Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 22:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Pollastre escribió:
A ver si el año que viene me coincide bien el calendario y coincidimos
Pois si que vai tocando coincidir, que desde o Berbés 2017 nada de nada, pero entre as distancias e os encaixes de bolillos que facemos cada un coa axenda semanal, xa non sei cando vai poder ser
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 23:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Finalmente a actividade atlética da semana reduciuse á hora do ximnasio do mércores, unha tanda de estática e pesas no salón de casa onte sábado, mentras diluviaba fora.
E hoxe a saída de 9 km, que unha vez máis quedou cun crono de 52:21 minutos, nos que eu cría que o ía dando todo e ben, pero segundo o Garmin o ritmo medio dos entrenos segue en 5:55. Supoño que isto aínda vai ser así por moito tempo, ata que se note un pouco mais o traballo do ximnasio. Hai que pensar sempre en positivo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 30 Nov 2018, 20:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Isto xa parece como o chiste aquel de que non se podía ser intelixente , boa persoa e do PP ó mesmo tempo, porque o cumplimento de dúas condicións exclúe á terceira.

As semanas que podo ir ó ximnasio (como ésta) se me ten que anular alguna sesión de correr. E cando por fin podo correr, como este xoves, teño chan seco, vento 0 nudos, pero resulta que resucitan as molestias na zona 0, na inserción do isquio esquerdo, que foron baixando a medida que ía quecendo

Unha vez máis sensación de dalo todo, pero con resultados discretos , e ritmo medio de 5:48 . Supoño que o pensamento positivo é que teño moitísimo marxe de mellora...


Última edición por Meigalicix o Dom, 02 Dec 2018, 21:12; editado 1 vez
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Dec 2018, 18:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo Meiga. Sigues ahí. Ese 5:48 está perfecto, aún te queda mucho margen para pasar el umbral del paquetismo de 6/km. Además, cuando toca carrera te vienes arriba y la cosa es como 20 segundos más rápida.

PD: Que 6/km está muy bien, que no se me cabree la peña, pero es más jogging que running. Es mi ritmo del futuro inmediato.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 02 Dec 2018, 21:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Mil grazas polos ánimos ,Freaky. Está ben saber que hai alguén que se fía mais do meu fondo físico que eu mesma.

Remata esta semana cunha sesión de ximnasio, e dúas saídas de 9 km, exercicios de reforzo só 3 días e nada de estática e pesas como a semana pasada.

Hoxe volvín a sentir as molestias do isquio, pero desprazadas cara afora. Providencial que maña toque repaso na fisio, vai ser que efectivamente hai que facer descarga xusto unha vez ó mes.

Pese ás molestias e ó vento de cara, eu plantei cara tamén, incluso recurrindo ó "modo Navratilova" aproveitando que era domingo pola mañá e non había case xente pola rúa... Non é para botar foguetes, pero desta vez logrei un ritmo medio de 5:39. Aínda que a progresión sexa mínima, sempre axuda a encarar a seguinte semana con optimismo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 09 Dec 2018, 22:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Resumo da semana:

Luns: sesión de fisio, pero a pesar de repaso a fondo. as molestias siguen.
Mércores: ximnasio. Será pola euforia prenavideña ou porque lles dou por ai. O caso é que tiñan montado " un reto" : duas tandas de exercicios (iguais para todos), e ver quen facia mellor crono. Por non facerlle un feo a Alba, deixei que me apuntase... En mala hora, na segunda tanda acabei pedindo papas varias veces. Tiña que telo pensado mellor, e valorar se ás rutinas marcadas eran o mellor para a miña perna esquerda. Pero son así, que me costa dicir que non e plantarme
Sabado e domingo: duas saídas de 9 km( outra semana na que me quedo escasa rodaxe) Ainda que as molestias no lado esquerdo siguen, fun mais ou menos cómoda. Os ritmos non baixan de 5:45.
É unha mágoa non poder coincidir no horario de Jota no ximnasio. Como excorredor él sabe ben por onde hai que reforzar tendo en conta as molestias e os puntos débiles, e onde esixir... A persoa indicada para "elaborar un plan" á miña medida e poder seguilo de aquí a abril : Despois do pinchazo do ano pasado, prometinme que no 2019 na Vigo Baiona íame desquitar , ainda que a día de hoxe vexo que todo vai mais lento e cheo de dificultades. Pero non hai que rendirse
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 10 Dec 2018, 9:15
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Hai que empezar a ser positiva xa. Calma, o importante é que esas molestias vaían a menos, e rodar cómoda. Olvida os ritmos. E máis, sal sen reloxio ou trebello gps ata que te atopes realmente cómoda e feliz. Tes tempo de sobra, non te obsesiones con apurar a preparación, e sobre todo afrontao con positividade Guiño
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Dec 2018, 22:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

anpefi escribió:
Hai que empezar a ser positiva xa. Calma, o importante é que esas molestias vaían a menos, e rodar cómoda. Olvida os ritmos. E máis, sal sen reloxio ou trebello gps ata que te atopes realmente cómoda e feliz. Tes tempo de sobra, non te obsesiones con apurar a preparación, e sobre todo afrontao con positividade Guiño

Moitas grazas polos consellos. Tes toda a razón, pero unha vez que se colle a costume de saír con algún trebello, xa parece que o entreno non é entreno se non o levas (unha teima máis para meter na saca, o admito)

Hoxe volvín facer campamento base no taller do meu fillo ó sair de traballar, decidida como estou a que esta semana por fin sexa de 3 saídas e 27 km. Aínda que as molestias da zona cero comezaron a manifestarse un pouco despois do km 4, non impediron que lle fose dando de caña ó ritmo. Por primeira vez en moito tempo, o crono baixou de 50 minutos
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4268 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Dec 2018, 16:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meiga: Últimamente me acuerdo de ti y tus entrenos de 8 km, o de 50 minutos, chámalle equis. Si hago carrera más de 10 km en mal suelo pita demasiado el gemelo al momento, si la hago en tierra pita pasadas unas horas, y si hago entreno de los tuyos (8 km) el post es cómodo, sin demasiado dolor.

Hace años me preguntaba el porqué de tu insistencia en no pasar de esa distancia mágica.

Ya lo voy pillando. Tres salidas de 27 km me salen a 9 km por salida. Es el punto justo del pastel, ni muy al dente, ni muy pasado. Me voy aplicando el cuento, creo que voy a pasar de dos salidas semanales de 11 km a 3 de 8 km, cosa que me va a salir mejor para el cómputo lesiones.

Creo que al final me va a pasar lo mismo en la piscina. Si no al tiempo.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 15 Dec 2018, 18:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Graciñas pola visita , Freaky. E de paso dicir que é todo un honor inesperado isto de ser "influencer" para os entrenos de alguén... por outra banda non deixa de ser curioso que dúas persoas de complexión tan distinta coma tí mais eu, teñamos o punto límite tan semellante.

Continuando coa actualización do diario, dicir que este xoves tocou ximnasio, ¡¡¡con Jota!!!. Desde que me reincorporei tras a lesión, aínda non me tiña coincidido nunca. Dous días despois aínda teño o corpo "levitando" da caña que me dou e os superestiramentos nas pernas. En fin, que aproveitei a ocasión para falar de todos os meus andazos e dos meus proxectos, para que o tivesen en conta no ximnasio nas vindeiras sesións:
- "Quero que desde xa, me vaias preparando para a Vigo-Baiona"
- "En serio?? " contestou el arregalando os ollos , pensando que lle falaba da maratón.
- "Xa sei que hai moitos, e coñecidos, que teñen un plan. Pero eu só aspiro a medio plan, e a ser posible repetir a marca de hai 2 anos"
En fin , hai que ilusionarse e poñer un obxectivo, pero sendo realistas. E a realidade é que hoxe volvín sair,ás 7:30 da mañá, O crono volveu ó seu estado habitual, en 52:15 minutos, Pero as pernas non estaban nada pesadas, detalle que invita ó optimismo e repetir
Veremos mañá.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 16 Dec 2018, 17:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

E mañá xa foi hoxe, e como quen ten cu ten medo (di o refrán), vistos os tronos e lóstregos das 9 da mañá, decidín quedar na casa.
Unha semana máis que se queda en só 18 km. Para lavar a mala conciencia, fixen os exercicios de reforzo de glúteos, 4 rutinas de "pesas en sentadilla", 20 minutos de bici estática alternando resistencia 2 e resistencia 3, e rematei con tanda completa de estiramentos.
Mañá ximnasio outra vez (xa que mércores doblo turno de traballo).
Que non se diga que non nos preparamos para facer sitio para os postres de Nadal.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 20 Dec 2018, 23:08
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : "A posverdade"

Como Winston Smith reescribindo a historia a posteriori, hoxe, despois de 6 meses, volvín a conectar o Garmin ó ordenador e púxenme a volcar e borrar datos: Para o lixo todos os rexistros de agosto , setembro e outubro, carreiras de tartaruga no retorno postlesión. So deixei algúns dos últimos, os de ritmo máis optimista para adornar ben a táboa de datos e virme un pouco arriba.

Polos turnos de traballo tiven que adiantar a sesión de ximnasio para o luns, outra vez máis con Jota, "gozando" da súa habilidade para esnaquizarme os músculos con exercicios aparentemente sinxelos e básicos... pero sin duda efectivos, xa que hoxe polo mediodía , ó facer a primeira saída da semana, notaba as pernas soltas e lixeiras. De feito saiu un crono moi bo , ritmo por debaixo dos 5:30 ( así a ollo, pois unha vez máis quedoume o garmin en casa).

Quixera que a segunda saída fose este sábado ás 11 en Castrelos, con toda a xente que se vai xuntar para honrar a memoria de Laura Luelmo, pero tócame turno de garda en casa. Espero que sexa algo ben visible , que sume forzas para que remate esta posverdade na que 60 mortes ó ano é o que toca e a ninguén lle sorprende.


Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 23 Dec 2018, 18:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: "Oliveville - Galifornia"
Censo dominical : A cerdeira do patio perdendo a folla e botando flores a un tempo.Unha lúa chea perfecta polo oeste, un merlo escapando da cuneta cara unha silveira á altura do kilómetro 1, varios tramos de asfalto aínda requentes do día anterior, temperatura media 12 graos, ou máis, poderia ter saido en uniforme de verán .Todo o asfalto libre para min ata a volta da Encarnación, dous únicos coches de frente e un galo cantando.... Así é a favela un día festivo ás 7:45 da mañá.
A satisfacción do plan cumplido: por fin unha semana de 27 km ( 26,700 polo garmin) e unha sesión de ximnasio. As sensacións boas ainda que hoxe o ritmo foi máis frouxo, 5:43 .
De momento só aspiro a manterme así é non abandonarme nas festas... Máis adiante igual xurde algún que outro plan: Agora que non me podo mover tanto de Vigo e queda demasiado difícil ir á nocturna de Reis ou a do Río Rato en Lugo, e que non se convoca a de Catoira, parece que o destino xoga a favor , e xurde no calendario de febreiro a 1 Carreira de Teis... Polo que lin ata agora, 10 km intensos por todas esas costas que subo e baixo case a diario. E ademais organizada por xente coa que coincido en temas do barrio. Todo pinta a que non tardarei moito en anotarme
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 29 Dec 2018, 9:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela : "Experiencia piloto"

A idea de fondo é chegar ó 7 de abril en condicións. Pero polo camiño ir probando outras experiencias que ó mesmo tempo poidan servir de preparación.
Finalmente decidín formalizar a inscripción na 1ª Carreira de Teis . Pasáronme hai uns días información do percorrido, asi que decidín que o entreno de hoxe sería por ese trazado. Como a información dispoñible é so polo nome das rúas e non por plano, está claro que en varios tramos debín de atallar, pois só fixen 8685 metros e non 10.000. En 51 minutos, ritmo de 5:52 como ven sendo habitual... e aínda menos mal, porque o trazado desta futura carreira é de medo.
Por todas esas zonas teño pasado nos meus entrenos, pero non así todas xuntas dunha atacada. De feito, algo así solia facer cando comecei a correr no 2010, e acabaei lesionada ós dous meses.
Desde logo o trazado é unha boa selección do máis representativo do barrio. Turísticamente perfecto, pero atléticamente falando é un contínuo tobogán rompepernas que eu calificaría casi de trail urbano. Moi entretido , pero en absoluto para facer marca de ningún tipo.
Paréceme especialmente duro ter que facer a baixada da Travesía do Espiñeiro para logo dar de fuciños cao dura subida do Paseo da Guía, toda en adoquín e ciscada de ramallo de eucalipto, sendo igual de perigosa a superbaixada que vai despois ata o faro da Punta. Tamén vai ter o seu punto de dureza ter que facer toda a Avenida da Marina Española subindo... Por non falar do "aparcadoiro de cadáveres" que vai ser a Baixada ás Roteas subindo, cando xa o corpo leva 7 km duros enriba. E se un logra sobrevivir a iso, aínda lle queda o tramo en rampa da Avenida de Galicia antes de chegar ó cruce con Sanjurjo Badia e Dr Corbal. O último km podería ser un paseo triunfal costa abaixo por Enrique Lorenzo, pero como poñan a liña de meta no Mercado en vez de na Oficina de Correos, outra vez será unha ultima puñalada costa arriba.
En fin, por moito que recupere a forma de aquí ó 24 de febreiro, non creo que remate semellante circuíto en menos de 55 minutos. Pero como reto, non deixa de ser interesante
Mañá volverei ó meu vello territorio coñecido de Chapela, e espero tel o glúteo esquerdo en condicións. Non sei se foi a consecuencia do entreno que me meteu Gonzalo o oxoves no ximnasio, ou que simplemente pasado un mes todo se estraga, pero volvo a ter molestias importantes na zona.
A ver que consigo a base de xeo e masaxes, porque ata o ano que ven ( é dicir, 4 de xaneiro) non toca fisio
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 29 Dec 2018, 13:36
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

O percorrido da carreira é terrible. Como dis, ben bonito pero duro como poucas carreiras en Vigo (xa me imaxino o que dirán os que se queixan do perfil da Vigo +11). Non seu onde atallarias pero eu tiña marcado o percorrido nun servizo online deses e dábame arredor de 9,7. Eu tamén irei, pero co ánimo de facer unha tirada longa tranquila.
Espero que todas esas molestias vaian a menos co transcurrir das semans. Ánimo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos