Ven, 08 Feb 2019, 11:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Plan Maratón Vig-Bay: semana 6 (de 14)
Semana 1/5 do bloque 2/3 -> carga
Luns (4 de febreiro)
A primeira hora da mañá con Gefreiter, fixemos 4 km suaves de quecemento e un pouco de técnica de carreira, para logo facer 12 costas de 90m con recuperación a trote. Logo, mentres el fixo uns 200, eu aproveitei para facer unha sesión de abdominais e unha boa de estiramentos. En total 7,37 km en algo máis de corenta minutos.
Martes (5 de febreiro)
Rodaxe de 9 km moi suaves en 50'. Trotero trotero.
Mércores (6 de febreiro)
Tiña pensado descansar o xoves, pero complicouseme o día. Así que descanso.
Xoves (7 de febreiro)
Xa de noite e na Alameda, animeime a facer o 15x500 que tiña programado. Primeiro 6,2 km de quecemento a 4:50/km, e despois o 15x500 na propia Alameda. Sei como facer 200, 400 e 600, pero non 500. Así que fíxeno caserillo, sumándolle ao 400 un 100m por gps (que sendo na Alameda, é algo máis de 100m; pero así asegurábame facer 500m).
Con 1' de recuperación andando, saíron de media en 1'47". Os que pica para arriba en 1'50"-1'51", e os que pican para abaixo en 1'43"-1'44". O máis lento en 1'54" e o máis rápido en 1'36".
En total foron 15,83 km en 1h20'.
(Non son eu de levar música mentres corro. Pero desta vez, como era tan tarde, o adestramento durillo e ía só, animeime a levar algo. Penso que axudou, polo menos as series fixéronseme amenas amenas. Calquera que me vise pseudobailando Rocket Man ou algunha de Fleetwood Mac no minuto de recuperación, non debía de entender nada jejej Nas últimas xa ía asfixiadillo e volvínme un tipo serio, como a película dos Cohen xD
Perdón polo inciso non atlético
)
Venres (8 de febreiro)
A primeira hora da mañá con Gefreiter, trote moi suave e abdominais. En total uns 5km en media hora.
Mañá farei un 10km rapidillo, a ver se sae en 39'. Mentres que o domingo farei unha tirada longa, sendo a primeira parte unha rodaxe tranquila e a segunda a carreira do Calvario (10km).