Mar, 08 Xan 2019, 13:24
Asunto: Re: Diario de Sanmikel
Ante todo, ¡feliz ano!
Teño o diario un pouco abandonado, entre o traballo, o nadal é as vacacións, espero que non se repita. Vamos a intentar resumir.
Despois da última carreira pouco fixen: día 19: 30 min de elíptica, e un mil na cinta a 3:50. Día 21, 40 min de elíptica e 2km en cinta a 4:00
A semana rematou con 10km en cinta, 1 partido de fútbol sala, e elíptica
O día 24 fun probar a facer 4km a trote borriqueiro, pois teño o xeonllo dereito bloqueado, non son capaz a pechar de todo o xeonllo. Non me doía, e quería probar. Correndo non me doe, nin noto nada, pero cando estiro zancada e recollo noto que non podo forzar. A proba foi mellor do esperado, non me doe.
Día 25, 4km a 4:25.
Día 26, 5 km pre partido de fútbol sala a 4:42 e partido de 50 minutos
Día 28, trote de 7.5 km a 5, con parecía que non podía máis.
O día 30 me acerquei a Lousame, onde me apuntara o Trail Curto Minal de San Finx, onde nos encontramos moitos amigos, ademais de que Suso debutaba nun Trail, e a min me ía vir ben de referencia, iso pensaba eu. Entre Amina, Lihto, e SonSuso, aínda tivemos un día de amigos e bos sentimentos.
Vamos a contar por riba o trail, que estaba moi ben organizado, por o menos a min así me pareceu. Moito frío no día, demasiado, aínda que metido xa na carreira o día foi perfecto.
Me apuntaba o trail curto, e me dicía de que ía ir detrás de Suso, así foi na baixada xa me pasou, dous km de baixada é eu detrás, na subida tamén fun detrás, íamos máis ou menos xuntos, onde se ía camiñando. Pero o finalizar a primeira subida dura, se quedou atrás. Eu ía a un ritmo cómodo. Na baixada onde estaban uns gaiteiros, pasei a 4 ou corredores, pero me pasaron nada mais voltar a subida a uns 600 m. Pouco que contar, salvo que se me pegaron dous rapaces que me deixaron pasar, e foron detrás miña por o río durante uns 5km ou 6. Incluso me pasaron no km 11 ou así. Pero aproveitando unha baixada os deixei atrás. Eu cría que eran 14km e cando me dou conta, pasando a un rapaz do longo, me dixo que eran 16, xa se me quitaban as gañas, pero claro, non vou parar a 2km. Cheguei a meta so, incluso ó ultimo km, fun sen presión, case a trote. O final un tempo neto de 1:21:01, na posición 12. Un trail onde se pode correr bastante ben, por zonas de río preciosas (algo técnicas), é con unha organización magnífica.
Unhas ducha en auga quente, unha boa merendola por parte da organización, e unha charla cos amigos, é felicitar a Amina no Podium.
Despois comemos Suso, César do CARMA, coa súa familia é un servidor.
A semana rematou con 32km e un partido de fútbol sala.
Día 31, San Silvestre de Cambados.
Está era a miña quinta edición, corrinas todas dende que a comezaron a facer. Tiña pensala facela con máis calma, pois os cuadríceps estaban doloridos, pero o final fixen os 4.5km a 3:55, ademais de facer case 3km de quecemento, pois como non os fixera, non era capaz de levantar os pes do chan.
Moita festa, moitos nenos, moitos disfraces, é como sempre moi ben organizada. Se nota co o Clube de Cambados se involucra nesta proba.
O mes rematou con 143 km.
O ano 2018 rematou con 2400 km, que agora así escrito me parece unha barbaridade, e tamén unha felicidade.