Dom, 20 Xan 2019, 16:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Domingo (20 de xaneiro)
Hoxe tocaba o
IX Trail Río da Fraga (Moaña). Sabía que non ía ser un trail cómodo, pero non esperaba que me resultase tan duro. Por moito que este sexa o terceiro trail do último mes, sigo sendo un novato, polo que vou un pouco a cegas. Sabendo que os primeiros quilómetros eran rapidillos (aínda que parte eran por area), animeime a saír rápido e logo ir vendo que pasaba.
Saída e os dous primeiros quilómetros son rápidos, pois mezclan asfalto e area. Saen en 4:23 e 4:22. Non pensedes que fun de kamikaze, pois hai bastantes corredores diante miña, pero ao non saber se van ao curto ou ao longo, non é unha referencia. Neste comezo xa pasamos por primeira vez polo río (outra cousa non, pero os pés vai ir ben mollados durante toda a carreira. Collínlle cariño a isto
). O terceiro quilómetro tamén sae rápido, 4:58, pero xa con desnivel. A partir de aí, comeza o bo.
Xa nas primeiras rampas póñome a andar sen reparo ningún. Son o novo, pero xa non tan tonto
Así que sei que hai que gardar, que isto é longo. Adiántame algún corredor e eu collo a outros. Pero na primeira baixada xa teño unha pequena cola detrás. Non é descarado, pois todavía teño a varios uns metros diante miña. Pero xa se pode intuír quen é o lentorro
Pouco despois doume de conta que estas subidas non son nada cómodas e si algo técnicas. De feito, esvaro varias veces polas rochas que hai na beira do río. Así que se xa non tiña pretensión de ir rápido, iso quitoumas, e dende ese momento teño o único obxectivo de ir cómodo e non mancarme. Nos seguintes quilómetros de subida (ata a cima) eu vou ao meu ritmillo e case sempre só. Adiántanme a cuenta gotas uns dez ou doce corredores, e así chegamos á cima no km 11. Unha pasada as vistas!
Comezo a baixada con moita calma, e pouco despois xa está o abastecemento. Pararei algo máis de minuto e medio. Como un pouco de todo e falo tamén cos voluntarios. Neste tempo adiántanme tres corredores. Arranco de novo. Eu sigo ao meu, coa mesma idea que antes. Irei só ata o quilómetro 14 ou 15, cando me alcanza un grupiño de catro ou cinco persoas nunha baixada empedrada e con bastante pendente. Xusto despois chegamos ao río e iremos bordeándoo pola beira. Xa máis cómodo nesta parte, vou algo máis rápido. Un dos chicos que ía diante está parado e dime que caeu e se deu un bo golpe no costado. Será o km 18, e a partir de aí iremos xuntos ata meta. Os últimos dous quilómetros por un camiño ata chegar á costa volven saír máis rápido, ao ser por sendeiro primeiro e logo asfalto. Chegando a meta en
2h44'52" para un total de 21,42 km (a 7'42"/km).
Resumindo un pouco...
Non tanto como en Salceda hai unha semana, pero estou destrozado. Ningunha molestia, pero si baleiro, sen forzas. Agás nos tres quilómetros iniciais e nos dous quilómetros finais, fun moi relaxado e deixándome levar tanto en subidas como en baixadas. En parte por non arriscar, pero tamén porque non tiña forzas para ir máis rápido nas subidas nin nas pistas. En calquera caso, rodaxe por montaña de case 3h con moita forza. Así que obxectivo máis que conseguido!
Isto dos trails vaime gustando cada vez máis, pero ao mesmo tempo teño claro que para ir despacio. É dicir, gústame pero para facelo relaxado e sen pretender correr. Pode que a medida que vaia aprendendo a baixar mellor e colla forza para subir máis rápido pense doutra forma, pero polo de agora, se algo me gusta, é precisamente escapar diso, de intentar ir rápido.