Foros ›
Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO
Forum Index / O Circuíto 2018-19
Reply to topic

Author
Message
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Tue, 25 Dec 2018, 22:16
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO

malu escribió:
Danielpato puso: EU quería participar, non él suficiente?
Noraboa os ganadores!
Danielpato escribió:
jajaja moitas graciñas! Iremos igual a carreira! e disculpade non especificar que quería participar no sorteo, e so poñer que quero participar! jajaja un saudo e felices festas!

Ola malu e Danielpato!

Sabemos que é unha sutileza e que esteticamente non queda ben eliminar a alguén por iso. Sabémolo. E por iso avisamos varias veces nalgúns dos sorteos de que non vos esquezades de indicalo de forma explícita. O motivo é que os foreiros poden comentar neste fío, como ten pasado, dicindo que van participar na carreira pero sen que a súa intención sexa participar no circuíto. Entón, para facilitarnos o traballo, pedimos que a xente o diga de forma explícita, que é unha sinxela frase que non costa nada escribir. Seguramente se podería facer doutra forma e estaría igual de ben, ou mesmo mellor, pero os colaboradores no seu momento pensamos que esta era a mellor opción.

Por suposto, estamos abertos a críticas e todo tipo de comentarios para cambiar cousas que pensades que son mellorables. Nós só intentamos facelo da forma que nos permita ser máis obxectivos e deixar o mínimo de cousas posibles ao azar ou a decidir nós, para non ter que facer interpretacións e así errar o menos posible. Seguro que hai opinións de todo tipo, loxicamente, pero nós só intentamos facelo coa mellor intención.

Sentimos que quedaras eliminado do sorteo Danielpato! Para a próxima seguro que xa non se queda a frase a medias jejeje Wink

Un saúdo aos dous e bo nadal!
malu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/11/14
2 Carreiras
58 Posts
Vigo
Reply with quote Post Wed, 26 Dec 2018, 19:53
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO

Buenas!
Mi duda es la siguiente: entonces hay que poner "quiero participar" y no vale poner "quería participar"?
Mas que nada para tenerlo claro para los siguientes sorteos Razz
Igualmente alli estaremos en Viana comiento natas!
Saudos e felices festas!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Wed, 26 Dec 2018, 21:59
Post subject: Re: Sorteo 5 dorsais MM Manuela Machado (20/01/19): PECHADO

Ola de novo Malu!

Entendo que a pregunta vén orixinada porque ti si estiveches no sorteo mentres que Danielpato non. A diferencia non está no tempo verbal que empregues ao usar "querer", nin é requisito indispensable usar o verbo querer. O único que se pide é que o desexo de participar sexa explícito.

Ti entraches porque a túa mensaxe contén de forma literal "desexo de participar no sorteo":
malu escribió:
Entonces no llego tarde para el sorteo no? porque quiero participar! [...]
Con pregunta e resposta, cunha única afirmación ou como sexa, pero é explícito ese desexo. Mentres que na mensaxe de Danielpato non é explícito o desexo de querer participar no sorteo:
Danielpato escribió:
Eu quería participar. [...]

Eu son consciente de que Danielpato quere participar no sorteo. Pero como xa se explicou noutras ocasións, o que queremos evitar é non ter que interpretar as mensaxes. Por iso, poñemos unha liña vermella que está moi clara para que así se saiba o que está dentro e o que non. Persoalmente, non me gusta ser tan quisquilloso e dende fóra pode que eu mesmo pensase que somos un pouco gilipollitas por andar con estas cousas jejej Seino e dígoo moi en serio. Pero despois de falar entre os colaboradores e pensar cal era a mellor fórmula, consensuamos entre todos que esta.

Polo tanto, respondendo á túa pregunta sobre que hai que poñer: unha frase na que de forma explícita se diga que queres participar no sorteo. "Quero participar no sorteo", "gustaríame anotarme ao sorteo", "Por favor, que o meu nick esté no bombo do sorteo", ... O que queirades.

Tomamos nota deste tipo de comentarios, pregúntas e dúbidas para intentar mellorar as cousas. Moitas veces entre os propios colaboradores non estamos dacordo, e iso é mostra de que hai distintas formas de facer as cousas. Só intentamos buscar o que é o mellor para o foro, e iniciativas coma o sorteo de dorsais poden ser boas, pero crean este tipo de situacións que non sempre gustan a todas as persoas. Así que disculpade e espero que agora quede claro! Smile

E iso, moitas gracias polos comentarios!

Apertas e espero estar eu tamén por Viana! Wink





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum