Foros ›
Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
993 Posts

Reply with quote Post Sun, 27 Jan 2019, 22:15
Post subject: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19): PECHADO

IV Edición 102km: O Carballiño - Santiago de Compostela
Sábado 9 de marzo de 2019


Que se sortea?
1 dorsal feminino e 1 dorsal masculino
IMPORTANTE: é imprescindible indicar a cal dos dous se opta!
De non ser así, a mensaxe non será válida.
(A distancia non é necesaria, será escollida (entre 102 km, 44 km ou 58 km) despois do sorteo polas persoas gañadoras, non hai que dicilo no momento de inscribirse)


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: O Carballiño - Lalín - Santiago de Compostela, sábado 9 de marzo de 2019.
Web da carreira: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/iv-edici-n-102km-carballi%C3%B1o-santiago/b2f3b495-6234-f803-8560-39e976c22b00
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 28 de xaneiro ao xoves 31 xaneiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 31 de xaneiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 28 de xaneiro ata as 23:59 do 31 de xaneiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Last edited by O_Circuito on Fri, 01 Feb 2019, 17:44; edited 1 time in total
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
164 Posts
Ourense
Reply with quote Post Sun, 27 Jan 2019, 23:51
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata 31/1

Desexo participar no sorteo dun dorsal masculino pra esta proba e asi cumprir unha promesa de faguer peregrinaxe a Compostela
Magono

Montañés
Montañés
20/03/11
274 Carreiras
729 Posts
Lugo
Reply with quote Post Mon, 28 Jan 2019, 14:51
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata 31/1

Yo también deseo participar en el sorteo de un dorsal masculino, a ver si este año no me quedo en Bandeira como el año pasado y puedo llegar a Santiago.
pinturera

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
9/10/13
70 Carreiras
200 Posts
Deza
Reply with quote Post Tue, 29 Jan 2019, 22:35
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Ola, gustariame participar no sorteo do dorsal ( rapaza)
icordalb

Novo foreiro
Novo foreiro
10/05/15
0 Carreiras
1 Posts

Reply with quote Post Tue, 29 Jan 2019, 23:16
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Pois quixera entrar no sorteo de un dorsal masculino, e así probar si e certo que o camiño a Santiago está repleto de maxia.
Graciñas
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
993 Posts

Reply with quote Post Tue, 29 Jan 2019, 23:26
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata 31/1

O_Circuito escribió:
Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento


4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Lembrade que para poder participar no sorteo é necesario que sexades membros activos do Circuito, con algún punto enviado na tempada actual ou con máis de 1000 puntos en tempadas anteriores.
Janaga

Novo foreiro
Novo foreiro
10/12/16
1 Carreiras
5 Posts

Reply with quote Post Tue, 29 Jan 2019, 23:30
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Hola,a mi también me gustaría participar en el sorteo del dorsal,seria una gran experiencia,masculino
norris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/02/09
143 Carreiras
220 Posts
boimorto
Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 0:05
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

boas !!!
quero participar no sorteo do dorsal masculino, a ver si remato por segundo ano consecutivo...
graciñas polo sorteo !!!!
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1643 Posts
vedra
Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 0:18
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Gustariame entrar no sorteo dun dorsal masculino para esta proba.
Porque? Pois porque despois de rematala no 2016 e no 2018( ca tormenta Félix polo medio incluida ), imos tentar de facer bo o dito de "non hai 2 sen 3"


Last edited by koala36 on Wed, 30 Jan 2019, 12:11; edited 1 time in total
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1643 Posts
vedra
Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 0:19
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

eliminado


Last edited by koala36 on Wed, 30 Jan 2019, 12:12; edited 1 time in total
toril

Novo foreiro
Novo foreiro
7/11/11
0 Carreiras
11 Posts

Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 8:42
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Me gustaría participar en el sorteo, Distancia 102, genero masculino
nandopr

Maratoniano
Maratoniano
17/06/12
109 Carreiras
179 Posts
Cambados
Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 8:57
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Gustaríame participar no sorteo para esta carreira, xénero masculino, para poder participar e coñecer este camiño de Santiago, xa que nunca fun por ese tramo.


Last edited by nandopr on Wed, 30 Jan 2019, 10:17; edited 1 time in total
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1694 Posts
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 9:21
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Gustaríame participara no sorteo do dorsal (categoría masculina).
A razón e que teño gañas de probala, ainda que medo me da meter esa tirada en plena preparación para a miña vindeira maratón de asfalto.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Elenapaula

Novo foreiro
Novo foreiro
6/03/18
30 Carreiras
1 Posts

Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 11:28
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata

Eu quería participar co dorsal femenino pero non teño puntos, así que sólo me queda mandar un saúdo por aquí
Suka

Maratoniano
Maratoniano
4/05/14
300 Carreiras
233 Posts
Sada - A Coruña
Reply with quote Post Wed, 30 Jan 2019, 17:02
Post subject: Re: Sorteo 2 dorsais 102km Carballiño-Santiago (9/3/19):ata 31/1

Me gustaría participar en el sorteo dorsal femenino.
Nunca participé en esta carrera y siendo por el camino de Santiago es una buena ocasión para hacerlo... a ver si tenemos suerte!!!
Gracias por el sorteo

Suka
De todos los riesgos que he corrido, el único que no hubiera corrido nunca; es el de no haberlos corrido todos.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum