Foros ›
Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 06 Xan 2019, 23:28
Asunto: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): PECHADO

XIX CROSS POPULAR DO CONCELLO DE BOBORÁS
Domingo 20 de xaneiro de 2019


Que se sortea?
2 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Boborás, domingo 20 de xaneiro de 2019.
Web da carreira: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1680/xix-cross-popular-do-concello-de-boboras-ourense
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6354&date=20190120
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 7 de xaneiro ao xoves 10 xaneiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 10 de xaneiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 7 de xaneiro ata as 23:59 do 10 de xaneiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 11 Xan 2019, 9:43; editado 1 vez
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
174 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 07 Xan 2019, 19:09
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): ata 10/01

Quero e desexo participar no sorteo do dorsal e na carreira
Miña experiencia previa de varios anos: carreira moi rápida, nada técnica, todo pista, pra asfalteiros

Vale asi ¿?


Última edición por xabierdeparada o Mar, 08 Xan 2019, 20:45; editado 1 vez
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Xan 2019, 21:10
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): ata 10/01

Quero participar no sorteo.
Unha fixa no calendario, o circuíto poderiamos consideraro como un minitrail apto a todo o mundo, unha organización perfecta e sobre todo, todos os anos, moito frío.
Nes

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/07/12
415 Carreiras
592 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Mér, 09 Xan 2019, 8:19
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): ata 10/01

Quiero participar en este sorteo.
Esta sería mi sexta participación y siempre es una carrera que "sufro" bastante. El frío y el trazado (que como dice es nada técnica, pero de continuo sube y baja), hace que todos los años llegue al chocolate caliente del final muy "tocado".
Por el resto, la organización es fantástica y el recorrido es muy chulo.
ARBITRUCHO

Maratoniano
Maratoniano
12/04/09
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Xan 2019, 9:38
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): ata 10/01

Quero participar
E unha carreiramoi bonita para os que queiran iniciarse no monte, trazado nada técnico, todo corrible pero con boas vistas. Sempre fai frio, pero neste tempo faino en todos os sitios.
Boa organización e bo avituallamento, sobre todo o do final.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Xov, 10 Xan 2019, 19:04
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): ata

Yo también quiero participar en el sorteo.
Mis experiencias en las muchas ediciones de esta carrera que llevo ya a mis espaldas son muy satisfactorias, salvo una en que me clavé una espina de tojo que me traspasó la suela de la deportiva. Como ya han dicho otros correlegas es un trail de bolsillo apto para todos los runners.
Eso sí, dada la fecha del año, no conviene llevar las deportivas más nuevecitas. Si ha llovido habrá varias zonas embarradas que no se pueden rodear. Angel

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 10 Xan 2019, 23:01
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): ata 10/01

Sorteo cerrado, muchas gracias por participar.

A lo largo del viernes 11 pondremos aquí los nicks de los ganadores. Recordad que pasadas 48 horas desde la publicación del resultado, si no hemos recibido vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal que pasará a ser sorteado de nuevo entre los suplentes.

¡Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Xan 2019, 9:45
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): PECHADO

Ganadores: Nes, xaviarnoia

Enhorabuena a los ganadores de Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19)

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

- Nombre y apellidos

- Fecha de nacimiento

- DNI

- Localidad

- Talla de camiseta

- Nick personalizado para el dorsal

- Email

- Teléfono

- Club al que perteneces

- ¿Estás federado en este deporte? (Si/no)

- Número de federado

- Número de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad)

Recordad que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos vuestros datos, perderéis el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/fUj3Evid



Queda fuera del sorteo ARBITRUCHO por no indicar su deseo de participar en el sorteo.
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
40 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Xan 2019, 18:41
Asunto: Re: Sorteo 2 dorsais para Cross de Boborás (20/01/19): PECH

Mail enviado, moitísimas gracias. Esperamos desfrutar da carreira e non pasar moito frío.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos