Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Mér, 12 Dec 2018, 10:51
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Onte respondín ás mensaxes pero non actualicei o diario.

O luns fixen 50' de bicicleta estática, e creo que me veu moi ben. Manteño os excéntricos para fortalecer a zona e o xeo polas noites. Onte martes non fixen nada e a ver se hoxe mércores quito un ratiño a última hora do día para volver a facer algo de bicicleta.

Polo de agora andando, cero molestias. Cando toco cos dedos si que se resinte a zona, pero pouca cousa.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 12 Dec 2018, 21:17
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas, e que temos varias coíncidencias penso eu, agás polos ritmos moito maís rápidos que levas tí claramente. Somos, se non me engano, de paso corto e moita frecuencía, e temos piramidal e aquiles "delicados". Pero, o ser de zancada corta non será pq o aquiles/glúteo non deixa extender bén a perna? Non seí que pensas tí....
A parte, ánimo e a seguir entrenando así de bén.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Xov, 13 Dec 2018, 12:44
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Non te enganas Rufino. Eu tamén son de paso curto e moita frecuencia, e como ti dis, piramidal moi delicado e o aquiles dende hai uns meses semella que tamén. Cando lin o que preguntabas interpretei a mensaxe ao revés, é dicir, que comentabas que as molestias podían vir por ter a zancada pequena, e iso non o vía claro porque tiña entendido que precisamente onde máis sufre o aquiles é coa zancada longa. Pero xustamente dis o contrario, que precisamente temos esa zancada curta porque nos limita a zona do glúteo ou mesmo o piramidal. Pode ser. Eu por inercia ou quzais por simplicar, sempre asociei a zancada curta a ser baixiño e ao meu estilo de correr. Pero agora que o dis, pode ser, ten sentido. Eu non son moi entendido pero se a zona do glúteo e das máis importantes na zancada e imaxino que o aquiles para o impulso tamén o é, pois pode que teñas moita razón. E que cando intentamos ampliar zancada ou cambiar un pouco esa forma de correr, sufren esas zonas e aparecen os problemas. Conste que no caso do aquiles (polo menos eu), creo que o gran problema foi o exceso de quilómetros nas zapatillas; pero no piramidal si que podes ter moita razón.
Ti fas algo especial para traballar esa zona ademais dos típicos estiramentos?
Grazas polos ánimos e igualmente!

Que por certo, creo que ti tamén es de Santiago. Así que se algunha vez nos cruzamos avísame, que eu só che puxen cara durante a Maratona de Porto e seguramente non me dé de conta no momento. Apertas!


------------------------


Aproveito para actualizar o diario. Finalmente onte non puiden facer nada de bicicleta, hoxe tampouco creo que saque tempo. Así que intentarei ir mañá si ou si. Molestias non hai ningunha xa, polo menos nin ao despertar (que é cando máis se queixa) nin ao andar. A ver se segue así. Nese caso ao mellor xa me animo na fin de semana a facer algo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 14 Dec 2018, 7:54
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Rapas, rapas, rapas, non te deixes ir, que non estás para perder a forma e voltar a comezar. Temos algo serio, e ata pode que compartamos plan.... Trota.... por o menos algo.. Razz
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Dec 2018, 8:23
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas, o do paso corto e moita frecuencía ten o seu lado positivo e negativo. Positivo pq o impacto nas articulacións é menor, se te fixas nas probas de longa distancia (ultras,...) a maioría da xente ten tendencia a acortar a zancada pq o impacto é menor e desgasta a musculatura menos co paso dos kms.
O negativo, en teoría, e que para manter o mesmo ritmo de carreira que unha persoa de zancada longa estás obrigado a ir "co motor maís revolucionado" co cal o gasto enerxético e maior.
Respecto a modificar a zancada xa faí tempo que non o fago pola simple razón de que opino, e teño leído e consultado, que despoís de moitos anos correndo de unha determinada maneíra o corpo, articulacións, musculatura se acostuman a un determinado estilo de carreira e cambialo (modificar zancada,...) pode xerar descompensacións, de ahí que cando tí, por exemplo, intentas modificala aumentando a zancada sintas molestias.
Eso non quita de que fagas exerciciós excentricos, forza, exercicios de mobilidade, etc para reforzar musculatura e prevenir lesións.
Incluso haí entrenadores, fisios, ....que opinan que un corredor debe facer mobilidade pero non ter unha excesiva elasticidade xa que un músculo é como unha goma e se estás todo os días estirando nel perde tensión e efectividade.
Se queres un día facemos un trotico tranquilo, nada dos vosos ritmos infernaís e compartimos puntos de vista.
De todas maneiras, eu levo pouco tempo correndo e penso que a persoa ca que entrenas habitualmente (Gefreiter) leva bastante maís tempo ca mín e seguro che pode dar maís e mellores consellos.
Saudos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 14 Dec 2018, 16:19
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sanmikel, xa non recordaba que era que me botaras a bronca, como en Padrón no 2017: "vas ti chegar a sub 3 carallo..." O que estaba a facer eran adestramentos por debaixo do umbral jejeje Guiño Agora falando en serio, tes razón. Uns días están ben para descansar, pero non máis. Polo menos que non sexan de inactividade total. Hoxe intentarei facer algo de bici e logo xa comezo a correr de novo. Ti conta comigo para ese algo serio!

Boas Rufino! Pois se algún día cuadramos e facemos uns quilómetros xuntos ou algo, eu encantado. Normalmente adestro con Gefreiter como dis, intentamos ir cedo pola mañá para poder cuadrar. Algunhas semanas máis días e outras menos se non se pode, pero si adoitamos amañar para facer algúns adestramentos xuntos. Sobre todo para os de series ou os días máis durillos, está moi moi ben! E bueno, máis para min, que é un luxo poder adestrar cunha persoa como el. Pois como xa dixen, penso que é un dos principais motivos polos cales tiven tanta mellora nos últimos meses.
Volvendo ao tema do piramidal, como ti mesmo dis, non me plantexo en ningún caso cambiar o tipo de zancada nin a miña forma de correr. O beneficio vai ser pequeno e pola contra o que tería que pagar, como ti explicas, non sería pouco. Coidar a zona con distintos exercicios, e sen obsesionarse cos estiramentos e a elasticidade, é máis que suficiente. Ademais, aínda que seguro que o propio Gefreiter me bota a bronca polo que vou dicir ao ter só 26 anos, tírame moito as longas distancias. E coñecéndome, nos vindeiros andos vou tender máis cara as longas distancias que ás curtas. Por exemplo, o feito de correr a bo ritmo pero sen ir ao límite na Maratona do Porto gustoume moito, porque nos quilómetros finais tiña a sensación de que podía continuar sen sufrir demasiado. E ás veces xa comezo a buscar cousas por internet de longa distancia ou de ultratrails, é algo que me chama moito. Entón, por dicilo dalgunha forma, o da zancada curta como algo natural, véxoo case máis como unha ventaxa que como un problema. Quizais sexa unha forma de consolarme, pero prefiro velo así. Estar habituado a correr desa forma permíteme facelo dunha forma máis natural e non teño que cambiar o tipo de zancada na longa distancia para ser máis económico a nivel muscular.
O dito, queda pendente eses quilómetros xuntos!
E mil grazas por pasarte por aquí e comentar o que sexa! Eu máis que encantado Sorriso
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 16 Dec 2018, 17:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Ao final tampouco fixen nada o venres, nin bici nin ximnasio nin nada. Pero onte xa saín correr e fixen 6 km suaves máis ou menos (ida e volta ata a Granxa do Xesto, no Pedroso) en 30 minutos, sen gps. Boas sensacións e cómodo.

Hoxe tamén quería facer algo así antes de almorzar, e aproveitei para explorar o paseo que hai polo río Sarela. A idea era facer algo parecido, media hora. Pero comecei a notar algunha molestia no aquiles, moi moi pequena, pero iso non me animou moito a seguir e volvín para casa. Foron 4km xustos en 22 minutos creo recordar (hoxe si que levei gps).

A partir de mañá volverei á normalidade para non estar moito tempo parado. A ver que tal. Serán dúas semanas nas que espero sumar quilómetros sen ningunha pretensión, para chegar ben ao comezo do plan de 14 semanas para a VigBay, que será a partir do luns 31 de decembro.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 21 Dec 2018, 18:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Actualizo o diario con como foi esta semana do luns 17 ao venres 21.

O luns 17 quedei con Gefreiter a primeira hora da mañá para facer un 10x400 na Alameda con quecemento previo. Despois de quecer case 2km, fixen eses 10x400 a 1'20" de media con recuperación de 1' a trote. Quitando o último que xa se me foi un pouco, o resto moi moi ben. Molestias no aquiles pero moi pequenas. En total no serían máis de 8 km coa volta a casa.

O martes 18 rodaxe moi suave con Gefreiter tamén pola Alameda. Pintaba moi mal o tempo, sobre todo cando saín de casa ás 8 da mañá, pero logo aguantou bastante. Coa volta a casa incluída, foi 1h05' a ritmo cómodo (5'/km).

O aquiles séguese queixando, é pouca cousa, moi moi pouca, pero non me fai moita gracia. Así que mércores 19 descanso e xoves 20 fago 40' de bicicleta estática no ximnasio da universidade. Hoxe venres 21 descanso, pois non tiña moito tempo e ía andar apurado, tampouco tiña moitas ganas de intentar atopalo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 24 Dec 2018, 19:48
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Eu sigo de descanso. Así que como pouco podo contar, toca villancico:


sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Ven, 28 Dec 2018, 11:51
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Despois de nove días de descanso total (dende o martes 18), hoxe venres 28 volvín saír correr. Foron 10km polo Monte O Viso, en Compostela, en 1h03'39" (a 6:22/km) con 321m de desnivel positivo. Moi boas sensacións do aquiles, ningunha molestia. Ademais probei as zapatillas de trail que comprei hai unhas semanas e que usarei o domingo no Trail de Lousame (o curto, 16km), e todo perfecto. Así que día de boas novas hoxe.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 29 Dec 2018, 8:47
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Sorte mañá no trail! E boa entrada de ano
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 30 Dec 2018, 23:40
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Meigalicix! Xa pasarei polo teu diario, que ultimamente estou deixando un pouco de lado a lectura Guiño

Onte sábado 29 descansei, e hoxe venres 30 corrín o meu primeiro trail: II Trail San Silvestre de Lousame - Minas de San Finx.

-----------

II Trail San Silvestre de Lousame - Minas de San Finx

Levaba tempo con ganas de probar e facer un trail, así que animeime a facer este, xa que tanto por datas como por momento sen ningunha carreira que me interesante me viña moi ben. Había dúas modalidades, curta de 16km e longa de 24km. Non tiven duda en escoller o trail curto, primeiro probar e ver que tal, logo xa virán os malabares xD

A saída fíxena con Sanmikel e fun diante del ata o km 1'8, onde había a primeira baixada de verdade. Aí dinme de conta de que isto era un trail e que diso de correr e ir cómodo nada de nada. Adiantáronme 4-5 corredores, entre eles Sanmikel.

Xusto despois, no km 2, chegaba a subida dura do trail (3 km). Comecei sen andar, collendo a xente e volvendo a xuntarme con Sanmikel. Pero iso non tiña sentido. Se todos andan, por algo será. Así que comecei a intercalar andar con correr. Nun descansillo as pernas xa están molidas e pese a ser un falso llano en baixada, deixome levar tranquilamente. Sanmikel alónxase e outros corredores pásanme. Continúo alternando correr con andar ata o km 5, onde remata a subida. Durante a mesma coincido con Rufino, que me saúda e eu non o recoñecía. Un pracer coñecerte! Agora si que non me esquezo da cara Guiño

Baixada do km 5 ao km 9 e pico . As pernas necesitan respirar, non están acostumadas, e tómome con calma eses quilómetros. Vou con moito coidado. Era consciente de que ía lento. Algúns corredores pásanme como motos. O propio Rufino adiántame e desaparece nun visto e no visto. Pero eu sigo o meu ritmillo "me siento seguro" jejeje Do km 9,5 aprox ao km 12, polo río nunha zona rápida pero bastante técnica no cal rodamos un grupiño de 4 corredores. Non sei como non fun ao chan varias veces, pero ao ir os catro xuntos permitíame manter o ritmo e por primeira vez ir rápido. Na parte final dese tramo e antes da subida do km 12, aparece algún salto (para min) complicadillo e perdo metros. Ademais as pernas xa non andan áxiles. Dende o km 12 ata o km 15 unha tendida pero longa subida, na que sufro bastante e cóllenme bastantes corredores. A partir de aí baixada, durante a cal nos separamos dos do trail longo e xa enfilamos meta.

Tempo: 1h32'41"
Posto: 30 de 217


Conclusións do meu primeiro trail:

Rematei coa sensación de ter asistido a unha clase na que non deixei de recibir información, na que alucinei con como os alumnos aventaxados baixan a esas velocidades e sen matarse, na que tamén aprendín que andar non é malo e, o máis importante, na que por momentos disfrutei como un enano! E digo por momento porque non vou negar que houbo partes nas que ía destrozado (sobre todo na subida final) ou nas que ía algo tenso por non matarme. Pero gustoume. Marcho con ganas de repetir e de ir probando cousas. Imaxino que a medida que vaia aprendendo e collendo confianza para correr certos tramos, disfrutarei moito máis.

Tamén penso que paguei un pouco a inactividade dende que corrín na ponte de decembro a Solidaria de Bembrive, dende a cal case non corrín, e por iso sufrín tanto na parte final. Entre iso e ir con coidado, houbo momentos nos que fun bastante lento penso para o que podería ir. Pero como comentaba, creo que se algo me vai gustar do trail, non vai ser precisamente ir rápido nin pretendelo.

Por certo, felicitar a Sanmikel pola súa gran carreira! 12º do trail curto habendo moito nivel. Como referencia, quitoume nove minutos cando no km 3 íamos xuntos. Noraboa tamén para Amina polo seu terceiro posto na xeral feminina do trail curto! Aplauso

E ata aquí a crónica do meu primer trail! Bailar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 31 Dec 2018, 18:25
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Aproveito que remata o ano para facer un pouco de resumo de como foi 2018.


En total fixen 2.125 km en 174h e acumulando un desnivel positivo de 13.585 m, para un total de 27 carreiras. É o ano no que máis carreiras corrín, e imaxino que tamén no que máis quilómetros fixen con moita diferencia (aínda que non teño datos disto último).


Esencialmente o ano estivo repartido en 5 bloques. A idea é a seguinte: plan - inercia - descanso - plan - inercia con descanso. Por describilos dalgunha forma con máis detalle:

1) Xaneiro-Abril: plan maratón de 14 semanas para a Coruña42 en busca dun sub 3h, durante o cal tamén había outros miniobxectivos (como facer mmp en 10km en Padrón e na Interruning, e en media maratón na Coruña21).

2) Maio-xuño: nove semanas durante as cales apenas adestrei (para poder recuperarme do esforzo) e case unicamente competín coa idea de aproveitar a inercia da Coruña42.

3) Xullo-agosto: Sete semanas de descanso case total. Só fixen 29km en tres saídas puntuais durante este tempo.

4) Setembro-outubro: sen plan fixo, pero si adestrando en serio para chegar en condicións á Maratona de Porto.

5) Novembro-decembro: despois da Maratona de Porto deixeime levar e tan só o obxectivo da MM de Vilagarcía fixo que continuase adestrando ben varias semanas. Logo entre querer descansar e algunha molestia, apenas adestrei.


No que a marcas persoais se refire, mellorei en 10 km, en media maratón e tamén en maratón. Comento agora cada unha por separado.

En 10 km tiña 38'13" da Coruña10 de 08/10/2017, e durante a preparación da Coruña42 fixen 37'34" na Interrunning en marzo.

Na media maratón mellorei a miña marca persoal 5 veces este ano: Coruña21 en febreiro, Genève Semi-Marathon en maio, Media Maratón Riveira en xuño, MM Pontevedra en outubro e MM Vilagarcía en novembro. Comecei o ano con 1h23'23" (Vig-Bay, 06/04/2014) e remato con 1h19'42" (MM Vilagarcía, 25/11/2018).

En maratón a mellora tamén foi considerable. Fixera tres veces 3h13' e en abril na Coruña42 puiden facer 2h57'39".


Así que moi contento por como foi este ano a nivel deportivo! Non podo pedir moito máis creo. Xa non só pola mellora que tiven, senón por como disfrutei moitas carreiras e por cada día disfrutar máis e de máis formas deste deporte! Agora toca planificar un pouco o 2019. Aproveitarei as horas mortas de hoxe antes da cea para botarlle un ollo e xa mañá comento por aquí cal é a idea a seguir.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1015 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 01 Xan 2019, 22:11
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Parabéns polo teu primeiro trail, agardo que che gustara. Encantado de compartir uns contos contigo.
Un saudo e a coidarse.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Mar, 01 Xan 2019, 22:13
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Felicidades por ese primer trail. El puesto es algo muy serio para ser la primera vez en la disciplina.

Ya nos dirás que planificas para este año y que nuevas marcas quieres destrozar. Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos