Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 27 Xan 2019, 21:52
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Pola foto que mandaron do Carma pensei que fixeras a Subida ó Castro tamén.

En fin , moito ánimo e forza con plan, aínda que dixo xa tes de sobra
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 27 Xan 2019, 22:43
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ola Meigalicix!
Rematei alí a tirada, no porto, que é onde era a saída da Subida ao Castro, porque Sanmikel e outro compañeiro que fixo con nós a tirada ían facer a carreira. Entón decidimos saír do Castro e rematar na saída. Pero eu non me animei a facela.
De feito, ao rematar alí, logo tocou un bo paseo de volta a casa. A idea era facer os 4km que tiña ata casa a trote suave para soltar pernas, pero ao final volvín andando con calma. O corpo non tiña ganas de moito máis.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 31 Xan 2019, 16:10
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Plan Maratón Vig-Bay: semana 5
Semana 5/5 do bloque 1/3 -> descarga

Luns (28 de xaneiro)
Descanso.

Martes (29 de xaneiro)
Quería facer unha pequena rodaxe, pero complicouseme o día. Para facer algo, fixen pola noite unha boa sesión de estiramentos e algúns abdominais. Pero en definitiva, descanso.

Mércores (30 de xaneiro)
Quedei con Gefreiter a primeira hora da mañá sen saber moi ben cal sería o menú, que resultou ser un 2x6x600. Así, despois dun quecemento de 4km e un pouco de técnica de carreira, comezamos as series na Alameda. Con 1' de recuperación a trote entre repeticións e 4' andando entre os dous bloques, os tempos foron:
2'06"-2'10"-2'07"-2'07"-2'06"-1'57"
2'08"-2'02"-xxxxx-xxxxx-xxxxx-xxxxx
O reloxo quedoume sen batería nas catro últimas, así que non sei os tempos. Pero quitando as dúas primeiras, pois a primeira sairía sobre 2'03"-2'04" e a segunda que foi rápida (ao redor de 2'00"), o resto foron lentas (máis de 2'10" seguro).
Boas sensacións pero sen estar fresco, vaime vir ben esta semana para que as pernas respiren un pouco.
En total pouco menos de 14km en algo máis de 1h.

Xoves (31 de xaneiro)
Sen moito tempo nin moitas ganas. Así que aproveito para seguir descansando, que non vén nada mal.

-------------------

Remata xaneiro con 317,6 km.
lobo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/12/10
240 Carreiras
183 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 31 Xan 2019, 23:06
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Bo traballo! Ánimo e a seguir así...
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Sáb, 02 Feb 2019, 8:02
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Muy buena saca de kms. si señor. Yo no suelo pasar de los 200 mensuales.... Avergonzado .
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 03 Feb 2019, 13:40
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Lobo! Verémonos na Coruña21, que polo que vin no fío da carreira vas intentar ir a por marca. A ver se hai sorte! Eu dareiche ánimos no xiros Guiño

Boas CK13! Si que son moitos. Sei que hai xente que fai aínda máis, pero a min con estes paréceme máis que suficiente para preparar unha maratón. Pasar dos 80km semanais con regularidade é esixirlle moito ao corpo. Pode que sexa necesario dependendo dos obxectivos de cada un, pero é meterlle moita tralla. O que si, quero ver os desniveis que fas ti nun mes e logo vemos os meus, aí si que ten que haber diferencia Abraiado
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 03 Feb 2019, 13:40
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Venres (1 de febreiro)
Rodaxe con Gefreiter de 15km a primeira hora da mañá. Percorrido de ida e volta, coa ida picando para arriba e a volta (en xeral) para abaixo. En total 15,16 km en 1h06'47" (a 4'24"/km). Ao comezo costoume moito. As pernas non ían e sufría para manter o ritmo de Gefreiter, pero pouco a pouco fun atopándome mellor.

Sábado (2 de febreiro)
Pequena saída de 3 km moi suaves (a 5:30/km) para logo facer unha boa serie de estiramentos, xa que aínda que esta semana non ía facer unha tirada longa, finalmente animeime a ir o domingo cos compañeiros do Carma.

Domingo (3 de febreiro)
Sendo unha semana de descarga ou recuperación, non tiña pensado facer unha tirada longa. Pero apunteime cun grupiño de compañeiros de equipo que ían facer 32 quilómetros. En total foron 32,08 km (os 26 primeiros foron os mesmos que os da maratón VigBay, logo dimos volta para rematar en Samil) en 2h25'10" (a 4:31/km de media).

Moi boas senscións, comezando a 4:50/km e rematando a 4:10/km varios quilómetros. Cargadas as pernas ao final pero sen molestia algunha, tan só o aquiles que se está queixando agora un pouco, pero é normal despois de tantos quilómetros. Así que toca seguir coidándoo con xeo e estiramentos.


-> Resumo da 5ª semana:
Remata esta semana de descarga con 64 quilómetros, repartidos esencialmente en 3 adestramentos: 2x6x600, unha rodaxe de 15km e a tirada longa de 32km. Para a semana volveremos cunha semana normal, é dicir, de carga. Algo raro falar de semana de descarga cando fas unha tirada de 32 km, pero saiu así Angel

Mañá comeza o 2º bloque, que terá a mesma estructura que o anterior: 4 semanas de carga e unha de recuperación (esta será de verdade). A idea será seguir facendo cada semana dúas rodaxes, un día de series curtas, outro de series longas, e as tiradas dos domingos. Ademais na metade deste bloque está a Coruña21 e tamén o 10k de Padrón, nas que intentarei facer marca nas respectivas distancias. No segundo caso asequible, pois supón baixar de 37'30". Mentres que na media terei que saber sufrir nos últimos quilómetros, xa que para baixar de 1h19'30" hai que correr moito, e as pernas non van chegar nas mellores condicións. O tempo dirá!
cK13

Montañés
Montañés
26/11/15
0 Carreiras
2123 Mensaxes
Caldas de Reis
Respostar citando Envío Lun, 04 Feb 2019, 6:46
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

32 Kms. improvisados a 4´30" y que salgan con buenas sensaciones, son como digo yo.....fruta buena
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 08 Feb 2019, 9:55
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

cK13 escribió:
32 Kms. improvisados a 4´30" y que salgan con buenas sensaciones, son como digo yo.....fruta buena

O certo é que si. Non contaba con que saísen así. Aínda que ao non ter feito case nada durante a semana, cheguei bastante descansado. Pero en calquera caso, da moita confianza para encarar estas semanas. Sobre todo pensando na media da Coruña.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 08 Feb 2019, 10:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Plan Maratón Vig-Bay: semana 6 (de 14)
Semana 1/5 do bloque 2/3 -> carga

Luns (4 de febreiro)
A primeira hora da mañá con Gefreiter, fixemos 4 km suaves de quecemento e un pouco de técnica de carreira, para logo facer 12 costas de 90m con recuperación a trote. Logo, mentres el fixo uns 200, eu aproveitei para facer unha sesión de abdominais e unha boa de estiramentos. En total 7,37 km en algo máis de corenta minutos.

Martes (5 de febreiro)
Rodaxe de 9 km moi suaves en 50'. Trotero trotero.

Mércores (6 de febreiro)
Tiña pensado descansar o xoves, pero complicouseme o día. Así que descanso.

Xoves (7 de febreiro)
Xa de noite e na Alameda, animeime a facer o 15x500 que tiña programado. Primeiro 6,2 km de quecemento a 4:50/km, e despois o 15x500 na propia Alameda. Sei como facer 200, 400 e 600, pero non 500. Así que fíxeno caserillo, sumándolle ao 400 un 100m por gps (que sendo na Alameda, é algo máis de 100m; pero así asegurábame facer 500m).
Con 1' de recuperación andando, saíron de media en 1'47". Os que pica para arriba en 1'50"-1'51", e os que pican para abaixo en 1'43"-1'44". O máis lento en 1'54" e o máis rápido en 1'36".
En total foron 15,83 km en 1h20'.

(Non son eu de levar música mentres corro. Pero desta vez, como era tan tarde, o adestramento durillo e ía só, animeime a levar algo. Penso que axudou, polo menos as series fixéronseme amenas amenas. Calquera que me vise pseudobailando Rocket Man ou algunha de Fleetwood Mac no minuto de recuperación, non debía de entender nada jejej Nas últimas xa ía asfixiadillo e volvínme un tipo serio, como a película dos Cohen xD
Perdón polo inciso non atlético Mr. Green )

Venres (8 de febreiro)
A primeira hora da mañá con Gefreiter, trote moi suave e abdominais. En total uns 5km en media hora.

Mañá farei un 10km rapidillo, a ver se sae en 39'. Mentres que o domingo farei unha tirada longa, sendo a primeira parte unha rodaxe tranquila e a segunda a carreira do Calvario (10km).
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Feb 2019, 13:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Poís non seí a que hora fuches o xoves. Eu estiven sobre as 21:00.
Ó mellor ata coíncidimos.
Saudos e a seguir así.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 08 Feb 2019, 14:27
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Rufino escribió:
Poís non seí a que hora fuches o xoves. Eu estiven sobre as 21:00.
Ó mellor ata coíncidimos.
Saudos e a seguir así.

Pois pode ser. Eu cheguei ás 21:40 (según a actividade de Garmin), así que se non coincidimos foi polos pelos.
Grazas polos ánimos!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Sáb, 09 Feb 2019, 12:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sábado (9 de febreiro)
En Castrelos con Sanmikel e Isaac, o plan era facer un 10km rápido, sobre 39'. Primeiro 4 km de quecemento e xa sen parar iniciamos os 10km. Saíron en 38'22". Para rematar 3 km suaves.
En total foron 16,74 km en 1h13'.

Boas sensacións, aínda que saiu máis rápido do esperado. Mañá faremos esa rodaxe previa á carreira, e nela intentarei volver correr por debaixo de 4'/km. Seremos un bo grupiño, incluídos os propios Sanmikel e Isaac, así que seguro que sae un bo adestramento.
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5631 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Feb 2019, 12:52
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

sonsuso escribió:
Sábado (9 de febreiro)
En Castrelos con Sanmikel e Isaac, o plan era facer un 10km rápido, sobre 39'. Primeiro 4 km de quecemento e xa sen parar iniciamos os 10km. Saíron en 38'22". Para rematar 3 km suaves.
En total foron 16,74 km en 1h13'.

Boas sensacións, aínda que saiu máis rápido do esperado. Mañá faremos esa rodaxe previa á carreira, e nela intentarei volver correr por debaixo de 4'/km. Seremos un bo grupiño, incluídos os propios Sanmikel e Isaac, así que seguro que sae un bo adestramento.

Mima estades como motos!!!! eu que xa estaba contento en facer un 10.000 rápido en 39'...jjjj a ver quen vos colle a matrícula en Padrón. Noraboa bestas! Guiño
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 09 Feb 2019, 15:35
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Que fácil parece. Él e isaac, como motos, eu 24s despois, e iso que fixen o ultimo en 3:43. Pero un bo entreno sufrindo..





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos