Foros ›
V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 9:13
Asunto: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Ola a tod@s!
O Club de Montaña Vértice organiza o V Maratón por Montaña “A Camelia”, que terá lugar o día 03 de Febreiro.
Este ano temos modificacións no trazado da Maratón, que pensamos que vos van a gustar, baixando a distancia a 42Kms.
Seguimos mantendo o Trail corto e una Andaina, con 15Kms compartidos.
Aquí vos deixamos os datos principais desta edición.
Vémonos en Vedra!.

MARATÓN: Modalidade competitiva con unha distancia de 42 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.800 m e un desnivel acumulado de 3.500 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: media
6 Avituallamentos (1 líquidos + 5 sólidos)
150 prazas

TRAIL: Modalidade competitiva con unha distancia de 15 kms.
Desnivel positivo aproximado de 350 m e un desnivel acumulado de 700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: baixa
1 Avituallamento (líquido + sólido)
200 prazas

ANDAINA: mesmo trazado Trail
200 prazas

Precio Inscripción:
Maratón-25€
Trail-10€
Andaina-5€
(Seguros, regalo e pincho incluidos)

Inscripcións en Galitiming
Mais información na nosa paxina de Facebook: Maratón de Montaña "A Camelia"



Última edición por CDM_Vértice o Mar, 15 Xan 2019, 21:01; editado 2 veces
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 12:51
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

REGULAMENTO
V MARATÓN por MONTAÑA “A CAMELIA” 2019

1.- ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o V Maratón por Montaña “A Camelia” 2019, que se celebrará o día 03 de Febreiro do 2019, con saída na Área recreativa de Agronovo e chegada en Vedra (Pabellón de Deportes).

1.2.- Tipo de proba.

MARATÓN: Modalidade competitiva no federada, con unha distancia de 42 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.800 m e un desnivel acumulado de 3.500 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: media
6 Avituallamentos (1 líquidos + 5 sólidos)

A saída da Maratón será as (9:00h), trasladándose os participantes en autobús desde o Pavillón Polideportivo de Vedra (as 8:30).
Existirá un tempo límite de 7:00h, contadas desde a saída, polo que o participante que supere as 5.00h nun punto no que haberá unha persoa de control (Km 30,5), deberá desviarse obrigatoriamente polo trazado alternativo.

2.-PERCORRIDO

2.1.- O itinerario recorre os montes e camiños de gran parte do Concello de Vedra, adentrándose tamén, nos concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela e Teo. Sendas cheas de historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza.
Tamén haberá tramos de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas.

Maratón
Elevación máxima: 540 m
Elevación mínima: 46 m
Pendente máxima de subida: 36%
Pendente máxima de baixada: 37%
Distancia de asfalto acumulada: 3,5 kms

3.- PROGRAMA

03 de Febreiro (domingo)

07:30–Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Pavillón Polideportivo de Vedra- Zona de Meta)
08:30–Fin da entrega de dorsais para a Maratón.
Inicio de transporte (autobuses) dos corredores da Maratón.
09:00–Saída da Maratón.
14:00–Corte horario da Maratón no Km 30,5 (desvío obrigatorio)
13:00–Chegada prevista dos primeiros corredores da Maratón.
14:30–Cerimonia de entrega de premios.
16:00–Peche de Meta e clausura da proba.

4.- PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.

A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.

Material Recomendado (tendo en conta a climatoloxía de un mes de Febreiro):
- Chuvasqueiro ou cortaventos
- Teléfono Móbil con carga suficiente
- Reserva de auga de ½ litro
-Obrigatorio vaso ou recipiente similar para os corredores da Maratón (non se repartirán vasos nos avituallamentos).

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-525, donde habrá unha persoa da organización xestionando ese punto (Km 24).
Coordenadas: 42.783387, -8.435895

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura 2000, Vía da Prata, Camiño Miñoto/Ribeiro), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do V Maratón por Montaña “A Camelia” 2019, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com

5.- INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba).
O límite de participantes será de 150 prazas.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 12 de novembro de 2018, a través da páxina web galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.

O prezo da inscrición será: 25€

Si antes da fecha de peche de inscricións (31 de xaneiro de 2019), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.

Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com

A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS

6.1.- Maratón:

Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables):

Categoría absoluta masculina e feminina,
Veteranos (+40) masculina e feminina
Clasificación por Equipos/Clubs( tres primeiros):
Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 3 compoñentes, formalizando a inscrición co mesmo nome de equipo.

Camiseta técnica a tod@s @s participantes da Maratón
Pincho Final na Meta para tod@s.

7.- AVITUALLAMENTOS

7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:

Km. 7– Puente Ulla - Líquido + Sólido
Km. 14– Zona da canteira - Líquido + Sólido
Km. 19,5– Pico Sacro– Líquido + Sólido
Km. 25– Socastro – Líquido
Km. 29,5– Ponte baixo a AP-53 – Líquido + Sólido
Km. 35,5– Monte de San Fins – Líquido + sólido

8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación:

Non pasar polos puntos de control establecidos

Non realizar o recorrido completo

Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal

Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)

Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite

Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.

9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios farase a partir das 14:30h, acompañado dun picho final.

11.- OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).

11.2.- Coordenadas GPS:

-Meta/Recollida de dorsal: 42.773046, -8.483207

-Saída Maratón: 42.754908, -8.408446

11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Sáb, 17 Nov 2018, 14:04
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Habrá que repetir ....un ano mais!!!!!
Magono

Montañés
Montañés
20/03/11
292 Carreiras
741 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Nov 2018, 14:23
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Creo que las 7 horas de límite son un poco justas, el año pasado eran 7 horas y media.
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Dom, 18 Nov 2018, 15:44
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Según el trabajo, me gustaría estrenarme en la distancia maratón en esta carrera
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 11:09
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Magono escribió:
Creo que las 7 horas de límite son un poco justas, el año pasado eran 7 horas y media.

Este ano son 4 km menos. Ainda así, a alguns as 7.30 vannos a facer moita moita falta. Eu tamen pediría aumentar o tempo de corte as 5.30 horas.
Magono

Montañés
Montañés
20/03/11
292 Carreiras
741 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 19:58
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Vale, con 4 kms menos es otra cosa. Las 5 horas en el km30 son más complicadas que las 7 horas en meta porque la primera parte es más dura y por lo tanto más lenta. Así que, media horita en los dos no venía nada mal.
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 20:01
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

[quote="Magono"]Vale, con 4 kms menos es otra cosa. Las 5 horas en el km30 son más complicadas que las 7 horas en meta porque la primera parte es más dura y por lo tanto más lenta. Así que, media horita en los dos no venía nada mal.[/quote
Opino coma ti
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 20:12
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

REGULAMENTO
III TRAIL “A CAMELIA” 2019

1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o III Trail “A Camelia” 2019, que se celebrará o día 03 de Febreiro do 2019, con saída e chegada en Vedra (Pavillón de Deportes).

1.2.- Tipos de probas.

TRAIL : Modalidade competitiva con unha distancia de 15 kms.
Desnivel positivo aproximado de 350 m e un desnivel acumulado de 700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: baixa
1 Avituallamento (líquido+sólido)

ANDAINA : Modalidade non competitiva con unha distancia de 15 kms (mesmo trazado do Trail)
Dificultade física: media
Dificultade técnica: baixa
1 Avituallamento (líquido+sólido)

Primeiro darase a saída o Trail (11:00h), desde o Pavillón Polideportivo de Vedra, e a continuación sairá a Andaina detrás. Estas probas terán lugar polo mesmo trazado, coincidindo este cos 12kms últimos da Maratón.

2.-PERCORRIDO

2.1.- O itinerario recorre os montes e camiños do Concello de Vedra, sendas cheas de historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza.
Tamén haberá tramos de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas.

3.- PROGRAMA

03 de Febreiro (domingo)

07:30–Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Pavillón Polideportivo de Vedra- Zona de Meta)
08:30–Fin da entrega de dorsais para a Maratón.
10:45–Fin da entrega de dorsais para o Trail e Andaina.
11:00–Saída Trail e Andaina desde o Pavillón Polideportivo de Vedra.
12:00–Chegada prevista dos primeiros corredores do Trail.
14:30–Cerimonia de entrega de premios.
16:00–Peche de Meta e clausura da proba.

4.- PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización.

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura 2000, Ruta do Pereiro-Sales), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.

Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do II Trail “A Camelia” 2018, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice @ gmail.com

5.- INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba) ou 16 anos con autorización firmada por pai/nai/titor legal. O límite de participantes será:
Trail : 200 prazas
Andaina: 200 prazas
Si antes da fecha de peche de inscricións (31 de xaneiro de 2019), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 12 de novembro de 2018, a través da páxina web galitiming.com/inscrip...-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente.

Os prezos da inscrición son:

Trail: 10€
Andaina: 5€

Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice @ gmail.com

A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.- CATEGORÍAS E PREMIOS

6.1.- Trail:

Categoría absoluta masculina e feminina,
Veteranos (+40) masculina e feminina
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).

Obsequio os corredores do Trail e Andaina
Pincho Final na Meta para tod@s.

7.- AVITUALLAMENTOS

7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos:


Trail corto/Andaina
Km. 8– Monte de San Fins – Líquido + sólido

8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación:

Non pasar polos puntos de control establecidos

Non realizar o recorrido completo

Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal

Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control)

Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite

Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.- ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios farase a partir das 14:30h, acompañado dun picho final.

11.- OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).

11.2.- Coordenadas GPS:

-Meta/Recollida de dorsal: 42.773046, -8.483207

-Saída Trail/Andaina: 42.773046, -8.483207


11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Xan 2019, 15:48
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

A menos de un mes da proba, confirmamos o Calendario de Carreiras por Montaña 2019, no que estaremos presente con tres probas:
V Maratón por Montaña "A Camelia" (1ª proba da Copa)
III Trail Vila de Padrón "Desafío Vértice" (4ª proba da Copa)
II Trail corto Vila de Padrón "Desafío Vértice" (3ª proba da Copa Junior)



CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Xan 2019, 7:59
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Bos días a tod@s!
A duas semanas de pechar inscricións, esperamos contar con vos nesta 5ª edición que nos trae novidades:
no percorrido, na participación, na inclusión como proba dá Copa Galega de Carreiras por Montaña.
E como sempre, con todo ou traballo e bo facer deste Club.
Vemonos en Vedra!
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Xan 2019, 10:08
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Quedan 3 días para pechar as inscricións (xoves 31 as 21:00H), e imos repasar as cousas importantes a ter en conta.
MARATÓN:
Recollida dorsais: a partir das 7:30H (zona de Meta-Pavillón Municipal)
IMPORTANTE identificarse co DNI e presentar Licencia Federativa.
Partida dos autobuses para o punto de saída: 8:30H
Inicio Maratón: 9:00H (Área recreativa de Agronovo).
Ropeiro na zona de saída.
Avituallamientos: 6
Corte horario: as 14:30H (Km 31- 5º avituallamento)
Entrega de premios: as 14:30H
Peche de Meta: as 16:00H (7 horas de carreira)

TRAIL/ANDAINA:
Recollida dorsais: desde as 7:30 ata as 10:45 (zona de Meta-Pavillón Municipal)
Inicio da proba: 11:00H
Avituallamento: 1
Entrega de premios: as 13:30H
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 29 Xan 2019, 20:00
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Boas corremontes!, para tod@os os que teñades pensado vir o día anterior con autocaravana ou furgo-camper, teremos unha zona habilitada de parking, xunto a Meta (parking do CPI de Vedra)
CDM_Vértice

Organización
Organización
21/06/17
2 Carreiras
90 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 30 Xan 2019, 20:09
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Para tod@s os que vides de acompañantes e queredes ver pasar os corredores e corredoras, imos recomendar uns puntos:
O primeiro será a saida, na Área recreativa de Agronovo.
42.754930, -8.408439
O segundo punto é en Ponte Ulla, no centro da aldea.
42.778365, -8.401933
Por último, recomendamos subir ata o Pico Sacro, a suas vistas son espectaculares.
42.806444, -8.446569
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1670 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Xov, 31 Xan 2019, 12:46
Asunto: Re: V Maratón por Montaña "A Camelia" (03/02/2019)

Pois nada, un ano mais (e seran xa cinco Bailar ) finalmente ahi estarei na salida para tentar de rematar a proba. Cada ano costame mais Muro Muro pero por intentalo non vai a ser. Vemonos o domingo Guiño Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos