui a entrenar mientras mis hijas estaban en actividades. Las dejé a las 16h, corrí 10 km y las recogí a las 17h. Ahorré al menos 30 minutos invertidos en el chollo. Esta jugada me veo repitiéndola durante el curso 2019 cada semana.

Pelín estresante Carmiña, como decía Manquiña. Pero después andamos de un relajado que da gusto.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2005 Posts
Sparkland
Reply with quote Post Wed, 23 Jan 2019, 18:33
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Quienes tenemos tiempo sobrado para hacer entrenamientos al final también nos vemos apurados. Yo creo que va en la naturaleza del runner.

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Thu, 24 Jan 2019, 12:35
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Se xa a min me costa quitar tempo e non teño resposabilidade de ningún tipo, máis alá do traballo, non quero pensar en vos. Verdadeiros malabares!

Iso ás veces lévame a pensar cando a afección se convirte en obriga. Falo en xeral, en abstracto, e é algo no que eu tamén me podo incluír, pero do cal intento escapar. Quizais cando preparo unha maratón acabo nesas redes, pero en canto poido saio delas e intento saír correr exclusivamente cando podo e quero, sen que iso supoña ningún esforzo. Seguramente a clave sexa atopar un equilibrio. Un equilibrio entre o que é puramente ocio e o que é en parte obriga, pero que facemos porque o que nos aporta é moito maior que o que nos quita. Equilibrio ao que non é nada fácil chegar, xa sexa por exceso (debido ao vicio xD) ou por defecto (por falta de tempo).

É algo no que teño pensado bastantes veces, e que me apeteceu comentar a raíz de ler o teu diario.

Unha aperta moi grande e moito ánimo Meiga!
Vémonos seguramente en Teis Wink
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 27 Jan 2019, 22:46
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Esperanza de vida"
Lin por aí hai uns días que a esperanza de vida das persoas censadas na provincia de Pontevedra estaba en 83 anos.
Se teño en conta o que se escribe polo foro, a esperanza de vida dun Garmin anda nun 5 a 7 anos con sorte.
O meu 110 , básico e sinxelo (que para min xa me chega), regaláronmo en decembro de 2013, pero ata febreiro de 2014 non comecei a darlle uso... Así que aí lle andamos, nos 5 anos máis ou menos.
A verdade é que en xeral foise portando ben, sobreviviu ó enchoupamento da San Martiño 2016 a base de secado en arroz, deshumificador e pegado de goma da esfera con Loctite.. Hai uns meses comezou a dar síntomas de batería viciada, vamos, que se non o cargo de cada vez non lle dura un día, pero para facer entrenos e carreiras imos tirando. Non tiña pensado cambialo ata que a batería morrese de todo. Pero co que non contaba eu era con que se me fendese a correa de súpeto e sen previo aviso... desde hai dous días teño feito un apaño con cinta reparadora transparente. Chapuza digna de Pepe Gotera, pero así imos tirando. E o rexistro de actividades vaino facendo ben.

Por fin esta semana remato con 3 saídas de 9 km e 1 sesión de ximnasio.

A saída do sábado foi realmente boa. Entre tantos ánimos e visitas ó diario, o ben que durmira a noite anterior e o moito que me espabila o frío á hora de correr, logrei rematar en 49:33 minutos, ritmo de 5:34, cousa que había ben meses que non lograba.
Hoxe en cambio, que durmin fatal volvín outra vez ós meus ritmos de 5:50... En fin , a receta do bo rendemento está ben clara, o que pasa é que non sempre é posible cociñar coma un quixera.
Con todo iso, despois desta semana penso que aínda hai esperanza de vida atlética.

Xa so queda un mes para a carreira de Teis. Xa estamos anotadas 31 persoas , e séguese a manter o 25% de mulleres
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
12 Carreiras
459 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Sun, 27 Jan 2019, 23:27
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Crónicas da favela: A cabina de Clark Kent

Así que a regla de ouro para poder non ser víctima da abducción e salvar tempo para entrenar é poder afastarse o máis posible dos focos de risco... Evidentemente hai que ir a currar todos os días, pero truco está en poder ir correr á saida sen pasar por casa antes, pois nese caso a abducción sería inevitable.
Hai distintas estratexias posibles. Hai veces que xa vou coas zapatillas postas ó traballo e unha malla negra sen logos nin adornos que pasa por un leggin normal... Pero hai que acabar despois de transformarse na vestimenta superior.
Cierto Meiga, cualquier sitio es bueno para vestirse o cambiarse si es necesario para compaginar. Algunos ya hace tiempo que perdimos la vergüenza y el decoro. Yo a veces doy el espectáculo en el coche e incluso en medio de la calle, aunque en zonas no muy concurridas (tampoco hay que caer en el exhibicionismo).
Me alegro que la cosa vaya mejorando. Dicen que la constancia es la llave del éxito, pero la paciencia seguro que también.
Que siga bien esa preparación.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 03 Feb 2019, 19:30
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Reconto breve:

Semana casi reglamentaria: 3 saídas e 1 sesión de ximnasio. Digo "casi" porque non cheguei ós 27 km, quedeime en 22, porque o sábado tiven só media hora e quedeime pola Guía. Ritmos flouxos, molestias practicamente = 0. Mañá sesión de mantemento mensual na fisio, e a ver que diagnóstico temos desta vez.

Xa 54 persoas inscritas para a carreira de Teis.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
27 Carreiras
1236 Posts
Caldas de Reis
Reply with quote Post Mon, 04 Feb 2019, 7:27
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Quizais o mais importante se a o de "molestias practicamente =0"
A cantidade de kms. , e case secundario
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 05 Feb 2019, 20:33
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cK13 escribió:
Quizais o mais importante se a o de "molestias practicamente =0"
A cantidade de kms. , e case secundario

Graciñas pola visita e polos ánimos, Nando
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 05 Feb 2019, 20:54
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Fauna ibérica. 5 temporada"

Moitas veces é inevitable facer referencia á fauna humana que nos atopamos nos entrenos. Pero hoxe a cousa vai de seres do reino animal propiamente non humanos. Se cadra se me atopase noutro punto da xeografía galega tería tanta sorte como outros corredores diaristas, e me tería atopado un miñato, un xabarín, un sapo femia xigante á beira dun río, incluso algún can maleducado. E se tivese a posibilidade de viaxar no tempo e me fose vinte anos cara atrás, podería terme topado sen problema cun algún ourizo cacho ou unha familia de denociñas cruzando o asfalto con axilidade e cautela.
Pero non, isto é a favela pura e dura no ano 2019, e o que me tocou atoparme hoxe ó mediodía, a plena luz, saltando da cuneta para a beirarrúa, en plena Avenida de Lema y Marina, foi unha auténtica rata da que tiven que zafar dando un chimpo, ó mesmo tempo que cada unha soltabamos un xuramento de arrieiro do Araño no noso propio idioma.
Pasado ese sobresalto inicial, o resto do entreno foi con normalidade, o corpo lixeiro despois dos retoques de onte na fisio, que me dixo que me "atopaba bastante ben para ser eu", e que non facía falta volver ata dentro de un mes.
Seguimos coa racha de sensacións cómodas á hora de correr. Os ritmos lixeiramente mellores. Cruzo os dedos.
Xa quedan 17 días para a carreira de Teis, 69 inscritos, 17 mulleres, aí seguimos, no 24%. De momento aínda non lle teño que cambiar o nome ó diario
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2953 Posts

Reply with quote Post Wed, 06 Feb 2019, 20:26
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¿Lo de "rata" no es jerga?

www.youtube.com/watch?v=WDTRyjMnDOk

El otro día pasaron "Los lunes al sol" y me acordé de la favela. A los que dicen que es una peli pasada de moda les digo que la única diferencia con el 2019 es que se pagaba en pesetas, tu dirás si es la favela lo que se ve. Creo que algunas tomas sí.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Thu, 07 Feb 2019, 17:52
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

freakyrunning escribió:
¿Lo de "rata" no es jerga?

www.youtube.com/v/WDTRyjMnDOk

El otro día pasaron "Los lunes al sol" y me acordé de la favela. A los que dicen que es una peli pasada de moda les digo que la única diferencia con el 2019 es que se pagaba en pesetas, tu dirás si es la favela lo que se ve. Creo que algunas tomas sí.

Non Freaky, o da rata non é jerga, era unha autética Rattus norvegicus Confused

E efectivamente, na peli de "Los lunes al sol" aparecen moitas zonas de Vigo, algunhas nas que se ven os guindastres de noite de fondo creo que son pola zona de Julian Estevez, plena favela, pero non o podo asegurar ó 100%
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 10 Feb 2019, 18:45
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

A realidade imponse, e isto vai pasar de ser un diario a unha sucesión de telegramas. O tempo non da para máis

Penúltima semana antes da carreira de Teis:

1 sesión de ximnasio (con Jota despois de tanto tempo)
1 saída longa o martes
1 saída simbólica o sábado ( 5 voltas pola Balbarda, por aquelo de dicir que non quedei sen sair e por liberar a tensión do venres "horribilis" que me tocou no traballo)
1 saída reglamentaria o domingo, abafando cos repentinos 17 ºC galifornianos ás 14 horas.

Ritmos e molestias na súa tónica habitual.

103 anotados na categoría absoluta e 26 mulleres na carreira de Teis. A estabilidade das porcentaxes é de libro. Obxectivo : Non quedar de última nin lesionarme.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Thu, 14 Feb 2019, 14:53
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Onte primeira saída da semana, ás 7:15 da mañá. Fresco e pernas lixeiras pero non por iso saiu un crono decente. A musculatura aguantando pero o glúteo esquerdo apuntando maneiras (Moito estres laboral e moitas horas sentada esta semana). O garmin coa correa desintegrándose cada día por un sitio diferente. Eu sempre pensei que lle daría a xubilación cando morrese a batería, pero nunca por culpa da correa. Vai ser que algúns plásticos son máis foto-biodegradables do esperado.

Hoxe ximnasio ( a ver con quen me toca e como acabo)

166 persoas anotadas na categoría absoluta da Carreira de Teis . 36 mulleres. E aínda quedan días de inscripción. Para ser unha primeira edición e co perfil que ten, a cousa está bastante animada. Haberá que poñerse a tono.
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2728 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 17 Feb 2019, 23:02
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Remata esta semana con só dúas saidas e unha sesión de ximnasio.
Tiña sobrecargado o gluteo esquerdo e non saín sábado. Boa decisión porque hoxe domingo conseguín, sen molestias de mención, un ritmo de 5:36, cousa que hai tempo que non lograba.
Xa non queda nada para a carreira de Teis.
Mais 200 persoas na absoluta !!50 mulleres de momento
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2618 Posts
Vilanova-Vigo
Reply with quote Post Wed, 20 Feb 2019, 9:26
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pois de momento 332 na absoluta, dos cales 72 mulleres.
Espereo que entrenes esta semán rapaza, a Vig-bay está o caer.
Nos vemos o domingo, ainda que estarei facendo unha tirada antes..





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum