Mar, 22 Xan 2019, 21:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela: A cabina de Clark Kent
Non compre unha nave extraterrestre para ter unha experiencia de abducción. Abonda con ter unha xornada laboral e unha familia que atender .
Así que a regla de ouro para poder non ser víctima da abducción e salvar tempo para entrenar é poder afastarse o máis posible dos focos de risco... Evidentemente hai que ir a currar todos os días, pero truco está en poder ir correr á saida sen pasar por casa antes, pois nese caso a abducción sería inevitable.
Hai distintas estratexias posibles. Hai veces que xa vou coas zapatillas postas ó traballo e unha malla negra sen logos nin adornos que pasa por un leggin normal... Pero hai que acabar despois de transformarse na vestimenta superior.
Hoxe marchei de casa sen o xogo de chaves do taller do meu fillo, a miña "cabina de Clark Kent" dos últimos tempos. Pero o bo de vivir no minifundio extremo da favela é que sobran lugares dos que botar man sen ter que ir a casa. Esta vez fun ata a horta onde temos o galiñeiro e o invernadoiro. Alí só hai pasadores e tarabelos pero non candados, así que se pode pasar sen chaves.
Solventado o tema do cambio de roupa, por fin saín a facer o primeiro entreno da semana ás 13:30. Con medo de que me fose caer o diluvio universal enriba, pero houbo sorte e rematei toda a tirada pisando en seco.
Abrindo a zancada ata onde podía, inspirando e espirando con toda a amplitude posible, ata me parecía que ía rápido e todo, pero só foi autosuxestión. Vale, medio minuto menos que o domingo, e dous minutos e medio menos ca o sábado, pero todo calderilla. O obxectivo era non mollarse e garantizar 3 saídas esta semana, así que tampouco lle darei máis voltas.
Polo demais, na carreira de Teis xa estamos anotadas 5 mulleres e 12 homes na categoría absoluta... Sería impresionante que se mantivese esta proporción de case o 33 % ata o final das inscripcións