Sáb, 29 Dec 2018, 9:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela : "Experiencia piloto"
A idea de fondo é chegar ó 7 de abril en condicións. Pero polo camiño ir probando outras experiencias que ó mesmo tempo poidan servir de preparación.
Finalmente decidín formalizar a inscripción na 1ª Carreira de Teis . Pasáronme hai uns días información do percorrido, asi que decidín que o entreno de hoxe sería por ese trazado. Como a información dispoñible é so polo nome das rúas e non por plano, está claro que en varios tramos debín de atallar, pois só fixen 8685 metros e non 10.000. En 51 minutos, ritmo de 5:52 como ven sendo habitual... e aínda menos mal, porque o trazado desta futura carreira é de medo.
Por todas esas zonas teño pasado nos meus entrenos, pero non así todas xuntas dunha atacada. De feito, algo así solia facer cando comecei a correr no 2010, e acabaei lesionada ós dous meses.
Desde logo o trazado é unha boa selección do máis representativo do barrio. Turísticamente perfecto, pero atléticamente falando é un contínuo tobogán rompepernas que eu calificaría casi de trail urbano. Moi entretido , pero en absoluto para facer marca de ningún tipo.
Paréceme especialmente duro ter que facer a baixada da Travesía do Espiñeiro para logo dar de fuciños cao dura subida do Paseo da Guía, toda en adoquín e ciscada de ramallo de eucalipto, sendo igual de perigosa a superbaixada que vai despois ata o faro da Punta. Tamén vai ter o seu punto de dureza ter que facer toda a Avenida da Marina Española subindo... Por non falar do "aparcadoiro de cadáveres" que vai ser a Baixada ás Roteas subindo, cando xa o corpo leva 7 km duros enriba. E se un logra sobrevivir a iso, aínda lle queda o tramo en rampa da Avenida de Galicia antes de chegar ó cruce con Sanjurjo Badia e Dr Corbal. O último km podería ser un paseo triunfal costa abaixo por Enrique Lorenzo, pero como poñan a liña de meta no Mercado en vez de na Oficina de Correos, outra vez será unha ultima puñalada costa arriba.
En fin, por moito que recupere a forma de aquí ó 24 de febreiro, non creo que remate semellante circuíto en menos de 55 minutos. Pero como reto, non deixa de ser interesante
Mañá volverei ó meu vello territorio coñecido de Chapela, e espero tel o glúteo esquerdo en condicións. Non sei se foi a consecuencia do entreno que me meteu Gonzalo o oxoves no ximnasio, ou que simplemente pasado un mes todo se estraga, pero volvo a ter molestias importantes na zona.
A ver que consigo a base de xeo e masaxes, porque ata o ano que ven ( é dicir, 4 de xaneiro) non toca fisio